Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente FG 394).

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 30 de xuño de 2003, acordou aprobar definitivamente a remisión da documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002 á consellería, do Plan parcial relativo ó SUNP I-33-R, en Iñás, coas seguintes condicións:

Na páxina 39, plan de etapas, engadir: «O propietario do solar deberá emprende-la edificación no prazo de tres anos desde a recepción das obras de urbanización».

Na páxina 6: «A conservación das obras de urbanización e o mantemento das dotacións ou instalacións dos servicios públicos, será por conta dos propietarios dos terreos comprendidos no polígono de actuación, que a tales fins deberá integrarse nunha entidade de conservación».

2.1. Deberase corrixi-lo artigo 11.6º (páxina 30) da ordenanza A (zona industrial), xa que segundo o disposto no artigo 46.6º da vixente Lei 9/2002, no cómputo de edificabilidade deberá engadirse «tódalas superficies edificables de carácter lucrativo, calquera que sexa o uso ó que se destinen, incluídas as construídas no subsolo e os aproveitamentos baixo cuberta, coa única excepción das construídas no subsolo con destino a aparcadoiros e instalacións de calefacción, electricidade ou análogos».

Así mesmo, de acordo co disposto no artigo 46.5º da devandita Lei 9/2002, a ocupación do terreo polas construccións non poderá supera-la metade da superficie do sector.

2.2. Deberase dar estricto cumprimento ós informes emitidos polo Servicio Territorial de Augas de Galicia, polo Ministerio de Fomento e pola Consellería de Medio Ambiente.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses. Previa e potestativamente, poderase

interpoñer recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes.

Tamén poderá interpoñer-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2 do mesmo artigo 118. Todo iso, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Oleiros, 27 de agosto de 2003.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente