Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 29 de xullo de 2003 Páx. 9.959

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (48/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 48/2003 por instancia de Iain Michael Tozer contra W.S.I. Coruña, S.L. e outros sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, 30 de xuño de 2003, Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 48/2003, seguidos por instancia de Iain Michael Tozer, maior de idade, asistido pola letrada Mª Mar Rodríguez Gómez, contra a empresa W.S.I. Coruña, S.L. e a empresa W.S.I. Coruña Dos, S.L., que non compareceron nos autos, é o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido: que debo estimar e estimo a demanda interposta por Iain Michael Tozer debo condenar e condeno a empresa W.S.I. Coruña, S.L., a que aboe ó demandante a cantidade de 6.205,60 euros e a empresa W.S.I. Coruña Dos, S.L. a que aboe ó demandante a cantidade de 5.049,60 euros, máis o xuro do 10% por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ás emrpesas, que teñen o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 30 de xuño de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado