Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e
no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. Lugo nº 333.
Situación: Arzúa.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 20 m de lonxitude, coa orixe e final no tramo de liña entre C.T. de Coop. Perpetuo Socorro e C.D. formación profesional, unha vez entre e saia do C.T. edificio r/ Lugo nº 333 que se vai instalar.
Centro de transformación, de manobra exterior en local edificio de vivendas, de 250 kVA e tensións de 15.000/380-220 V na r/ Lugo nº 333. Concello de Arzúa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 4 de abril de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

