O Pleno da corporación, na sesión ordinaria realizada o día 25 de setembro de 2003, aprobou o
inicio do expediente urxente de contratación, modalidade concurso aberto, da obra de construcción do mercado municipal do Concello da Pobra do Caramiñal.
Cadro de características do contrato:
a) Designación: construcción do mercado municipal do Concello da Pobra do Caramiñal.
b) Orzamento de licitación máxima: 1.010.700 euros.
c) Financiamento:
-Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia. Aplicación orzamentaria: 08.04.521-A,761.1 808.560 euros.
Exercicio Subvención Investimento subvencionable
2003 141.000 euros 176.250 euros
2004 269.520 euros 336.900 euros
2005 398.040 euros 497.550 euros
Totais 808.560 euros 1.010.700 euros
-Concello da Pobra do Caramiñal. Aplicación orzamentaria: 511.601.00.
Exercicio Achega municipal Investimento subvencionable
2003 35.250,00 euros 176.250 euros
2004 67.380 euros 336.900 euros
2005 99.510 euros 497.550 euros
Totais 202.140 euros 1.010.700 euros
d) Revisión de prezos.
Non se prevé.
e) Clasificación do contratista.
-Grupo: C.
-Subgrupos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9.
-Categoría: E.
f) Lugar do concurso: Casa do Concello da Pobra do Caramiñal, o terceiro día hábil seguinte a partir da finalización do prazo para presentación de ofertas.
g) Criterios de adxudicación do concurso:
1. Reducción do prazo de execución: ata 20 puntos.
2. Melloras instalación toldo provisional: ata 10 puntos.
3. Oferta económica: ata 10 puntos.
4. Control interno de calidade: ata 10 puntos.
5. Puntuación mínima para resultar adxudicatario: 10 puntos.
h) Prazo de execución: 18 meses.
i) Prazo de garantía: 1 ano.
A Pobra do Caramiñal, 26 de setembro de 2003.
Isaac Maceiras Rivas
Alcalde-presidente

