Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 269/2002, seguidos por instancia de Jacobo Naveira Filgueiras contra Bit 7, S.L., sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data do 18 de xuño de 2003, que copiada nos particulares necesarios di así:
«Que, estimando a demanda formulada por Jacobo Naveira Filgueiras, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Bit 7, S.L. a que, á súa elección, para efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 2.264,57 euros, así como a aboarlle en concepto de salarios de tramitación a cantidade de 3.631,33 euros.
Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.
Prevíndolle á empresa demandada que para recorrer deberá ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 0269-03 de Banesto desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.
Así mesmo, advírteselle á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante la substanciación do procedemento deberá aboarlle á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a prestarlle os seus servicios á demandada, a menos que prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante.
Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Bit 7, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 1 de xullo de 2003.
O secretario xudicial
Rubricado

