Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 06 de febreiro de 2002 Páx. 1.396

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Sertosa Norte, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Sertosa Norte, S.L. (código do convenio 1501912), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-11-2001, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo delegado de persoal, o día 13-11-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás repre

sentacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de decembro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Texto do convenio de empresa de ámbito local que regula as condicións de traballo na actividade de remolque no porto da Coruña (tráfico interior).

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación funcional, persoal e territorial.

Este convenio de ámbito local regulará as condicións de traballo, económicas e sociais entre a empresa Sertosa Norte, S.L. e os seus traballadores, asignados ós remolcadores que prestan servicio no porto da Coruña, definido no artigo 27º.

Artigo 2º.-Vixencia e acordos salariais.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2002 e a súa duración será ata o 31 de decembro de 2006, entendéndose prorrogado por períodos

anuais, sempre que non medie denuncia expresa por algunha das partes, alomenos con tres meses de antelación á súa data de vencemento ou de cada unha das súas prórrogas automáticas.

As prórrogas levarán consigo o incremento salarial correspondente ó IPC real o 31 de decembro do ano anterior.

Os incrementos en tódolos conceptos retributivos salariais e non salariais, excepto premio de xubilación e seguro complementario, para cada un dos anos de vixencia serán os seguintes:

Para os anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006, o salario base incrementarase no valor resultante de dividir por 14 o 40% da suma do complemento actividade e presencia, vixente o 31 de decembro do ano anterior.

Indistintamente do especificado no parágrafo anterior:

-Para 2002, o incremento será igual ó IPC que resulte o 31-12-2001.

-Para 2003, o incremento será igual ó IPC que resulte o 31-12-2002.

-Para 2004, o incremento será igual ó IPC que resulte o 31-12-2003.

-Para 2005, o incremento será igual ó IPC que resulte o 31-12-2004.

-Para 2006, o incremento será igual ó IPC que resulte o 31-12-2005.

Artigo 3º.-Comisión paritaria e de mediación.

Durante a vixencia deste convenio actuará unha comisión paritaria formada por:

* Dunha parte, polo persoal:

Juan Hermo Insua.

* Doutra parte, pola empresa:

Ricardo I. Lorenzo Vilbazo.

Esta comisión reunirase sempre que xurdan problemas xerais pola aplicación do convenio; son funcións dela canto se refira á súa interpretación, vixilancia e cumprimento.

As resolucións no seo da comisión adoptaranse por maioría e subscribirase acta de cada reunión.

No caso de que non se chegue a acordo entre os membros da comisión no prazo de cinco días hábiles, enviaráselles unha copia da súa acta ós interesados na que se recollerá a posición de cada parte, co fin de deixar expedita a vía para que estes poidan acudir ós órganos da xurisdicción laboral ou a aqueloutros que as partes acorden para a resolución do conflicto suscitado.

A convocatoria da reunión, sempre que a comisión se teña que reunir ó completo, poderá ser realizada por calquera das partes cunha antelación mínima de cinco días á realización desta, xuntando a orde do día.

O domicilio da comisión fíxase nas oficinas que a empresa ten na Coruña.

Capítulo II

Réxime de retribucións

Artigo 4º.-Salarios para o ano 2002.

Os salarios base por cada categoría serán os que figuran no anexo nº 1 mensual para 2001, incrementados no IPC resultante o 31-12-2001 e dúas pagas extras que incluirán soldo base, complemento de embarque, telefonía, complemento ad personam.

Artigo 5º.-Complementos salariais.

O complemento de posto de traballo por complemento de embarque será o que figura no anexo nº 1 mensual para 2001; o dito importe será incrementado no IPC resultante o 31-12-2001.

Artigo 6º.-Xornada legal e horas de presencia-complemento de actividade especial.

Ámbalas partes establecen unha xornada laboral ordinaria de mil oitocentas vinteseis horas anuais de traballo efectivo, distribuídas en corenta horas semanais de media de traballo efectivo. O resto das horas que excedan do exposto e nas que non se presta traballo efectivo considéranse horas de presencia.

Tendo en conta a actividade que se desenvolve, e ó ter que distinguir entre traballo efectivo realizado e o tempo de presencia por razóns de espera, expectativas, servicios de garda, desprazamentos, avarías, etc., e co obxecto de establecer unha maior claridade sobre as expectativas de retribución, ámbalas partes, de mutuo acordo, conveñen que, como se comprobou que o traballo efectivo realizado é inferior á xornada legal anual de 1.826 horas, a empresa aboaralles por meses, doce meses ós tripulantes un complemento de actividade especial por cubri-lo sistema de traballo que figura segundo o cadro, anexo nº 6, que será recollido no capítulo de retribucións salariais no anexo nº 2.

Como contraprestación a este complemento de actividade especial e como queda dito anteriormente e se reflicte no cadro, cubriranse tres remolcadores a vintecatro horas e un de retén, tódolos días do ano.

No remolcador de retén o persoal efectuará o mantemento das 9 ás 13.30 de luns a venres; das 13.30 horas en diante o persoal estará perfectamente localizable co obxecto dunha prestación eficiente do servicio de remolque ou de emerxencia no porto.

Un dos remolcadores será dotado, por parte da empresa, dun teléfono móbil para que o patrón avise os do retén fóra das horas de mantemento.

A percepción deste complemento de actividade especial estará supeditada ó cumprimento dos requisitos expostos no parágrafo anterior, de tal forma que se por calquera circunstancia o traballador non realizase os servicios que se presentasen ou ordenasen á hora que fose, estando de garda o de retén, aquel poderá ser sancionado segundo as medidas legais pertinentes.

Este complemento de actividade especial estará en función do sistema de traballo que se desenvolve na base, dependendo de: a) do sistema de traballo que, por circunstancias do tráfico do porto, se rea

lice; b) do número de remolcadores que presten os seus servicios e c) do número de gardas que cubran as quendas de traballo.

Se houbese que modificalo, habería que negociar outro convenio.

Mentres se manteña este sistema de traballo, o persoal cobrará mensualmente, durante os doce meses do ano, un complemento de presencia que se recolle no anexo nº 2; este importe será incrementado no IPC resultante o 31-12-2001.

Durante o tempo de presencia, os tripulantes permanecerán nos remolcadores á espera de seren requiridos para efectuar algún servicio.

Cando por necesidade, e logo de xustificación, un tripulante necesite ausentarse do remolcador deberallo solicitar ó representante da empresa.

As horas que excedan da xornada habitual de traballo como consecuencia dos relevos de garda e con motivo das substitucións por traslados a outras bases, por orde da empresa, serán consideradas como horas extras estructurais.

Artigo 7º.-Complemento persoal como garantía ad personam.

A xeración do concepto antigüidade queda conxelado e substituído a partir do 1-1-1996 polo complemento ad personam, aplicable só a aqueles traballadores fixos no cadro de persoal na citada data, e que se relacionan no anexo nº 3.

O seu pagamento realizarase en 14 mensualidades.

Artigo 8º.-Telefonía.

O tripulante que, en posesión do correspondente título de radiotelefonista naval e que, designado polo armador, se faga cargo do manexo dos equipos radiotelefónicos, simultaneando tal función coa que deba efectuar segundo o seu contrato de enrolamento, percibirá como gratificación un 10% do salario base inicial correspondente á súa categoría. O persoal que se encontre en prácticas non percibirá a dita gratificación.

Capítulo III

Outros conceptos salariais

Artigo 9º.-Remolques contratados de porto a porto.

Considéranse saídas á mar as navegacións fóra dos límites do Tráfico Interior de Portos. As remuneracións polo dito concepto serán as seguintes:

* Para salvamentos, auxilios e remolques da mar ó porto redactouse un documento específico que regula os compromisos e as retribucións concretas para estes servicios especiais, así como a distribución do premio entre a tripulación. Este documento ten vixencia indefinida e non entra neste convenio.

* Ós tripulantes dos remolcadores que efectúen servicios de remolque de carácter mercantil entre portos teráselles que satisfacer pola súa duración, e como contraprestación da obriga destes a levalos a cabo, o complemento seguinte:

-O oito por cento do salario base convido actualmente por un mes para cada categoría que figura na táboa do anexo número 1, por cada período de 24 horas ou fracción de 12 ou máis.

-Nos períodos inferiores a 12 horas, calquera que sexa a súa duración, percibirase o catro por cento do indicado salario base.

Este complemento é independente e compatible coa retribución que lle corresponda ó traballador polos traballos efectivos realizados en xornada normal. As horas que excedan das que por cadro lles correspondese permanecer a bordo dos remolcadores no porto pagaranse como horas de presencia. Á garda de retén que tamén efectúe o remolque aboaránselle as horas de mar a partir das dez (10) da mañá. As tripulacións que realizarán estes servicios será a garda de retén e a que designe a empresa. Para cubri-lo 3º remolcador avisarase preferentemente a outra garda do 3º remolcador.

-Os gastos ocasionados en víveres, tanto en remolques de porto a porto como nas saídas á mar, serán por conta da empresa.

-As tripulacións para as saídas á mar a gancho libre ou con remolque serán as fixadas pola autoridade de Mariña competente.

9.1. Escoltas.

Considéranse escoltas as saídas de 3 zona ó punto de encontro. Por este concepto aboaranse as cantidades seguintes: patrón maior cabotaxe: 1.700 pesetas; mecánico naval maior: 1.500 pesetas; mecamar: 1.300 pesetas.

Capítulo IV

Percepcións non salariais

Artigo 10º.-Viaxes e axudas de custo por terra.

As viaxes serán por conta da empresa. As axudas de custo serán as que figuran no anexo nº 4, incrementadas no IPC resultante o 31-12-2001.

Artigo 11º.-Mantenza a bordo.

O persoal cobrará por este concepto 17.572 pesetas ó mes, cantidade que será incrementada no IPC real o 31-12-2001. O pagamento realizarase en doce mensualidades.

Artigo 12º.-Roupa de traballo.

A roupa de traballo será a que corresponda por función e categoría, que será entregada pola empresa no transcurso do primeiro trimestre de cada ano; o tripulante está obrigado ó uso e á conservación das pezas de roupa subministradas pola empresa.

Artigo 13º.-Perda de equipaxe.

É a que figura no anexo nº 4, incrementada no IPC resultante o 31-12-2001.

Artigo 14º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais e o seu desfrute efectuarase de acordo co reflectido nos cadros de traballo que estean en vigor na base da Coruña.

Capítulo V

Asuntos sociais

Artigo 15º.-Dereitos e garantías sindicais.

O delegado de persoal solicitará o uso do crédito sindical que necesita cunha antelación mínima de 24 horas, entregándolles por escrito a solicitude ós representantes da empresa.

O delegado de persoal comunicaralles ós seus compañeiros que deberán relevalo cada vez que solicite o uso do dito crédito.

Considéranse incorporados a este convenio o disposto no Estatuto dos traballadores nos artigos nº 62 ó 68, e os artigos da LOXSE.

Artigo 16º.-Incapacidade transitoria por enfermidade.

A empresa nos casos de incapacidade temporal, tanto por continxencias comúns como profesionais, ou como por accidente non laboral, sempre e cando o traballador en situación de IT sexa substituído polo persoal de flota, garantiralle a este e desde o primeiro día da baixa o 100% do salario mensual, deducida a mantenza, así como o 100% da paga extra.

As horas ocasionadas por substitución do traballador en situación de IT serán horas de presencia.

O retén cubrirá o traballador en situación de IT e, pola súa vez, o retén será cuberto polo resto do persoal, que cobrará 10 horas de presencia por garda realizada.

No caso de que o traballador en situación de IT fose substituído por unha nova contratación, non se aboaría complemento ningún nin no mes nin na paga extra.

No caso de sospeita de absentismo, a comisión paritaria elixirá un facultativo médico, que lle realizará ó traballador en IT unha revisión médica para coñece-lo seu estado de saúde físico e/ou psíquico.

Artigo 17º.-Seguro complementario.

A empresa continuará formalizando unha póliza de seguro colectivo que cubra as seguintes continxencias dos seus traballadores: a) falecemento e b) invalidez permanente total (invalidez profesional). A indemnización será de 3.000.000 de pesetas.

Artigo 18º.-Premio vinculación.

Convense un premio de vinculación á empresa como aparece no anexo nº 4, incrementado no IPC resultante o 31-12-2001.

Artigo 19º.-Fillos diminuídos.

Será aboada pola empresa a cantidade de 16.067 pesetas mensuais nos casos de fillos diminuídos físicos e mentais, cantidade que será incrementada no IPC resultante o 31-12-2001.

Artigo 20º.-Premio de natalidade.

Serán aboadas pola empresa e por tal concepto 16.067 pesetas, dunha soa vez, por cada fillo nacido, cantidade que será incrementada no IPC resultante o 31-12-2001.

Artigo 21º.-Xubilación.

Establécese un premio para os que se xubilen entre os 55 e os 58 anos e 15 anos de antigüidade na empresa, de acordo coa seguinte táboa:

-Ós 55 anos-titulados: 2.000.000 de pesetas.

-Ós 55 anos-subalternos: 1.700.000 pesetas.

-Ós 56 anos-titulados: 1.500.000 pesetas.

-Ós 56 anos-subalternos: 1.200.000 pesetas.

-Ós 57 anos-titulados: 1.250.000 pesetas.

-Ós 57 anos-subalternos: 1.000.000 de pesetas.

-Ós 58 anos-titulados: 1.100.000 pesetas.

-Ós 58 anos-subalternos: 900.000 pesetas.

A partir dos 59 anos e ata os 65 anos, ós que será obrigatoria a xubilación, non se devengará ningún premio de xubilación.

Os mandos de cuberta avisarán a empresa por escrito, cunha antelación de seis meses, do seu proxecto de xubilación; os mandos de máquinas ós tres meses; os non titulados cun mes de antelación.

A xubilación é obrigatoria ós 65 anos.

Artigo 22º.-Axuda escolar.

Establécese unha axuda escolar de 8.926 pesetas por ano e fillo, con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos, logo de presentación de xustificantes. Enténdese que ó supera-los 18 anos se perde este dereito. Esta axuda aboarase xunto coa mensualidade de novembro e o seu importe o 1-1-2002 será revisado no IPC resultante o 31-12 do ano anterior.

Artigo 23º.-Licencias.

Establécense os seguintes casos concretos de licencia que sexan solicitados debidamente á empresa:

Por matrimonio: 17 días naturais.

Por nacemento de fillos: 3 días naturais.

Por enfermidade grave do cónxuxe ou fillos, dun a tres días, ampliables a cinco en caso de que se produza noutra provincia e segundo as circunstancias do traballo e suplencias por parte do resto dos tripulantes.

Por falecemento de familiares directos e directos políticos, un día na provincia, tres días en provincia limítrofes e con desprazamentos xustificados, e cinco días por desprazamentos a outras provincias (distancias longas).

Por matrimonio de fillos e irmáns consanguíneos ou políticos: 1 día natural.

Artigo 24º.-Traballos especiais.

Teñen a consideración de traballos especiais aqueles dos que a realización en condicións normais non é obrigatoria para os tripulantes do remolcador.

Ningún tripulante poderá ser obrigado á realización destes traballos, agás naquelas circunstancias especiais en que perigue a seguridade do remolcador ou da súa tripulación.

A comisión paritaria decidirá, cos asesoramentos que coide pertinentes, cáles serán estes traballos e a súa valoración económica.

Artigo 25º.-Traballos sucios, penosos e perigosos.

Están comprendidos neste artigo todos aqueles traballos que, pola súa natureza, para ser realizados

é necesario un esforzo ou dedicación especial do tripulante. Estes traballos deberán ser realizados coas máximas condicións de seguridade e hixiene, e non está obrigado ningún tripulante a realizalos se non é en tales condicións. A súa realización será voluntaria.

A comisión paritaria decidirá, cos asesoramentos que se consideren pertinentes, cáles serán estes traballos e a súa valoración económica.

Artigo 26º.-Tripulacións.

As tripulacións dos remolcadores no seu traballo no porto e no mar serán as que marque a autoridade de Mariña.

Artigo 27º.-Cadros de persoal.

O cadro de persoal de traballadores de flota nos remolcadores que a empresa ten establecidos no porto da Coruña (catro) compóñeno 24 traballadores. En caso de que, por esixencias do prego de bases do porto da Coruña, a empresa necesitase aumentar ou diminuír este cadro de persoal, a reducción sería acordada coa comisión paritaria.

Capítulo VI

Outras disposicións

Artigo 28º.-Vinculación á totalidade.

As condicións económicas e de traballo pactadas neste convenio constitúen un todo único e indivisible, polo que non poderá, por ningunha das partes del, pretenderse a aplicación ou modificación de ningunha das súas cláusulas con independencia das demais, senón que deberá ser sempre considerado na súa totalidade.

Artigo 29º.-Aspectos legais.

En todos aqueles aspectos non regulados expresamente por este convenio observarase o previsto nas normas establecidas no acordo substitutorio da Ordenanza de Tráfico Interior de Portos, asinada por ANARE, UGT e CC.OO. en Madrid o 10 de xaneiro de 2001, e nas disposicións vixentes de aplicación e nos respectivos contratos.

En proba de conformidade con todos e cada un dos artigos deste convenio colectivo os comparecentes, no concepto que interveñen, asínano para un único efecto na Coruña o trece de novembro de dous mil un.

Pola empresaPolos traballadores

Sertosa Norte, S.L. (base A Coruña)

ANEXO Nº 1

Salario base e complemento de embarque

(pesetas/mes) o 31-12-2001

Categorías

Salario

base

Compl. de

embarque

Patrón maior cabotaxe120.02711.995
Mecánico naval maior118.42011.916
Mecamares106.433 9.643

ANEXO Nº 2

Complemento de actividade especial e

complemento presencia o 31-12-2001

Categorías

Compl.

actividade

Compl.

presencia

Patrón maior cabotaxe141.36532.610
Mecánico naval maior133.34930.780
Mecamares111.94725.830

Jesús Quián Pazos

Benedicto Carnota Cunqueiro

Jacobo González Oreiro }

133.645

30.870

ANEXO Nº 3

Complemento de garantía ad personam

o 31-12-2001

TripulantesPesetas/mes

Juan J. Hermo Mariño37.198
Cándido Irijoa Pensado37.198
Manuel Carabel Ferreiro37.198
Juan F. García Sendón37.198
José A. Agraso Rama37.198
Fabeiro Pereira34.526
José M. Hermo Insua39.314
Juan Insua Insua35.208
Carlos Villaverde Dosil35.208
José A. Castro García35.208
José R. Juanatey González35.208
José A. Caeiro Veloso35.208
Ríos Calvo, Ramón35.208
Jesús Quián Pazos53.237
Benedicto Carnota Cunqueiro49.553
Jacobo González Oreiro49.553

ANEXO Nº 4

1. Axudas de custo de viaxe por terra o 31-12-2001.

Pesetas por día e por tripulante: 6.249.

2. Mantenza a bordo o 31-12-2001.

Pesetas mes 17.572, cantidade que será incrementada no IPC resultante o 31-12-2001.

ANEXO Nº 5

1. Perda de equipaxe ano 2001.

Pesetas por tripulante: 74.267.

2. Premio de vinculación para 2001.

-Ó cumpri-los 12 anos de servicio:

* Para titulados de ponte: 76.000.

* Para titulados de máquina: 73.500.

* Para mecamares: 66.800.

-Ó cumpri-los 22 anos de servicio:

* Para titulados de ponte: 152.000.

* Para titulados de máquina: 147.000.

* Para mecamares: 133.600.

ANEXO Nº 6

Valor hora de presencia-hora de mar-hora extra

CategoríasPresenciaMarExtra

Patrón maior cabotaxe1.1001.3501.905
Mecánico naval maior1.0301.2351.800
Mecamar 8751.0501.510

Jesús Quián Pazos1.0301.2351.800
Benedicto Carnota C.1.0301.2351.800
Jacobo González Oreiro1.0301.2351.800

ANEXO Nº 7

A. Desprazamento para realizar servicios no porto de Corme-Laxe.

Acórdase que o total de retribucións, por tódolos conceptos e como axudas de custo, para este servicio serán as seguintes:

Patrón: 9.000 pesetas.

Mecánico: 8.000 pesetas.

Mecamar: 7.000 pesetas.

B. Desprazamentos para realizar servicios no porto de San Cibrao.

Acórdase que o total de retribucións, por tódolos conceptos e como axudas de custo, para este servicio serán as seguintes:

Patrón: 12.000 pesetas.

2º patrón: 12.000 pesetas.

Mecánico: 12.000 pesetas.

Mecamar: 12.000 pesetas.

No caso de que a garda tivese que pernoitar en San Cibrao, as cantidades anteriores veríanse incrementadas nun 50%.

C. Desprazamentos para realizar servicios no porto de Ferrol.

Acórdase que para estes servicios a empresa pagará 4 horas de presencia a cada tripulante.