Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2002 Páx. 13.990

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta de corrección de erros do convenio colectivo da empresa Mª Carmen Porto Diéguez.

Vista a acta da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Mª Carmen Porto Diéguez, da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19 de xullo de 2002, subscrita en representación da empresa por Breixo Redondo Porto e, da parte social, polo delegado de persoal da empresa, de corrección de erros nos artigos 1º e 10º do devandito convenio (Diario Oficial de Galicia nº 97, do 2 de maio, e BOP nº 114, do 17 de xuño) e no sentido que se fai figurar no texto da devandita acta.

Que ó abeiro do disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as administracións poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Rectifica-lo erro material sufrido nos artigos 1º e 10º do convenio colectivo da empresa Mª Carmen Porto Diéguez, da provincia de Pontevedra e no sentido que figura no texto da acta.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Terceiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Cuarto.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 22 de agosto de 2002.

P.A.

Luis Boullosa Nores

Secretario provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Mª Carmen Porto

Diéguez, con domicilio na r/ Castelao nº 18, C.P.

36600 de Vilagarcía de Arousa

1. Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta en todo o seu contido normativo á empresa Mª C. Porto Diéguez. As normas establecidas no presente convenio inclúen a tota

lidade do persoal que forma a empresa actualmente, así como o persoal de novo ingreso durante a súa vixencia.

2. Vixencia.

O presente convenio terá vixencia dun ano, e entrará en vigor ós dez días de súa sinatura, excepto o incremento na táboa salarial, que se retrotraerá ó 1 de xaneiro do 2002. Considerarase prorrogado automaticamente, se non existe unha denuncia deste, con tres meses de antelación ó seu vencemento.

3. Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións superiores ás establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto e cómputo anual. Tal garantía será de carácter persoal, sen que poida entenderse vinculado a un posto de traballo, categoría profesional, ou outras circunstancias, polo que os traballadores de novo ingreso non poderán alegar ó seu favor as condicións máis beneficiosas de que desfrutaran os traballadores que anteriormente ocupasen os postos de traballo ós que sexan destinados.

4. Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais, en horario de mañá e tarde, para tódolos traballadores da empresa. Nos meses nos que a empresa o considere conveniente, deixarase de reparti-los sábados pola mañá.

5. Vacacións.

Tódolos traballadores terán dereito a unhas vacacións retribuídas de acordo coas seguintes condicións.

a) Terán unha duración de 30 días naturais.

b) As vacacións fixarase de común acordo entre o traballador e a dirección da empresa, podendo ser estas fraccionadas.

c) A empresa exporá, ó longo do primeiro trimestre do ano, no taboleiro de anuncios, as datas das vacacións, contra o cal o traballador poderá ofrecer alternativas, sempre que estas non prexudiquen a outro traballador.

d) Cando o traballador cese a súa actividade na empresa, terá dereito á parte proporcional de vacacións en razón do tempo traballado.

6. Licencias e permisos.

De acordo co disposto no artigo 37.3º do Estatuto dos traballadores, o persoal, logo de aviso e achegando unha xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos seguintes motivos:

-15 días naturais por matrimonio.

-1 día natural por traslado de domicilio habitual.

-3 días naturais, en caso de morte do cónxuxe, ascendente, descendente ou irmáns, parto da esposa, así como enfermidade grave do cónxuxe, pais ou fillos.

En casos excepcionais, poderán concederse licencias máis prolongadas, se estas se solicitan debidamente á dirección da empresa, cunha causa xustificada, peticións que a empresa intentará atender.

7. Antigüidade.

Os traballadores afectados polo presente convenio percibirán aumentos periódicos por cada tres anos de traballo, cunha contía do 5% do salario base correspondente na categoría coa que o traballador está encadrado, respectando en todo caso o que establece o Estatuto dos traballadores en canto á aprendizaxe.

8. Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a percibir tres pagas extraordinarias, unha en marzo, unha segunda en xullo, e unha terceira en decembro, consistentes en salario base máis antigüidade.

9. Complemento de transporte.

A empresa aboaralles ós seus traballadores en concepto de complemento de transporte a cantidade de 55 euros mensuais.

10. Retribucións.

O salario para o ano 2002 será o que figura na táboa anexa. En sucesivas anualidades reunirase, no mes de xaneiro, a comisión negociadora para acorda-lo incremento das táboas, tendo sempre como referencia o IPC do ano anterior.

11. Incapacidade temporal.

Durante as situacións de incapacidade temporal derivada de enfermidade común, ou accidente laboral, a empresa completará o soldo do traballador ata o 100% deste, para que este no se vexa minguado na súa percepción económica mentres dure o período de baixa.

12. Roupa de traballo.

A empresa estará obrigada a facilitarlles ós seus empregados as roupas de traballo necesarias para cada función. O seu bo uso e conservación será obriga do traballador.

13. Lei de prevención de riscos laborais.

Para estes efectos haberá que aterse ó disposto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, publicada no BOE nº 269, do 10 de novembro, así como ó seu desenvolvemento regulamentario, que é normativa de dereito mínimo e indispensable.

16. Contratación.

O contrato de traballo poderase formalizar nas diferentes formas establecidas pola normativa laboral vixente en cada momento, por escrito nos supostos que recolla a lexislación e conforme a esta, entregando unha copia do contrato ó interesado. Cando se subscriban contratos ó amparo do artigo 15 letra b) do texto refundido do vixente Estatuto de os traballadores, desenvolvido polo Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro, estes poderán ter unha duración máxima de 12 meses dentro dun período de 18 meses.

15. Lexislación subsidiaria.

No non previsto expresamente neste convenio, aplicarase o Acordo marco de comercio, o Estatuto dos traballadores e demais disposicións.

16. Comisión paritaria.

De acordo co establecido no artigo 85 de Estatuto dos traballadores, crearase unha comisión paritaria, formada por:

Breixo Redondo Porto e por Eugenio Francisco Prieto Meléndez.

O primeiro en representación da empresa, e o segundo en representación dos traballadores.

17. Partes asinantes.

Asinan o presente convenio, dunha parte Breixo Redondo Porto, en representación da empresa, e da outra Eugenio Fco. Prieto Meléndez, en calidade de representante legal dos traballadores.

Breixo Redondo PortoEugenio Fco. Prieto Meléndez

Vilagarcía de Arousa, 14 de marzo de 2002.

En Vilagarcía de Arousa, ás 12 horas do día 1 de febreiro, reúnense nos locais da empresa Mª Carmen Porto Diéguez, a comisión negociadora do convenio, formada por Breixo Redondo Porto, en representación da empresa, como xerente, e Eugenio Fco. Prieto Meléndez, en representación dos traballadores como delegado de persoal.

Ámbalas dúas partes recoñécense como interlocutores válidos para negocia-lo convenio colectivo da empresa Mª. Carmen Porto Diéguez, e acordan constituí-la comisión negociadora do convenio, que queda formada polas dúas persoas presentes nesta reunión, en representación da empresa e dos traballadores.

Fíxase a reunión da comisión negociadora para o 14 de marzo de 2002 ás 12 horas. E non tendo máis asuntos que tratar dáse por finalizada a presente reunión.

Pola empresaPolos traballadores

En Vilagarcía de Arousa, ás 12.30 horas do día 14 de marzo de 2002, reúnense nos locais da empresa Mª C. Porto Diéguez, a comisión negociadora do convenio, formada por Breixo Redondo Porto, en representación da empresa e Eugenio Fco. Prieto Meléndez, en representación dos traballadores.

O obxecto da reunión é conseguir un acordo para a sinatura do texto do convenio colectivo da empresa e fixar un incremento salarial para o ano 2002.

Unha vez analizados os proxectos de convenio colectivo presentados polas partes, refúndense nun único texto que é aceptado por ámbalas dúas partes, acordándose un incremento salarial para o ano 2002 dun 5% sobre os salarios vixentes a 31-12-2001.

E, no habendo más asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión acordándose a sinatura do texto do convenio e a táboa salarial a día de hoxe.

Pola empresaPolos traballadores

En Vilagarcía de Arousa, ás 12.30 horas do día 27 de maio de 2002, reúnense nos locais da empresa Mª Carmen Porto Diéguez, a comisión negociadora do convenio colectivo de empresas, formado por Breixo Redondo Porto, en representación da empresa e Eugenio Francisco Prieto Meléndez, en representación dos traballadores.

O obxecto da reunión é corrixi-los erros que se advirten na publicación do convenio colectivo de empresa asinado o 14-3-2002 e publicado no Diario Oficial de Galicianº 97, do 2 de maio.

Corrección do artigo 1º.-Ámbito de aplicación, que queda redactado como segue:

-O presente convenio afecta en todo o seu contido normativo á empresa Mª Carmen Porto Diéguez, nas actividades de instalación, venda e distribución de gas e a de comercio polo miúdo de artigos de bazar, antigüidades e bens usados. As normas establecidas no presente convenio inclúen a totalidade do persoal de novo ingreso en calquera das actividades.

Corrección do artigo 10º.-Retribucións, que queda redactada como segue:

-O salario para o ano 2002 será o que figura na táboa anexa. En sucesivas anualidades reunirase, no mes de xaneiro, a comisión negociadora para acorda-lo incremento das táboas salariais, tendo sempre como referencia o IPC de ano anterior.

A categoría de conductor-repartidor desagrégase en dúas, e engádese a categoría de almaceneiro.

Conductor-repartidor de 1ª, salario: 540,62 euros mensuais.

Conductor-repartidor de 2ª, salario: 531,69 euros mensuais.

Almaceneiro, salario: 549,54 euros mensuais.

E non tendo máis asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión, asinando a presente acta coas correccións establecidas nesta.

Pola empresaPolos traballadores

ANEXO

Táboa salarial do ano 2002

Xefe administrativo de 1ª856.47 A
Oficial administrativo de 1ª735.20 A
Dependente531.69 A
Conductor-repartidor de 1ª540.62 A
Conductor-repartidor de 2ª531.69 A
Repartidor522.75 A
Almaceneiro549.54 A
Conductor549.54 A
Mecánico montador536.16 A
Mozo repartidor522.75 A
Instalador de gas856.47 A
Instalador536.16 A
Axudante instalador531.69 A
Xerente731.25 A
Dependente maior731.25 A