Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente unha modificación substancial da instalación de coxeración que Solvida Sanxenxo, S.L. posúe en Padriñán, concello de Sanxenxo (Pontevedra).

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 20 de novembro de 1998, a Dirección Xeral de Industria resolveu incluír no réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994 a planta de coxeración de enerxía eléctrica que Solvida Sanxenxo, S.L. promovía no concello de Sanxenxo (Pontevedra).

Segundo. Con data do 14 de xuño de 1999, a Dirección Xeral de Industria resolveu autorizar e aprobar o proxecto de execución da citada planta, coas seguintes características técnicas básicas:

– Un motoxerador de 1.000 kVA, 380 V.

– Un transformador de 1.600 kVA, 20 kV-380-220 V.

– Equipamento de arranque, protección, control, sincronización e acoplamento.

– Equipamento de recuperación de calor e almacenamento de combustible de 40.000 litros.

Terceiro. Con data do 20 de xaneiro de 2000, a Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Industria e Comercio autorizou a posta en marcha da instalación.

Cuarto. Con data do 23 de xuño de 2003 realízase a inscrición definitiva no rexistro de instalacións de produción en réxime especial da planta, co número RE-03-23.

Quinto. Con data 27 de maio de 2011, José Manuel Otero Rey, en representación de Solvida Sanxenxo, S.L., solicitou autorización administrativa para unha modificación substancial da citada planta.

Sexto. Por Acordo do 1 de xullo de 2011, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, sométese a información pública a dita solicitude, que se publicou con data 18 de xullo de 2011 no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra n.º 137 e con data 29 de xullo de 2011 no Diario Oficial de Galicia n.º 145, sen que conste que se presentase ningunha alegación.

Sétimo. As características principais da modificación son as seguintes:

Título: planta de coxeración.

Localización: lugar de Padriñán, 25, A Veiga.

Concello: Sanxenxo (Pontevedra).

Solicitante: Solvida Sanxenxo, S.L.

Domicilio social: lugar de Padriñán, 25, 36960 Sanxenxo.

Orzamento das instalacións: 552.779 euros.

Descrición das instalacións:

– Substitución do equipamento motoxerador diésel por un novo alimentado por gas natural con unha Pe de 1.000 kWe.

– Conexión do novo motor coa instalación actual.

Oitavo. Con data do 28 de xuño de 2011, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra emitiu informe favorable á solicitude presentada.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 8/2011, do 28 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e no artigo 28 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, que atribúe á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da consellería en materia de industria, seguranza industrial, solo industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía e minas.

Segundo. O artigo 28 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, establece que a construción, explotación, modificación substancial, a transmisión e o peche de instalacións de produción de enerxía eléctrica en réxime especial estará sometida ao réxime de autorización administrativa previa, que terá carácter regrado, correspondendo o seu outorgamento á Administración autonómica.

Terceiro. Na tramitación tivéronse en conta as normas de procedemento contidas no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo co que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar administrativamente a Solvida Sanxenxo, S.L. a modificación substancial da instalación de coxeración que posúe en Padriñán, concello de Sanxenxo (Pontevedra), segundo o anteproxecto modificación de instalación de coxeración Solvida Sanxenxo, S.L., redactado polo enxeñeiro industrial Alejandro Allegue Alvedro, colexiado n.º 871, e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia na Coruña o 26 de maio de 2011 co número CO111250.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. Solvida Sanxenxo, S.L. presentará ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, no prazo de doce meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da presente resolución, o proxecto de execución da modificación substancial autorizada.

Segunda. O titular da instalación deberá notificar á Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra calquera modificación que afecte o anteproxecto. Para modificacións que afecten datos básicos deste, será necesaria a autorización previa da Consellería de Economía e Industria.

Terceira. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Cuarta. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización como consecuencia do incumprimento das condicións impostas nela así como en calquera outra lexislación vixente que sexa de aplicación.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2011.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas