O Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, establece no seu artigo 59.1 que o recoñecemento das escolas de tempo libre, a determinación das ensinanzas que se poderán impartir nelas, a aprobación dos seus programas de formación e a expedición dos títulos acreditativos lle corresponden á Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
A estrutura actual da Xunta de Galicia desenvólvese a través dos seguintes decretos:
– O Decreto 79/2009, do 19 de abril, establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.
– O Decreto 81/2009, do 19 de abril, nomea a Beatriz Mato Otero, conselleira de Traballo e Benestar.
– O Decreto 8/2011, do 28 de xaneiro, modificado polo Decreto 194/2011, do 20 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.
– O Decreto 335/2009, do 11 de xuño, modificado polo Decreto 9/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar.
A Consellería de Traballo e Benestar é actualmente o órgano da Administración autonómica ao que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións en materia de xuventude, de acordo co establecido na normativa mencionada. O artigo 36 do citado decreto recolle as funcións propias da Escola Galega de Lecer, encargada de programar, ordenar e promocionar as ensinanzas nesta materia de lecer e tempo libre.
Polo exposto, correspóndelle á Consellería de Traballo e Benestar o recoñecemento das escolas de tempo libre e a aprobación dos seus programas de formación.
Examinado o expediente promovido por Ana M.ª Carballal Martínez, como persoa xurídica da empresa individual Anias e, en representación da Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Anias Etlas, no cal solicita o recoñecemento e a aprobación dos programas de formación, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado efectúa a proposta favorable ao recoñecemento solicitado por ser conforme coa lexislación vixente, vistas as normas reguladoras desta materia (Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro). Por todo isto,
DISPOÑO:
Primeiro. Recoñecerlle á Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Anias Etlas a condición de escola de tempo libre, e aprobar os programas de formación propostos para os niveis primeiro (monitores/as de actividades de tempo libre) e segundo (directores/as de actividades de tempo libre e directores/as de campos de traballo) fixados no Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro.
Segundo. Ordenar a inscrición da Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Anias Etlas no Rexistro de Escolas de Tempo Libre dependente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, correspóndelle o número G-44.
Terceiro. A Consellería de Traballo e Benestar expedirá os títulos acreditativos correspondentes ás materias impartidas pola Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Anias Etlas, sempre de acordo co establecido no Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, e queda esta supeditada á supervisión e inspección ordenadas no artigo 59.2 do dito decreto.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2011.
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar