Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.693

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2002 sobre homologación de varios cursos para guías turísticos de Galicia.

Ó abeiro do disposto na disposición derradeira primeira, do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, e para os efectos establecidos nos artigos 32 e 33 do referido decreto, esta consellería resolve homologa-lo os seguintes cursos:

Organización de actividades turísticas na natureza, que se desenvolverán no Centro Comarcal Expo-Lemos do 7 de febreiro ó 2 de marzo de 2002, cunha duración de 36 horas lectivas, organizado pola Escola Galega do Tempo Libre D. Bosco.

Seminario itinerante «Vía de la Plata», do 15 ó 20 de febreiro de 2002 cunha duración de 25 horas lectivas, organizado pola Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia.

O modernismo e a súa época que se desenvolverá na Coruña a partir do 4 de marzo de 2002 e en Pontevedra a partir do 6 de marzo de 2002, cunha duracción de 28 horas lectivas, organizado pola Dirección Xeral de Turismo en colaboración coas delegacións provinciales da Coruña e Pontevedra.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo