Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 02 de abril de 2002 Páx. 4.133

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2002 pola que se dictan medidas sanitarias en materia de movemento pecuario e saneamento gandeiro aplicables a determinados concellos da provincia de Ourense.

A incidencia da brucelose en determinados concellos da provincia de Ourense, xunto coas características propias da producción, manexo, condicións e movemento pecuario, fan necesario de cara a consegui-la erradicación da citada enfermidade, adoptar medidas sanitarias especiais nos concellos afectados para a erradicación da enfermidade que permitan adecua-las condicións sanitarias desta zona ó resto da Comunidade Autónoma.

De conformidade co disposto no artigo 17 e a disposición derradeira da Orde do 4 de abril de 1997, pola que se establecen as normas para o desenvolvemento das campañas de saneamento gandeiro das especies bovina, ovina e cabrúa e no artigo 2 do Decreto 355/1994, do 2 de decembro, polo que se regula o traslado de animais e se aproban os modelos oficiais de autorización do traslado e en virtude das atribución, que me confire o Decreto 50/2002, do 14 de febreiro, polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Política Agroalimentaria e Desen

volvemento Rural e do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Serán obxecto dunha campaña sanitaria especial mediante a realización de investigacións sanitarias sistemáticas, coa periodicidade que establezan os servicios veterinarios oficiais e segundo o establecido na Orde do 4 de abril de 1997, a totalidade das explotacións de gando bovino, así como calquera outra explotación que puidera estar epidemioloxicamente relacionada coa transmisión da brucelose sitas nos concellos de: Manzaneda, Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Castro Caldelas, A Teixeira, Parada de Sil, Montederramo, Xunqueira de Espadanedo, Maceda e Vilar de Barrio.

Segundo.-A totalidade dos traslados de gando bovino desde e ata explotacións bovinas dos concellos antes citados efectuaranse sempre coa autorización oficial de traslado de animais, de conformidade co establecido no Decreto 355/1994, do 2 de decembro.

Disposición derradeira

Esta resolución entra en vigor a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2002.

Miguel Fernández Rodríguez

Director xeral de Producción

e Sanidade Agropecuaria

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO