Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.692

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 21 de febreiro de 2002 pola que se fai público o censo electoral provisional correspondente ás persoas físicas para as primeiras eleccións a cámaras agrarias de Galicia.

A Lei 1/2000, do 10 de xullo, pola que se refunde a normativa en materia de cámaras agrarias, regula, entre outros contidos, o proceso electoral para a elección dos membros que constituirán os plenos das cámaras agrarias provinciais.

A disposición transitoria terceira da dita Lei 1/2000, encoméndalle a elaboración dos censos electorais para as primeiras eleccións a cámaras agrarias á Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, logo de audiencia das organizacións profesionais agrarias e posterior aprobación destes pola Xunta Electoral galega. A elaboración previa do censo electoral é requisito previo á con

vocatoria de eleccións que, de conformidade co establecido na disposición transitoria cuarta do mesmo texto legal, terá que realizarse nun prazo máximo de seis meses desde a elevación a definitivos dos censos electorais.

O artigo 15 da referida lei dispón, respecto das persoas físicas, que son electores nas eleccións a cámaras agrarias, as persoas incluídas nos correspondentes censos provinciais que reúnan os requisitos establecidos no mesmo artigo e que, como consecuencia dese cumprimento estean dadas de alta no réxime especial agrario da Seguridade Social por conta propia ou no réxime especial de traballadores autónomos, en función da súa actividade agraria.

A afiliación ó réxime especial agrario da Seguridade Social por conta propia ou no réxime especial de traballadores autónomos en función da súa actividade agraria, presupón a realización, en forma

habitual e como medio fundamental de vida, de labores agrícolas, forestais ou pecuarios, polo que, salvo proba en contrario, os cotizantes ós devanditos réximes reúnen as condicións profesionais que o artigo 15 sinala como determinantes do dereito a integra-lo censo de electores a cámaras agrarias correspondente á provincia da súa residencia.

En consecuencia, en virtude das facultades que teño conferidas consonte á Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, oídas as organizacións profesionais agrarias,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Esta orde ten por obxecto dar publicidade ós censos electorais provisionais das cámaras agrarias provinciais correspondentes ás persoas físicas, que servirán de base para o exercicio do dereito ó voto nos comicios de elección dos integrantes dos plenos daquelas corporacións, para a formulación das alegacións ou manifestacións que se consideren pertinentes.

Artigo 2º

Os censos electorais provisionais correspondentes ás persoas físicas publicaranse nas respectivas sedes das cámaras agrarias provinciais e nos taboleiros de anuncios dos concellos, servicios centrais, delegacións provinciais e oficinas agrarias comarcais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, do 27 de febreiro ó 13 de marzo de 2002.

Artigo 3º

Durante o prazo sinalado no artigo anterior, poderanse formula-las alegacións ou manifestacións que se consideren pertinentes, dirixidas á Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, achegando a documentación que acredite os seus motivos, que no caso de solicitude de alta censual deberá xunto coa documentación acreditativa da identidade do solicitante e da súa inclusión no réxime especial agrario da Seguridade Social ou no réxime especial de traballadores autónomos, en función da súa actividade agraria.

Artigo 4º

Recibidas as alegacións ou manifestacións e realizada as comprobacións oportunas, practicaranse as correspondentes anotacións no censo.

Artigo 5º

No caso de que se apreciase imposibilidade de alta ou modificación censual, notificaráselle á persoa interesada a proposta correspondente, facéndolle consta-la posibilidade de rectifica-lo censo en perío

do electoral mediante a reclamación ante a xunta electoral que corresponda.

Artigo 6º

Os censos electorais resultantes serán elevados á Xunta Electoral galega para a súa aprobación.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral da consellería para dictar cantas disposicións foran precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria e

Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO