Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Xoves, 20 de febreiro de 2003 Páx. 1.955

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 12 de febreiro de 2003 pola que se convocan para o ano 2003 as axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaría agrícola en Galicia.

A Orde do 18 de xullo de 2002, da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 143, do 26 de xullo, establecía as bases e o réxime xurídico das axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaria agrícola en Galicia, e se convocaban as axudas para o ano 2002.

A experiencia na xestión desta axuda, os resultados que se obtiveron durante o ano pasado, sobre todo o número de entidades asociativas beneficiarias e o volume de investimento, así como as vantaxes á hora de reduci-los custos e mellora-la productividade das explotacións agropecuarias galegas, mediante o fomento e a potenciación do asociacionismo na utilización de maquinaria agrícola, xustifican a continuidade desta liña de axudas.

Polo tanto, co inicio do exercicio orzamentario 2003, procede realiza-la convocatoria de axudas para este ano.

Por todo o exposto, en consonancia co establecido no artigo 30.I.1 e 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto establece-la convocatoria para o exercicio orzamentario 2003, das axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maqui

naria agrícola en Galicia, reguladas pola orde desta consellería, do 18 de xullo de 2002, (DOG nº 143, do 26 de xullo).

Artigo 2º.-Condicións e finalidade.

1. Para poderse acoller ás axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaria agrícola, deberanse cumpri-los requisitos establecidos nos correspondentes artigos 4, 5 e 6 da Orde do 18 de xullo de 2002.

2. As axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaria agrícola teñen por finalidade logra-la correcta racionalización do parque de maquinaria dispoñible, mellora-los servicios e aforrar custos nas explotacións agropecuarias galegas.

Artigo 3º.-Solicitudes, documentación e xestión das axudas.

1. As solicitudes de axuda presentaranse segundo o establecido no artigo 9 da Orde do 18 de xullo de 2002, xunto coa documentación que se detalla no artigo 11 da devandita orde.

2. As entidades asociativas beneficiarias, os conceptos subvencionables e contía económica, os criterios de valoración, o procedemento de xestión das axudas e o prazo e forma de xustificación destas, axustaranse ó establecido na Orde do 18 de xullo de 2002.

3. No artigo 8 desta orde engádese, ó final, o seguinte parágrafo: «Os criterios de valoración que se establecen nos epígrafes anteriores valoraranse cunha puntuación máxima de ata tres puntos o primeiro deles, dous puntos o sexto e un punto cada un dos outros cinco».

Artigo 4º.- Prazo de presentación.

Para o ano 2003, o prazo de presentación de solicitudes será de 40 días hábiles contados a partir do día seguinte ó de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 5º.- Financiamento.

A concesión das axudas efectuarase con cargo ós conceptos orzamentarios 09.04.612-A.770.0, por un importe de 200.000 A; 09.04.612-A.770.1, por un importe de 626.504 A; e 09.04.615-A.770.0, por un importe de 50.000 A; dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, así como con outros remanentes que puideran existir nas mesmas aplicacións.

As devanditas aplicacións orzamentarias poderanse incrementar con fondos adicionais comunitarios, estatais e desta comunidade autónoma.

En todo caso, a concesión das axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaria agrícola en Galicia estará condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente e limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural para que, no ámbito das súas competencias, dicte as nor

mas necesarias para a correcta aplicación, desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2003.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural