Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Castrelo.
Situación: Pontedeume.
Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, de 96 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Vilanova-subestación Pedrido, entre os CC.TT. Vizús e depuradora e final no C.T. aéreo de Castrelo-Centroña de 100 kVA e conexión á baixa tensión. No termo municipal de Pontedeume.
O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), so sector eléctrico, e no título VII do Real decreto, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:
O propietario do predio nº 2 manifesta que é innecesaria a expropiación para instala-lo C.T., posto que en terreo contiguo e noutros predios da súa propiedade existe un C.T. xa instalado coa posibilidade de ampliar. Que o predio está destinado a construír unha vivenda.
Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., manifesta que o transformador actual se encontra mal situado para a demanda de enerxía e ante a maior demanda de potencia no lugar de Castrelo, faise necesaria a instalación do C.T. proxectado.
O C.T. ó que fai alusión encóntrase noutra parcela e deste hai tempo fóra de servicio, a superficie ocupada foi devolta hai anos á propietaria, a cal pode facer uso tanto do voo cedido como da antiga edificación existente.
O trazado proxectado axústase ó lindeiro oeste, instalando os apoios no lindeiro e sen que a instalación limite en modo ningún a posibilidade dunha futura construcción.
Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:
Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axus
tarán en tódalas súas partes ás que figurán no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén podrá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 12 de xullo de 2002.
Jesús España Martínez
Delegado provincial da Coruña

