Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 8.914

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 7 de xuño de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora e modernización das estructuras de producción das explotacións agrarias e se convocan para o ano 2002.

A agricultura galega está a facer fronte nos últimos anos ó reto da integración na Unión Europea, afrontando profundos cambios estructurais que se traducen nunha mellora da estructura productiva, da dimensión económica e da calidade das produccións finais das explotacións que permanecen no sector.

Este proceso debe continuar nos vindeiros anos, co fin de seguir mellorando a competitividade e a eficacia productiva das explotacións, no marco do Regulamento (CE) 1257/1999, do Consello, do 17 de maio, sobre axuda ó desenvolvemento rural, do previsto na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización de explotacións agrarias e do disposto no Real decreto 613/2001, do 8 de xuño, sobre mellora e modernización das estructuras de producción das explotacións agrarias, e tendo en conta a problemática específica das explotacións agrarias de Galicia.

As axudas reguladas por esta orde van dirixidas, principalmente, a logra-la modernización das explotacións agrarias a través de investimentos para a

mellora do seu sistema productivo e de medidas para a incorporación de agricultores mozos como titulares das explotacións do sector agrario, no marco do programa operativo de mellora de estructuras e dos sistemas de producción agrarios nas rexións de obxectivo nº 1 de España.

Así, coa finalidade de incrementa-la competitividade das explotacións galegas é necesario dirixi-las actuacións ás explotacións agrarias que poidan acredita-la súa viabilidade económica; que cumpran as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais; nas que o seu titular teña a capacidade e competencia profesional adecuadas; e nas que, coa realización de plans de mellora, aseguren a viabilidade das explotacións e lles proporcionen rendas ós agricultores, dentro dun sistema productivo adaptado a un aproveitamento racional dos recursos naturais e respectuoso co ambiente.

A incorporación da poboación máis nova e capacitada á titularidade das explotacións agrarias é unha das mellores vías para estimula-la introducción de novas tecnoloxías no sector e contribuír a asegura-la súa competitividade e continuidade no desenvolvemento da actividade. Por iso, é necesario incentivar, en maior grao, aquelas fórmulas de incorporación nas que exista unha maior ligazón entre o mozo e a explotación.

Por outra banda, a presente orde prevé as axudas ás explotacións, no marco do previsto no programa operativo integrado de Galicia, o que permitirá incentivar proxectos de investimentos en explotacións nas que os titulares non sexan agricultores profesionais ou nas que a súa actividade productiva sexa a horticultura, a floricultura ou a gandería non ligada á terra ou nas que os seus titulares non sexan agricultores profesionais, sempre que se acredite a súa viabilidade económica e se cumpran as normas mínimas de medio ambiente, hixiene e benestar dos animais.

Con base no anterior, esta orde establece as bases reguladoras das axudas para melloras estructurais e modernización de explotacións agrarias, xunto coa convocatoria destas axudas para o ano 2002, de conformidade co previsto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, redactado segundo a Lei 8/1999, do 30 de decembro, así como no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, e no Decreto 50/2002, do 14 de febreiro

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto establece-las bases reguladoras, e a convocatoria para o ano 2002, das seguintes liñas de axuda:

1.1. O abeiro do Real decreto 613/2001, do 8 de xuño, sobre a mellora e modernización das estructuras de producción das explotacións agrarias:

1.1.a) Sección primeira: plans de mellora en explotacións agrarias, agás os indicados no punto 1.2. deste artigo (liña B).

1.1.b) Sección segunda: primeira instalación de agricultores mozos en explotacións agrarias (liña A).

1.2. Sección terceira: plans de mellora considerados no programa operativo integrado de Galicia, que se vai realizar en explotacións nas que a actividade productiva sexa a horticultura, floricultura ou gandería non ligada á terra (liña P) ou nas que o titular non sexa agricultor profesional (liña R).

Sección primeira

Plans de mellora establecidos no artigo 1.1.a)

Artigo 2º.-Requisitos dos beneficiarios.

Os titulares de explotacións que desexen acceder ás axudas para investimentos en plans de mellora previstos no Real decreto 613/2001 deberán cumpri-las condicións esixidas ós beneficiarios no artigo 4 do devandito real decreto.

Para os ditos efectos, presentarán unha solicitude de axuda, segundo o modelo que se especifica no anexo I, acompañada da documentación acreditativa do cumprimento das condicións, que, segundo o tipo de titular -persoa física (1), xurídica (2) ou comunidade de bens (3)- e as características da explotación (4), será a seguinte:

1. Persoa física titular da explotación.

1.A) A condición de agricultor profesional:

1.A).1. A acreditación de que, alomenos, o 50% da súa renda total a obteña das actividades agrarias ou outras complementarias das sinaladas no parágrafo 2 de punto 5º do artigo 2 do Real decreto 613/2001, efectuarase mediante fotocopia cotexada da declaración do IRPF do último exercicio do que xa finalizara o prazo para a súa presentación en período voluntario, ou coa media das rendas fiscalmente declaradas como tales por el durante tres dos cinco últimos anos, incluíndo o último exercicio, exceptuando do cómputo os incrementos e diminucións patrimoniais.

Para os ditos efectos, imputaránselle ó titular da explotación as seguintes rendas:

1.A).1.a. As da actividade agraria da explotación, para o que se considerará o rendemento neto previo, en caso de declaración en réxime de estimación obxectiva, e o rendemento neto máis as amortizacións do exercicio fiscalmente deducibles, no caso de declaración en réxime de estimación directa.

1.A).1.b. As procedentes doutras actividades empresariais ou profesionais, así como as orixinadas polo traballo desenvolvido fóra da explotación, incluídas as pensións e haberes pasivos que fiscalmente haxa obriga de declarar.

1.A).1.c. O 50% das producidas polo capital mobiliario e inmobiliario que teñan a consideración de gananciais, e o 100% das súas rendas privativas.

Non se terán en conta, para estes efectos, as declaracións complementarias presentadas despois da data de presentación da solicitude de axuda.

1.A).2. A acreditación da condición de dedicar máis do 50% do tempo de traballo total ás actividades agrarias e outras complementarias, así como do requisito de afiliación ó réxime da Seguridade Social que corresponda á actividade desenvolvida na explotación, poderá efectuarse da seguinte maneira:

1.A).2.a. No caso do réxime especial agrario da Seguridade Social, co informe de vida laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

1.A).2.b. No caso do réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, en función da súa actividade agraria ou outras, co informe de vida laboral e o documento de afiliación á Seguridade Social ou último pagamento do imposto de actividades económicas.

1.A).2.c. No caso de asalariados do réxime xeral, co correspondente documento de cotización á Seguridade Social.

1.B) A capacitación profesional suficiente.

Poderá acreditarse dalgunha das seguintes formas:

1.B).1. Coa documentación xustificativa de ter obtido o título de capataz agrícola ou de formación profesional agraria de primeiro grao, ou outro de grao superior, na rama agraria.

1.B).2. Con cinco anos de exercicio da actividade agraria, que deberá acreditarse, con carácter xeral, cun informe de vida laboral da Seguridade Social, ou, de se-lo caso, conforme o seguinte:

1.B).2.a. No caso de que unha parte ou a totalidade do exercicio da actividade agraria se levase a cabo como man de obra familiar, será precisa unha declaración do titular da explotación onde realizou tal actividade, na que se especifique o tempo traballado na explotación e as tarefas desenvolvidas.

1.B).2.b. Os anos nos que non se exercese a actividade agraria, ata alcanza-los cinco anos requiridos, poderán substituírse pola asistencia a cursos ou seminarios de capacitación agraria cunha duración de 25 horas lectivas por cada ano.

1.B).2.c. En calquera caso, os servicios provinciais de explotacións agrarias estudiarán a documentación achegada e establecerán a súa idoneidade para os efectos de xustifica-la actividade agraria do solicitante.

1.B).3. No caso de agricultores mozos, ademais de para os efectos da súa primeira instalación, conforme a sección 2ª, para considera-lo incremento do 5% nas axudas ós investimentos en plans de mellora, a capacitación profesional suficiente xustificarase dalgún dos seguintes xeitos:

1.B).3.a. Mediante fotocopia cotexada da titulación académica de capataz agrícola, formación profesional agraria de primeiro grao ou outra superior na rama agraria.

1.B).3.b. Cun certificado de asistencia ós cursos, de duración mínima de 200 horas lectivas, establecidos pola Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, a través do Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia, de acordo co Decreto 247/2000, do 29 de setembro, en relación co Decreto 50/2002 do 26 de febreiro.

1.B).3.c. Mediante certificación de asistencia a cursos, cunha duración mínima de 200 horas lectivas, desenvolvidos por outras entidades competentes en ensinanzas agrarias, sempre que están previamente homologados polo Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia de acordo co devandito Decreto 247/2000, do 29 de setembro.

1.B).3.d. Considerarase tamén acreditada se o agricultor mozo se compromete a adquiri-la capacitación profesional suficiente no prazo de dous anos por calquera das vías sinaladas nos parágrafos a, b ou c anteriores. Neste caso, no momento da solicitude da axuda deberá presentarse xustificante de

ter solicitada a admisión no centro correspondente. Posteriormente, o mozo deberá presentar, no prazo de dous anos sinalado, a documentación acreditativa de ter acadada a devandita capacitación.

1.C) O requisito da idade, mediante copia cotexada do DNI.

1.D) A condición de residir na comarca onde radique a explotación, ou noutra limítrofe, acreditarase coa copia cotexada do DNI ou certificado de empadroamento nun dos municipios da comarca onde radique a explotación, ou noutra limítrofe. Para tal efecto, aplicarase o establecido no mapa de comarcalización da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 65/1997, do 20 de febreiro.

A dita condición non será necesaria nos casos excepcionais de forza maior ou de necesidade, apreciados pola Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.

2. Persoa xurídica titular da explotación.

2.A) A. Xustificación de que a actividade principal é a agraria, efectuarase coa presentación dos estatutos ou documento de constitución, e a declaración do imposto de sociedades do último exercicio. Así mesmo, a procedencia agraria dos ingresos comprobarase en función das marxes brutas das orientacións productivas e das actividades económicas da explotación.

2.B) A. Condición de que se trata dunha explotación agraria prioritaria ou que acadará esa condición coa realización do plan de mellora, xustificarase segundo se establece nos artigos 3 e 4 da Orde do 16 de xuño de 1998, pola que se crea o rexistro de explotacións agrarias prioritarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Comunidade de bens titular da explotación.

No caso de que o titular sexa unha comunidade de bens e pretenda ser beneficiaria das axudas previstas nesta sección, deberá:

3.A. Presenta-los estatutos da comunidade e a súa acta de constitución.

3.B. Acredita-la existencia dun pacto de indivisión da comunidade por un período mínimo de 6 anos a partir da data de presentación da solicitude de axuda.

3.C. Acreditar, por parte de, alomenos, un dos comuneiros, que reúne os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas, para o que achegará toda a documentación especificada no punto 1 deste artigo (persoa física titular de explotación).

4. Requisitos das explotacións beneficiarias.

As explotacións ás que se refiren as solicitudes das axudas deberán cumpri-los seguintes requisitos:

4.A) Que a súa viabilidade económica quede acreditada, conforme o definido no punto 17º do artigo 2 do R.D. 613/2001. Para os ditos efectos, considerarase que unha explotación é viable economica

mente cando a renda unitaria do traballo sexa igual ou superior ó 20% da renda de referencia, pudendo ser modulada por resolución do director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.

Tamén se considerarán viables as explotacións cualificadas como prioritarias, de conformidade co establecido na disposición derradeira terceira da Lei 19/1995 e no artigo 4 da Orde do 16 de xuño de 1998.

4.B) Que cumpra as normas mínimas en materia ambiental, hixiene e benestar dos animais, de acordo coa normativa comunitaria, nacional e autonómica, e conforme o especificado no programa operativo, para a mellora das estructuras de producción.

4.C) Para os efectos destas axudas, considerarase como unha única explotación as pertencentes a un mesmo titular ou sociedade conxugal en réxime de gananciais, aínda que a base territorial radique en lugares xeograficamente distintos e teñan distintas orientacións productivas

5. Compromiso de exerce-la actividade agraria durante cinco anos.

En tódolos casos anteriores de titularidade da explotación, a condición establecida ó beneficiario da axuda, de comprometerse a exerce-la actividade durante 5 anos con posterioridade á data de aprobación da axuda, será sometido a seguimento, en virtude das inspeccións e controis que se establezan, podéndoselle esixir, durante eses cinco anos e unha vez finalizado o período voluntario de presentación da declaración do IRPF, que remita ó servicio provincial de explotacións agrarias a copia cotexada da declaración do IRPF e os boletíns de cotización á Seguridade Social ou o informe de vida laboral.

Artigo 3º.-Cálculo da renda unitaria de traballo.

Para os efectos do cálculo da renda unitaria de traballo (RUT) á que se refire o punto 15º do artigo 2 do R.D. 613/2001, teranse en conta os seguintes criterios:

1. En relación coas unidades de traballo agrario (UTA) da explotación:

1.A) Cando o titular sexa persoa física, a achega de man de obra, acreditarase, segundo os casos, do xeito seguinte:

1.A).1. A man de obra familiar do titular, cotitular e familiares que estean afiliados á Seguridade Social, co informe de vida laboral de cada un deles.

1.A).2. A man de obra familiar do titular da explotación, ata segundo grao inclusive, por consanguinidade ou afinidade e, se é o caso, por adopción, que convivan no seu fogar e estean ó seu cargo, que, estando ocupados na súa explotación, non teñan a obriga de afiliarse ó correspondente réxime da Seguridade Social, poderá estimarse ata un máximo de 0,5 unidades de traballo agrario polo primeiro traballador e 0.25 unidades por cada un dos restantes membros. Esta circunstancia acreditarase mediante declaración xurada do titular solicitante ou por cal

quera outra forma admitida en dereito, acompañada da copia do DNI de cada un dos familiares, dun informe de vida laboral e do correspondente xustificante de que a persoa ou persoas ás que se refire a declaración, está ó seu cargo como beneficiario na Seguridade Social e tamén na declaración do IRPF.

1.A).3. A man de obra asalariada acreditarase documentalmente con base na cotización á Seguridade Social.

1.B) Cando o titular sexa persoa xurídica, computarase unicamente a man de obra achegada polos socios e asalariados non socios, acreditada mediante a correspondente cotización á Seguridade Social. Esta circunstancia xustificarase mediante documento de ingreso no Tesouro das retencións do IRPF practicadas ós asalariados, así como cos xustificantes de pagamento ou boletíns (TC1-TC2) dos tres últimos meses cotizados no réxime da Seguridade Social que corresponda, segundo a normativa que sexa de aplicación, dos socios e asalariados non socios que traballen na explotación.

1.C) No caso de que o titular da explotación sexa unha comunidade de bens, utilizaranse os mesmos criterios para a determinación das UTA que no caso de que o titular sexa unha persoa física (punto 1.A) deste artigo).

2. En relación coa marxe neta da explotación, entendida como a diferencia entre os ingresos da explotación derivados do conxunto das actividades productivas, incluídas as subvencións de explotación, e tódolos gastos fixos e variables, agás os atribuídos á retribución dos capitais propios e da man de obra familiar, poderá determinarse en función do resultado de resta-los gastos fixos contabilizados ou, no seu defecto, estimados, de cada explotación, non imputados nas marxes brutas, agás os atribuídos á retribución dos capitais propios e do traballo familiar, da suma das marxes brutas estándar das actividades productivas da explotación, moduladas con criterios técnico-económicos pola Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, conforme se faculta mediante a disposición derradeira primeira desta orde

3. En calquera caso, os titulares de explotacións poderán solicita-la determinación da renda unitaria de traballo con base nos datos da súa contabilidade documentalmente acreditados e, de se-lo caso, da documentación relativa á Seguridade Social.

Artigo 4º.-Condicións dos plans de mellora.

Os plans de mellora das explotacións agrarias cumprirán as condicións establecidas na letra A) do anexo 2 do R.D. 613/2001, suporán unha mellora integral e duradeira da economía da explotación agraria, e deberán cumprir, ademais, as seguintes condicións:

1. Acredita-la viabilidade da explotación na situación inicial, de acordo co punto 4 A) do artigo 2º desta orde.

2. Cando o plan de melloras afecte a unha explotación gandeira:

2.A) Deberase xustificar que esta cumpre a normativa relativa a campañas oficiais de saneamento gandeiro, mediante a presentación da folla de saneamento da última campaña.

2.B) Deberá cumpri-las normas mínimas en materia ambiental, hixiene e benestar dos animais, conforme se dispón no punto 4 B) do artigo 2º desta orde.

Non obstante, cando o plan de mellora inclúa investimentos destinados a cumpri-las normas mínimas especificadas na letra D) do punto 1º, do artigo 5 do Real decreto 613/2001, poderase conceder, para o seu cumprimento, un prazo de ata un ano desde o momento de concesión da axuda.

Así mesmo, no caso de plans de mellora presentados por agricultores mozos dentro dos 5 anos seguintes á súa primeira instalación, poderá concedérselles un prazo de ata dous anos para o cumprimento do requisito regulado no punto 1º e) do artigo 4 do Real decreto 613/2001.

Esta circunstancia xustificarase co correspondente anexo ou memoria xustificativa do plan ou do proxecto, se é o caso.

2.C) Os titulares de explotacións con plans de mellora para a producción de leite, deberán comprometerse a permanecer coa mesma orientación productiva por un período mínimo de cinco anos, contados desde a data de aprobación da axuda, e deberán cumpri-lo disposto no capítulo II do anexo A do Real decreto 1679/1994, do 22 de xullo, que establece as condicións sanitarias aplicables á producción e comercialización de leite cru, leite tratado termicamente e productos lácteos.

Para estes efectos, consideraranse cumpridas as ditas esixencias, cando os resultados da análise do leite da explotación, efectuada polos laboratorios interprofesionais ou laboratorios autorizados pola Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, de acordo co establecido na Orde do 31 de xullo de 1998, correspondentes ás medias xeométricas dun dos tres meses anteriores ó da entrada en vigor desta orde ou da respectiva convocatoria, demostren que, alomenos, nas medias dun deses meses, o contido en xermes/ml é inferior a 100.000 e en células somáticas inferior a 400.000, non hai presencia de residuos de substancias farmacoloxicamente activas e non existe presencia de auga engadida.

Para xustificar este requisito, e sempre que o leite sexa analizado nun laboratorio autorizado distinto do Laboratorio Interprofesional Galego do Análise do Leite (LIGAL), presentarase un boletín de análise xustificativo do exposto no parágrafo anterior, correspondente á media dun dos meses do período do ano 2002 indicado.

2.D) Os plans de mellora que se vaian realizar en explotacións productoras de leite cunha carga gandeira superior a 3 vacas de leite por hectárea de superficie forraxeira, deberán incluír actuacións tendentes á súa reducción.

3. Se os investimentos ós que se refire o plan de mellora se realizan en obra civil, deberase presenta-lo correspondente bosquexo acoutado e memoria descritiva da construcción, adaptándose esta á tipoloxía da zona. Esta documentación completarase cun proxecto asinado por técnico competente, no caso de que o dito investimento sexa superior a 36.000 euros. O prazo para a presentación deste proxecto é do dous meses, contados desde a data de aprobación da axuda.

4. Así mesmo, as construccións novas deberán contar coa preceptiva licencia municipal, de acordo co establecido na normativa urbanística. Para dar cumprimento a este requisito incluirase, entre a documentación que se vai achegar coa solicitude de axuda ó plan de mellora, a correspondente solicitude de licencia de obras, debendo achegarse a licencia no momento da certificación.

4. Tódolos proxectos e memorias achegados cos plans de mellora terán que incluír obrigatoriamente un anexo relativo á producción e xestión dos residuos da explotación.

Artigo 5º.-Limitacións sectoriais.

1. En razón ó producto, ó tipo de investimento e á capacidade actual e prevista da explotación, poderán excluírse deste réxime de axudas os investimentos que aumenten a producción sen saídas normais no mercado. En todo caso, serán de aplicación as limitacións á producción, investimentos ou axudas reguladas nas organizacións comúns de mercado.

2. Os investimentos que se vaian realizar naqueles sectores para os que se teñan establecido cotas, primas ou calquera outro dereito de producción, serán auxiliables sempre que se acredite, á súa finalización, a dispoñibilidade deles en contía suficiente.

3. Se se trata dunha explotación con asignación de cota láctea ou con dereitos de prima, deberán presentarse os documentos de asignación de cota ou de dereitos a nome do solicitante da axuda.

4. Os investimentos no sector de producción de leite que teñan por efecto excede-la cota láctea do titular, poderán ser auxiliables se a explotación ten concedida, previamente á data de remate das melloras, unha cota láctea adicional, de acordo coa normativa reguladora das cotas lácteas e da taxa suplementaria.

5. No caso de que as axudas se soliciten para realizar investimentos no sector de vacún de carne, limitaranse a explotacións gandeiras que teñan unha densidade gandeira, ó finaliza-la realización do plan, igual ou inferior a 2 UGM/Ha de superficie forraxeira total, xustificándose esta superficie coa presentación, ben da documentación prevista na orde desta

consellería, do 15 de xaneiro de 2002, pola que se regula a solicitude única, no ano 2002, de axudas a superficies, animais e indemnización compensatoria, así como a solicitude doutras primas gandeiras, ou ben de documento similar que indique as referencias catastrais, superficie e aproveitamento das parcelas da explotación utilizadas para a alimentación do vacún de carne. Non obstante, exceptúanse da limitación da densidade gandeira aquelas explotacións cunha dimensión igual ou inferior a 15 UGM.

6. Queda excluída a concesión de axudas a investimentos no sector de gando porcino intensivo que aumente o número de prazas.

7. No sector de aves, non se auxiliarán investimentos que incrementen a capacidade de producción de ovos para o seu consumo directo.

8. Estas axudas non serán de aplicación ós investimentos dirixidos a mellora-la producción agraria, que sexan auxiliados acolléndose ós fondos establecidos nas organizacións comúns de mercado. No caso concreto do viñedo, non se concederán axudas para a súa reestructuración, previstas no Regulamento (CE) 1493/1999 do Consello, do 17 de maio de 1999, polo que se establece a OCM vitivinícola, e normativa de desenvolvemento.

Artigo 6º.-Condicións dos investimentos obxecto de axuda.

1. As axudas a investimentos mediante plans de mellora aplicaranse ós fins indicados no artigo 5 do R.D. 613/2001, coas excepcións contidas no punto 2º do mesmo artigo.

2. O investimento en adquisición de maquinaria previsto no plan de mellora, incluído o tractor, de se-lo caso, terá que ser inferior ó 35% do investimento total previsto na totalidade do plan.

3. No caso de investimentos en equipos de muxidura, deberán axustarse, no relativo á instalación e funcionamento, ó establecido na norma UNE 68050/98.

4. No caso de investimentos en equipos de refrixeración de leite, deberán cumpri-los requisitos da norma UNE 68049/82.

Artigo 7º.-Contía dos investimentos e das axudas.

1. Contía dos investimentos.

1.A) O investimento poderá chegar a un máximo de 90.151 euros por UTA sen superar 180.302 por explotación cando o titular sexa unha persoa física ou unha comunidade de bens. No caso de titulares persoas xurídicas, este límite máximo por explotación poderá multiplicarse polo número de socios da entidade que acrediten, pola actividade que desenvolven nela, a súa condición de agricultores profesionais, ata un máximo de catro, sen prexuízo do límite por UTA.

O número de plans de mellora que se poderán aprobar por explotación e beneficiario, para ese volume de investimento, será como máximo de tres nos

seis últimos anos, contados desde a data á que corresponda a aprobación do último plan solicitado.

1.B) Para o cálculo do investimento máximo, en función do límite máximo por UTA, consideraranse as UTA iniciais indicadas no artigo 3.1º desta orde.

Cando se trate dun plan de mellora dun agricultor mozo que se presente simultaneamente á primeira instalación, o límite máximo de investimento por UTA calcularase en función do número de UTA correspondentes á situación posterior á realización do plan de mellora.

1.C) A determinación das axudas ós investimentos que se vaian realizar nas explotacións ás que se refire o punto 4.C do artigo 2º desta orde efectuarase de acordo coas condicións específicas que correspondan ó municipio asignado á explotación, en función da pertenza a este da fracción maioritaria dos bens, dereitos e elementos da explotación, segundo os puntos 2º e 3º do artigo 2 do Real decreto 613/2001.

2. Tipo e contía das axudas.

2.A) As axudas ó investimento poderán consistir nunha subvención de capital, nunha bonificación de xuros dun préstamo, minoración de anualidades de amortización, axudas para sufraga-los custos dun aval, ou nunha combinación deses tipos.

2.B) A contía máxima de axuda, expresada en porcentaxe do investimento, con carácter xeral, poderá chegar ata:

2.B)1. O 50% do investimento, para bens inmobles, e o 35%, para bens mobles, nas zonas desfavorecidas incluídas nas listas ás que fai referencia o punto 4º do artigo 55 do R(CE) 1257/1999, do Consello, do 17 de maio.

2.B)2. O 40%, para bens inmobles, e o 25%, para bens mobles, nas demais zonas.

2.C) A distribución da axuda baixo as formas de subvención de capital, bonificación de xuros ou minoración de anualidades de amortización farase de acordo co disposto nos artigos 8, 9 e 10 do Real decreto 613/2001.

2.D) Se o beneficiario da axuda é un agricultor mozo que, simultaneamente á primeira instalación, ou nos seguintes 5 anos, e antes de cumpri-los 40 anos de idade, presenta un plan de mellora da súa explotación, poderá obter unha axuda suplementaria do 5% do investimento, aplicable en calquera dos tipos de axuda establecidos no punto 1º do artigo 7 do Real decreto 613/2001. Esta axuda suplementaria concederase, na súa integridade, cando o plan de mellora da explotación corresponda a un agricultor mozo instalado ou que se vai a instalar na modalidade de titularidade exclusiva e, na proporción da participación do agricultor mozo no financiamento dos investimentos, nas restantes modalidades de instalación.

No caso de plans de mellora nos que participe un agricultor mozo instalado nos cinco últimos anos, xa sexa baixo a modalidade de titularidade compartida ou cotitularidade, ou como socio de entidade asociativa, presentarase un documento asinado por tódolos partícipes no plan de mellora no que se estableza o grao de participación do mozo nos investimentos que se van realizar.

Artigo 8º.-Prazo de execución do plan de mellora.

O prazo de execución dos investimentos incluídos no plan de mellora será, como máximo, de 18 meses computados a partir do día seguinte ó da data da notificación da concesión da axuda ou, se é o caso, da data de formalización do préstamo subvencionado correspondente.

En casos excepcionais en que o beneficiario, por causa debidamente xustificada, non poida remata-la mellora no prazo previsto, deberá solicitar unha prórroga do prazo de execución, con anterioridade ó transcurso do prazo máximo, especificando os motivos e o prazo de prórroga de execución, que deberá ser aprobado pola Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias. En calquera caso, as solicitudes de prórrogas dos prazos aprobados poderán xustificarse con base ns seguintes causas:

-Incapacidade temporal do solicitante, por enfermidade ou accidente, que lle impida o exercicio da actividade de forma continuada na explotación por un período superior a tres meses.

-Retraso na concesión da licencia municipal por causa non imputable ó interesado.

-Outras causas de forza maior debidamente xustificadas.

O incumprimento do prazo de realización das melloras e, de se-lo caso, da prórroga aprobada, poderá levar aparellado a perda dos dereitos á axuda prevista nesta orde. Así mesmo, cando se produzan modificacións dos plans de mellora relacionados coa producción ou co programa de investimentos, terase en conta o establecido no artigo 12 do Real decreto 613/2001.

Sección segunda

Primeira instalación de agricultores mozos

Artigo 9º.-Requisitos dos beneficiarios.

Os mozos que desexen acceder ás axudas á primeira instalación deberán cumpli-los requisitos e criterios básicos previstos no Real decreto 613/2001.

Para os ditos efectos, presentarán na solicitude de axuda, segundo o modelo que se especifica no anexo I, acompañada da documentación seguinte:

1. Fotocopia compulsada do DNI.

2. Plan de explotación, conforme o establecido no punto 3º do artigo 13 do Real decreto 613/2001, agás cando o mozo presente un plan de mellora dos previstos no punto 1º do artigo 4 do dito real decreto.

En calquera dos casos, deberá poñerse de manifesto o grao de viabilidade económica e a situación da explotación na que queda instalado o mozo e que prevexa para este unha renda procedente daquela igual o superior ó 35% da renda de referencia.

3. Informe de vida laboral, emitido pola Tesourería da Seguridade Social sobre afiliación, tipo de réxime e períodos de alta.

4. Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria sobre as declaracións do IRPF presentadas polo solicitante e, se é o caso, copia das indicadas no punto 1 A)1 do artigo 2º desta orde.

5. Xustificante da capacitación profesional, segundo o punto 1.B) do artigo 2º desta orde.

6. Segundo a modalidade da primeira instalación prevista no artigo 14 do Real decreto 613/2001:

A) Escritura pública que acredite o acceso á titularidade, exclusiva ou compartida, da explotación agraria por compra, herdanza, pacto sucesorio, doazón, arrendamento, parcería ou figuras xurídicas análogas, asumindo, o mozo que se instala, alomenos, o 50% dos riscos e das responsabilidades civil, fiscal e social da xestión da explotación, así como a declaración do IRPF ou imposto de sociedades, segundo o caso, do anterior titular, se a primeira instalación se realiza de acordo co letra a) do artigo 14 do Real decreto 613/2001.

B) Se se accede á cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria conforme a letra b) do artigo 14 do Real decreto 613/2001, deberá acreditarse de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias. Na escritura pública que se asine para tal efecto deberá consta-lo seguinte:

B)1. A relación de tódolos elementos que compoñen a explotación, valorados a prezo de mercado dos que, sendo propietario ou titular, estean integrados nela, con expresión detallada dos que se lle transmiten ó mozo, que deberán representar, alomenos, un tercio do valor total daqueles. Sen prexuízo do anterior, incluirase na transmisión, alomenos, un tercio da propiedade, tanto dos predios rústicos como do conxunto dos restantes bens inmobles. En todo caso, deberá indicarse expresamente que os usos e o aproveitamento de tódolos elementos da explotación transmitidos ó mozo cotitular continuarán integrados na referida explotación.

B) 2. O acordo, cunha duración mínima de seis anos, entre o titular e o agricultor mozo conforme este compartirá as responsabilidades xerenciais, os resultados económicos da explotación, os riscos inherentes á súa xestión e ós investimentos que nela se realicen, nunha proporción igual ou superior ó 50%.

C) No caso de integración do mozo como socio nunha entidade asociativa con personalidade xurídica, preexistente ou de nova constitución, titular dunha explotación prioritaria conforme a letra c)

do artigo 14 do Real decreto 613/2001, presentarase a seguinte documentación: 1. Unha certificación, expedida polo órgano rector da entidade, onde se especifiquen as condicións de participación do agricultor mozo e a súa contribución; 2. Os estatutos da entidade; 3. A relación de socios que exercen a dirección técnica e de xestión; e 4. A documentación acreditativa da condición da explotación como prioritaria, conforme o disposto nos artigos 3 e 4 da Orde do 16 de xuño de 1998.

Cando entre os gastos ou investimentos dun mozo que se instale como socio dunha entidade asociativa figure o concepto de achega económica do mozo á entidade, a xustificación do gasto poderá realizarse mediante a acreditación correspondente da achega en diñeiro do mozo á entidade e a acreditación do gasto realmente efectuado pola sociedade nos ditos investimentos.

7. Solicitude de cambio de titularidade da explotación, se é o caso, en favor do agricultor mozo, axustado ó modelo normalizado da consellería.

8. Solicitudes de transferencia, en favor do novo titular, de se-lo caso, dos dereitos de prima e da cota láctea que tivese a explotación, agás no caso de instalación nunha explotación asociativa.

Os documentos públicos sinalados nas letras A) e B) do punto 6, así como a solicitude de cambio de titularidade do punto 7 e as solicitudes de transferencia recollidas no punto 8, poderán ser presentados unha vez aprobado o expediente, xunto coa xustificación da realización dos investimentos. Nestes casos, coa solicitude de axuda á primeira instalación xuntarase un compromiso debidamente asinado por ámbalas dúas partes.

Artigo 10º.-Adquisición e acondicionamento da vivenda.

Se os gastos se dedican á adquisición ou acondicionamento da vivenda, esta deberá constituí-la residencia habitual do mozo e estar situada na mesma parroquia ou nunha limítrofe á da explotación. Ademais, a construcción nova efectuarase nun soar da propiedade, privativa ou ganancial, do mozo.

Pola súa banda, a construcción ou acondicionamento exterior da vivenda deberá ser acorde coa tipoloxía da zona e coa normativa urbanística correspondente, o que se xustificará achegando, coa solicitude de axuda, de se-lo caso, a correspondente solicitude de licencia de obras, e xuntando, coa certificación dos investimentos e gastos, a licencia definitiva cando sexa preceptiva segundo a lexislación urbanística.

En tódolos casos, deberase presentar un bosquexo acotado e unha memoria indicativa de tódalas melloras que se vaian realizar.

Artigo 11º.-Axudas á primeira instalación.

As axudas á primeira instalación de agricultores mozos, dirixidas a auxiliar gastos e investimentos

derivados dela, segundo o establecido no artigo 15.2º e) do Real decreto 613/2001, poderán consistir en:

1. Unha bonificación de xuros do préstamo, na que o importe actualizado non supere a cantidade de 15.025 euros, resultante de aplicar, durante un período máximo de quince anos, unha reducción do tipo de xuro preferente das entidades de crédito, establecido, de se-lo caso, nos convenios financeiros para os préstamos de primeira instalación

2. Unha prima por explotación, que poderá substituírse, total ou parcialmente, por unha bonificación de xuros equivalente. A contía máxima da prima será de:

a) 15.025 euros, no caso de instalación como cotitular dunha explotación prioritaria, conforme o indicado no punto 6º B) do artigo 9, sempre que a explotación resultante requira un volume de traballo equivalente, alomenos, a 2 UTA.

Esta mesma contía aplicarase nos casos de acceso á titularidade exclusiva por compra, herdanza, doazón ou cando a primeira instalación se produza aplicando a figura da apartación, recollida na Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia.

b) 12.020 euros, nos demais casos de cotitularidade, ou instalación en entidades asociativas.

c) 9.015 euros, nos casos de instalación mediante contrato de arrendamento ou parcería.

3. As contías máximas de axuda expresadas anteriormente poderanse incrementar nun 10% nos seguintes casos: a) cando se xere na explotación, alomenos, 1 UTA asalariada adicional á do mozo que se instala; b) nos supostos nos que se instale unha muller; e c) cando a explotación estea situada nun concello dos cualificados de montaña de acordo co punto 4 do artigo 55 do Regulamento (CE) 1257/1999, do Consello, do 17 de maio.

Artigo 12º.-Casos especiais de primeiras instalacións e limitacións.

1. Respecto dunha mesma explotación non poderá percibirse máis dunha prima nin bonificación de xuros por primeira instalación, durante o prazo dos cinco anos seguintes á data da súa concesión. No caso de instalacións múltiples, as axudas distribuiranse en función do grao de participación de cada mozo no conxunto dos gastos e investimentos derivados das ditas instalacións. Exceptúanse desta regra as primeiras instalacións dos mozos mediante a súa integración como socios nunha entidade asociativa, que se outorgarán de forma íntegra a cada mozo solicitante sempre que o volume de traballo na explotación asociativa requira unha UTA para cada mozo que se instale.

2. Por outra banda, nos casos de réximes económico matrimoniais de gananciais, non poderá ser beneficiario dunha axuda á primeira instalación un agricultor mozo cando o seu cónxuxe sexa xa titular dunha explotación agraria. Tampouco poderá ser beneficiario cando se pretenda a instalación nunha

parte segregada da explotación, ou por integración como socio dunha entidade asociativa constituída co outro cónxuxe para o exercicio da actividade agraria na explotación da que este fose titular.

Artigo 13º.-Prazo de execución e acreditación da primeira instalación.

1. O prazo de execución dos investimentos e gastos para a primeira instalación será o mesmo que o previsto para os plans de mellora, aplicándose o previsto no artigo 8º desta orde.

2. A acreditación de que se produciu a primeira instalación, con carácter previo á percepción da axuda, efectuarase coa presentación de:

a) A documentación suficiente xustificativa da realización dos gastos de instalación aprobados.

b) O documento de alta no réxime especial agrario da Seguridade Social ou no réxime de autónomos na actividade agraria e o documento de alta no censo de actividades económicas do Ministerio de Economía e Facenda (declaración censual modelo 036 ou 037).

c) A declaración do IRPF correspondente ó último período, se é o caso.

d) Os documentos indicados nas letras A) e B) do punto 6, e nos puntos 7 e 8 do artigo 9º, de non telos presentado coa solicitude de axuda.

3. Será de aplicación o disposto no artigo 2º.5 desta orde, en canto ó compromiso de exerce-la actividade agraria durante cinco anos.

4. A Consellería poderá decidir que o pagamento da axuda se efectúe fraccionadamente, aboando o 50% coa certificación da realización dos gastos e investimentos, e o outro 50%, coa acreditación do cumprimento de tódolos compromisos adquiridos coa solicitude de axuda.

Sección terceira

Outros plans de mellora

Artigo 14º.-Beneficiarios dos plans de mellora.

1. No marco das axudas ós investimentos en explotacións agrarias previstos nos artigos 4 a 7 do R(CE) 1257/99, do Consello, do 17 de maio, nesta sección establécense axudas para a realización de investimentos en plans de mellora nas explotacións nas que a actividade productiva sexa a horticultura, floricultura ou gandería non ligada á terra ou nas que o titular non sexa agricultor profesional.

2. Poderán ser beneficiarios das axudas ós plans de mellora previstos nesta sección terceira:

a) As persoas físicas, xurídicas e comunidades de bens que cumpran os requisitos establecidos, para cada caso, no artigo 4º do Real decreto 613/2001 e no artigo 2º desta orde que sexan titulares de explotacións nas que máis do 50% da marxe bruta prevista proceda das actividades productivas de horticultura, floricultura ou gandería non ligada á terra.

b) As persoas físicas, titulares de explotacións agrarias que, sen ser agricultores profesionais, cumpran o resto dos requisitos recollidos no artigo 4 do Real decreto 613/2001 e no artigo 2º desta orde.

c) As persoas xurídicas, titulares de explotacións agrarias, que, sen ser prioritarias nin o vaian ser coa realización do plan de mellora, cumpran o resto dos requisitos recollidos no artigo 4 do Real decreto 613/2001 e no artigo 2º desta orde.

d) As comunidades de bens, titulares de explotacións agrarias, nas que ningún comuneiro sexa agricultor profesional, pero cumpran o resto dos requisitos recollidos no artigo 4 do Real decreto 613/2001 e no artigo 2º desta orde.

3. Para acollerse ás axudas ós plans de mellora previstos nesta sección, os interesados deberán presentar unha solicitude de axuda de acordo co modelo do anexo I, achegando a documentación xustificativa do cumprimento dos requisitos necesarios para a súa concesión, previstos no artigo 2º desta orde, segundo os casos.

Artigo 15º.-Investimentos obxecto da axuda e limitacións sectoriais.

1. Os solicitantes deberán presentar un plan de mellora que inclúa investimentos que se aplicarán ós fins previstos no artigo 5 do Real decreto 613/2001, conforme o sinalado nos artigos 4º e 6º desta orde.

2. Ademais, teranse en conta as limitacións sectoriais previstas no artigo 6º e anexo I do Real decreto 613/2001, así como no artigo 5º desta orde.

Artigo 16º.-Contía máxima do investimento.

Nos supostos previstos nesta sección terceira, a contía máxima do investimento será a prevista no artigo 7º.1.A) desta orde.

Artigo 17º.-Tipo e contía de axudas.

Nos supostos previstos nesta sección terceira:

a) As contías máximas das axudas, expresadas en porcentaxe do investimento, serán as previstas no artigo 7º.2.B) desta orde.

b) No suposto do artigo 14º.2 a) será aplicable o previsto no artigo 7º.2.D) desta orde respecto da axuda suplementaria.

c) A axuda consistirá na subvención, total ou parcial, dunha ou varias anualidades de amortización de préstamos formalizados para levar a cabo o investimento. Estes préstamos non poderán supera-lo 90% do investimento total que se vaia realizar e formalizaranse no marco dos convenios financeiros, conforme establece a disposición adicional 3ª do Real decreto 613/2001, ó xuro preferente establecido neles.

d) A axuda á amortización non poderá supera-lo 80% do importe do préstamo, e poderá aboarlla a consellería dunha soa vez, directamente ó beneficiario, logo de formalizado o préstamo e certificada a realización dos investimentos previstos.

Sección cuarta

Procedemento de concesión das axudas

Artigo 18º.-Presentación de solicitudes e prazo.

1. A presentación das solicitudes de axudas, para cada medida das incluídas nesta orde, realizarase segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, preferentemente, nas oficinas agrarias comarcais, utilizando os impresos normalizados incluídos como anexo I, que estarán á disposición dos interesados nas mencionadas oficinas. Coa solicitude de axuda achegarase a documentación complementaria establecida nesta orde para cada tipo de axuda solicitada.

2. As oficinas agrarias comarcais asesorarán ós solicitantes na realización dos estudios técnico-económicos necesarios para a elaboración dos plans de mellora das estructuras das explotacións e das axudas á primeira instalación de agricultores mozos.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día de entrada en vigor da respectiva orde de convocatoria. Non obstante o anterior, para os casos de primeiras instalacións de mozos motivadas por cesamento anticipado na actividade agraria acollidos ás axudas do Real decreto 5/2001, ou de falecemento, xubilación ou invalidez do actual titular da explotación, o prazo permanecerá aberto ata o 30 de novembro de cada ano.

Artigo 19º.-Conformidade previa e formalización do préstamo.

1. Na tramitación de calquera das solicitudes de axuda previstas nesta orde que estean vinculadas a préstamo, e como condición para que a axuda sexa aprobada, o solicitante deberá achega-la conformidade á concesión do préstamo correspondente, dunha entidade financeira asinante do convenio financeiro co MAPA.

2. Aprobada a axuda, o prazo para formaliza-la póliza coa entidade financeira será de 60 días improrrogables, contados desde a data de recepción da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen que se producira a dita formalización, quedará sen efecto a resolución de concesión da axuda, agás casos de forza maior oportuna e debidamente xustificados.

Artigo 20º.-Criterios de prioridade.

Posto que as axudas previstas nesta orde se concederán en réxime de concorrencia competitiva, en función das dispoñibilidades orzamentarias, das porcentaxes de axuda e das solicitudes recibidas que cumpran os requisitos establecidos nesta orde, a Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria asignará unha contía de orzamentos a cada unha das liñas de axuda indicadas no artigo 1º.

En cada liña de axuda, os expedientes completos que cumpran tódalas condicións esixidas, clasificaranse en función dos seguintes criterios referidos ó titular e á explotación:

1. Plans de mellora:

a) Titularidade dunha explotación prioritaria.

b) Orientación productiva da explotación de vacún de leite.

c) Diversificación da producción.

d) Viabilidade económica da explotación.

e) Tipo de investimento.

f) Investimento por UTA.

g) Tipo de axuda ligada a préstamo.

h) Explotacións de producción ecolóxica.

i) Incorporación de mozo agricultor.

j) Situación da explotación nun concello de montaña.

2. Axudas á primeira instalación:

a) Instalación do mozo mediante a modalidade de cotitularidade.

b) Viabilidade económica da explotación.

c) Primeira instalación ligada a un plan de mellora.

d) Maior dimensión productiva da explotación.

e) Axuda ligada ó préstamo.

f) Situación da explotación nun concello de montaña.

Artigo 21º.-Resolución.

1. O conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural resolverá sobre as solicitudes presentadas. As resolucións serán comunicadas ós interesados, ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e, de se-lo caso, á entidade financeira correspondente, segundo o previsto na normativa vixente e nos convenios establecidos ou que se establezan polo devandito Ministerio coa Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural ou coas entidades financeiras.

2. O prazo máximo para dictar e notifica-la correspondente resolución será de 9 meses, contados a partir do día da entrada en vigor da respectiva orde de convocatoria e, en todo caso, antes do 15 de decembro de cada ano. Transcorrido o dito prazo sen que se dictase e notificase a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 22º.-Certificación dos investimentos e gastos.

1. Só serán auxiliables os investimentos que se realicen con posterioridade á data de presentación da solicitude, sempre e cando recaia resolución aprobatoria da axuda sobre os ditos investimentos, agás o previsto no artigo 13.2º do Real decreto 613/2001,

sen prexuízo do establecido no artigo 18º.4 desta orde.

2. Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos e cumpridos, de se-lo caso, os compromisos adquiridos, os interesados deberán comunicarllo, por escrito, preferentemente ás oficinas agrarias comarcais, con anterioridade ó remate do prazo concedido para a execución das melloras. A falta de comunicación ou de realización dos investimentos entenderanse como renuncia ás axudas concedidas, quedando sen efecto a resolución de concesión, coa obriga de reintegra-las cantidades percibidas, de se-lo caso, sen prexuízo das responsabilidades a que houber lugar.

Unha vez comunicado o remate dos investimentos, os técnicos das oficinas agrarias comarcais, preferentemente, ou dos servicios provinciais de explotacións agrarias, realizarán as correspondentes certificacións previas ó pagamento das axudas.

3. Nos casos de plans de mellora, o importe do investimento certificado non poderá ser inferior, en máis dun 20%, ó investimento aprobado, nin ós mínimos establecidos para as distintas axudas, aténdose, neste caso, ó disposto no artigo 12 do Real decreto 613/2001.

4. No momento da certificación das melloras, os interesados deberán xustificar que están ó día no cumprimento das súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social, por medio dos correspondentes certificados da Axencia Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social. Así mesmo, presentarán xustificación de non ter ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma.

Artigo 23º.-Anticipos e garantías.

Non obstante o previsto no artigo anterior, resolto favorablemente o expediente e logo de iniciados os investimentos obxecto da solicitude de axuda, o beneficiario poderá solicita-lo anticipo do importe da axuda correspondente á subvención directa, ou a axuda á amortización considerada no punto 1.c) do artigo 17º desta orde, solicitándollo por escrito á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, sempre que se achegue garantía en contía suficiente, de conformidade co previsto no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por instancia do interesado, logo de acreditarse a realización total dos investimentos obxecto da axuda, o director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria procederá á liberación da garantía presentada.

Artigo 24º.-Seguimento e control da concorrencia e acumulación de axudas.

Os solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de tódalas solicitudes de axuda, efec

tuadas ou concedidas para o mesmo proxecto, polas distintas administracións públicas.

Así mesmo, coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 25º.-Obriga de facilitar información.

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lle poidan esixi-los órganos competentes da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, os beneficiarios das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Artigo 26º.-Modificación da resolución de concesión.

1.Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Así mesmo, poderá acordarse a modificación da resolución de concesión, por instancia do beneficiario, sempre que se cumpran as condicións previstas no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 27º.-Reintegro das axudas.

1. Procederá o reintegro, total ou parcial, do importe da axuda mailos xuros de demora devengados desde o pagamento, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, tendo en conta as excepcións contidas no artigo 25 do Real decreto 613/2001.

Artigo 28º.-Recursos administrativos.

As resolucións, expresas ou presuntas, dos expedientes tramitados en aplicación desta orde ou na respectiva orde de convocatoria, esgotan a vía administrativa e, contra elas, cabe interpo-los seguintes recursos:

1. Potestativamente, recurso de reposición ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, ou de tres meses, contado a partir do día seguinte a aquel en

que se produza o acto presunto, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

2. Directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, se é expresa; ou de seis meses, contados a patir do día seguinte a aquél no que se produza o acto presunto, de acordo co previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Artigo 29º.-Infraccións e sancións.

Ademais do disposto no Regulamento (CE) 1260/1999, do Consello, do 21 de xuño, polo que se establecen disposicións xerais sobre os fondos estructurais e demais regulamentación comunitaria de aplicación, seralles de aplicación ós beneficiarios das axudas reguladas nesta orde o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, conforme a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

Disposicións adicionais

Primeira.-Cualificación de explotacións agrarias prioritarias.

Nos casos en que a documentación achegada polo solicitante das axudas previstas nesta orde sexa abonda e se reúnan os requisitos esixidos, o director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria efectuará a cualificación da explotación como prioritaria, de acordo co establecido na Orde do 16 de xuño de 1998, pola que se crea o Rexistro de Explotacións Agrarias Prioritarias na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda.-Financiamento das axudas para o ano 2002.

1. A participación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no financiamento das axudas recollidas no artigo 1º.1 desta orde axustarase ó disposto no Real decreto 613/2001, do 8 de xuño, sobre mellora e modernización das estructuras de producción das explotacións agrarias, no relativo ó financiamento de actuacións. O financiamento destas axudas para o ano 2002 efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 09.03.614-A 774, dotada para esta finalidade con 23.821.144,93 euros, segundo o orzamento de gastos da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, dos que catro millóns de euros se destinarán a novas aprobacións de solicitudes, con pagamento neste exercicio, no marco da presente orde. A dita aplicación orzamen

taria poderá incrementarse con fondos adicionais comunitarios, estatais e da Comunidade Autónoma.

2. O financiamento das axudas consideradas no artigo 1º.2 efectuarase con cargo ós orzamentos da Consellería, na aplicación orzamentaria 09.03.614-A 777.3 dotada para esta finalidade con 2.926.928,45 euros. Esta aplicación orzamentaria poderá incrementarse con fondos adicionais comunitarios e da Comunidade Autónoma.

Terceira.-Os expedientes de axuda presentados ó abeiro da orde desta consellería, do 4 de xullo de 2001, respecto dos que non recaeu resolución expresa de concesión da axuda, poderanse ter en conta na convocatoria do presente ano, sempre que o interesado así o solicite expresamente e cumpra o disposto na convocatoria do ano 2002 e no R.D. 613/2001.

Cuarta.-Cursos de incorporación á actividade agraria.

O Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia establecerá a duración e programas dos cursos de incorporación á actividade agraria, en función da idade e grao de experiencia, para os mozos que soliciten a súa instalación no sector como agricultores mozos.

Quinta.-Solicitude de datos pola Administración.

O solicitante poderá acudir individualmente á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) e á Consellería de Economía e Facenda para solicita-la expedición dos certificados acreditativos de atoparse ó corrente das súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ou, se é o caso, cubrir, debidamente asinada, a autorización que figura no anexo V desta orde, para os efectos de que a Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria ou os servicios provinciais de Explotacións Agrarias, poidan solicitala por vía informática.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria para o establecemento das marxes brutas das principais actividades productivas das explotacións das distintas comarcas galegas, así como para dicta-las instruccións precisas para o mellor desenvolvemento e execución do disposto nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria e

Desenvolvemento Rural