Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se rectifica o anterior Acordo do 24 de xaneiro de 2012, polo que se daba a coñecer a realización da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

Acordo do 17 de febreiro de 2012, de rectificación do anterior acordo da Dirección Xeral de Tributos do 24 de xaneiro de 2012, sobre poxa que se realizará o 22 de marzo de 2012, respecto do lote número 5 correspondente ao debedor Gerpe Río, Manuel, ao terse detectado un erro na fixación do tipo de poxa, xa que consta a cantidade de 3.850,93 euros, cando debería constar a de 50.074,20 euros. Por tanto, o acordo queda tal como segue:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1.ª

Tramos

5

Vivenda de protección oficial no andar cuarto, sinalada coa letra 4 B1 da rúa As Rosas número 23, no lugar de Fonte Caldeira, de Carballo, cunha superficie útil de oitenta e catro metros cadrados; ten como anexo a praza de garaxe identificada co número dezaoito, no andar soto, e rocho identificado co número 10B, no andar baixo cuberta. Predio 35025 do Rexistro da Propiedade de Carballo, con número de identificación catastral 4547415NH2844N0019TJ

70.039,20 €

19.965,00 €

50.074,20 €

100 €

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recadación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos cales constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se deberá conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria e que, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20% do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10%. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primera licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75% do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa polo prazo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas cando remate o prazo do mes seguinte ao do seu inicio, e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña