Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.694

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 52/2002, do 14 de febreiro, polo que se aceptan a título gratuíto doazóns de diverso material informático con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra.

As empresas Soria Melguizo, S.A., Braun Medical, S.A., Sumcyl, Astrazéneca Farmacéutica Spain, S.A., Movaco, S.A., Dipesa, S.A., Hospal, S.A., Grupo-3, S.L., Balagué Center, S.A., Pharmacia Spain, S.A. e Cardiva ofrecen a doazón ó Servicio Galego de Saúde de diverso material con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1995, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de febreiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la doazón do seguinte material:

-1 ordenador, de marca JUMP, modelo clónico, cun valor de 90.000 pesetas, doado pola empresa Soria Melguizo, S.A.

-1 impresora, de marca Canon, modelo BJC 2000, cun valor de 18.000 pesetas, doada pola empresa Soria Melguizo, S.A.

-1 impresora, marca H.P., modelo 840 C, cun valor de 19.602 pesetas, doada pola empresa Braun Medical, S.L.

-1 carro de curas, de marca Insausti, modelo ST115SY, cun valor de 92.125 pesetas, doado pola empresa Sumcyl.

-1 fax, de marca Samsung, cun valor de 52.084 pesetas, doado pola empresa Astrazéneca Farmacéutica Spain, S.A.

-2 impresoras Laserjet 1100, de marca H.P., cun valor de 82.500 pesetas, cada unha, doadas pola empresa Movaco, S.A.

-1 PC Dell Optiplex Ref. II GJY (Celeron), de marca Dell, modelo Optiplex, cun prezo de 234.373 pesetas, doado pola empresa Movaco, S.A.

-1 PC Dell Optiplex Ref. II GJY (Pentium-III), de marca Dell, modelo Optiplex, cun prezo de 234.373 pesetas, doado pola empresa Movaco, S.A.

-1 ordenador, de marca Comelta, modelo Pentium III, xunto cun monitor 15" de marca Samsung, mode

lo 551S, cun prezo de 180.000 pesetas, doado pola empresa Movaco, S.A.

-1 teléfono inalámbrico, de marca Mx Onda, modelo TF50, cun prezo de 30.028 pesetas, doado pola empesa Dipesa, S.A.

-1 frigorífico 130 l, de marca Edesa, modelo 15115, cun prezo de 7.995 pesetas, doado pola empresa Dipesa, S.A.

-1 máquina de hemodiálise (Monitor Integra+Dialcontrol+BPM), de marca Hospal, modelo Integra BPM, co número de serie 790389926576, cun prezo de 2.819.778 pesetas, doado pola empresa Hospal, S.A.

-2 ordenadores, de marca Hewlett Packard, modelo VL400, cun prezo de 249.000 pesetas cada un, doados pola empresa Grupo-3, S.L.

-2 ordenadores, de marca H.P., modelo Vectra, cun prezo de 238.525 pesetas cada un, doados pola empresa Dipesa, S.A.

-1 fax papel normal, de marca Deutsche Tele Ram, modelo 1170, cun prezo de 48.000 pesetas (+IVE), doado pola empesa Balague Centre, S.A.

-2 ordenadores, de marca H.P., modelo Vectra VL 400 DT, cun prezo de 245.000 pesetas cada un, doados pola empresa Pharmacia Spain, S.A.

-1 centrifugadora de sobremesa, de marca Heraeus, modelo Megafuce, cun prezo de 1.000.363 pesetas, doada pola empresa Soria Melguizo, S.A.

-1 electrocardiógrafo 12 canles, de marca Agilent, modelo M1770A, cun prezo de 549.980 pesetas, doado pola empresa Cardiva.

-1 fax, de marca Olivetti, modelo OFX-540, cun prezo de 40.000 pesetas, doado pola empresa Balague Center, S.A.

Artigo 2º

Os activos acéptanse segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinaranse ó Complexo Hospitalario de Pontevedra, da acordo coa vontade dos doadores.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, catorce de febreiro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade