Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO.-EXPEDIENTE de alteración de termos municipais.

O Concello de Oroso, en sesión extraordinaria do 12 de decembro de 2002, e o Concello de Santiago de Compostela, en sesión ordinaria do 25 de setembro de 2003, acordaron inicia-lo expediente de alteración dos termos municipais de Santiago de Compostela e Oroso, a tramitar con carácter voluntario, por ámbolos concellos interesados, para segregar do termo municipal de Santiago de Compostela (parroquia da Barciela) a zona situada entre a ribeira dereita do río Tambre e o núcleo de Sigüeiro-Oroso, separado de Sigüeiro-Santiago de Compostela pola estrada provincial 3801 Sigüeiro-San Mauro, comprendendo os núcleos de Sigüeiro e A Foca, para a súa agregación ó concello de Oroso, de xeito que as estremas de ámbolos dous concellos queden delimitadas pola fronteira natural do leito do río Tambre.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 32 e concordantes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, polo prazo de trinta días, para os efectos de dar publicidade ós acordos adoptados, unha vez instruído o expediente, e a conseguinte continuación do expediente administrativo.

Oroso, 25 de setembro de 2003.

Manuel Mirás Franqueira

Alcalde-presidente

María José López Fernández

Secretaría xeral