Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2002 Páx. 13.992

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 27 de maio de 2002 pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de abril, en relación coa tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 105, do luns 3 de xuño de 2002, cómpre face-las oportunas correccións:

No quinto parágrafo na páxina 8.001, onde di: «... acordou declarar como órgano competente por razón da materia para a tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos, a Consellería de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais», debe dicir: «...acordou declarar como órgano competente por razón da materia para a tramitación e resolución dos expedientes de autoriza

ción para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, zona de servidume e zona de policía, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos, a Consellería de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais».

No segundo parágrafo na páxina 8.002, onde di: «Primeira.-Establece-la unidade de expediente e resolución única, en relación coas autorizacións para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos a que se refire os artigo 71 do vixente Regulamento do dominio público hidráulico (RDPH)», debe dicir: «Primeira.-Establece-la unidade de expediente e resolución única, en relación coas autorizacións para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos a que se refiren os artigos 71 e 81 respectivamente, do vixente Regulamento do dominio público hidráulico (RDPH), zona de servidume e zona de policía...».

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA