Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 20 (SUNP-20) da Amanecida.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na súa sesión do 30 de xuño de 2003, aprobou definitivamente o Plan parcial do solo urbanizable non programado número 20 (SUNP-20) da Amanecida, promovido polos servicios técnicos municipais.

O acto da aprobación definitiva do citado plan parcial foi comunicado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data do 3 de setembro de 2003, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

De acordo co sinalado no artigo 92.2º da citada lei, publicouse no BOP número 214 o día 17 de setembro de 2003, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva do plan parcial poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde