Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 07 de outubro de 2003 Páx. 12.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SILLEDA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Silleda.

b) Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Rede de sumidoiros zona núcleo de Silleda a Toiriz.

b) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

96.161,94 euros.

5. Garantía.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Silleda, Secretaría Xeral, Xeneral Franco 55, 36540 Silleda. Teléfono: 986 58 00 00. Fax: 986 58 10 21.

Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica, financeira e técnica ou profesional: acreditación conforme a cláusula III.2.1.D) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Presentación de proposicións: de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

b) Documentación necesaria: a determinada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Silleda.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar na casa do concello no segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se coincidise en sábado, trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Criterios de adxudicación.

Os indicados na cláusula III.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios e tributos.

A cargo do adxudicatario.

Silleda, 26 de setembro de 2003.

José Fernández Viéitez

Alcalde-presidente