Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8174

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (867/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 867/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Mosquera Mañana e María Élida Blanco Mosquera contra a empresa Casona Coruña, S.L., Rivas Souto Riso, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza o 14.12.2011 cuxo ditame se achega:

«Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda formulada por Miguel Ángel Mosquera Mañana, DNI 34892448-E, e María Élida Blanco Mosquera, DNI 32758920-C, contra a empresa Casona Coruña, S.L., e cualifico como improcedente o despedimento do 17.7.2011, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral dos demandantes coa empresa demandada, con efectos de data de hoxe, día 14.12.2011, condeno a devandita empresa a avirse a tal declaración, e a que aboe aos traballadores as seguintes cantidades:

Miguel Ángel Mosquera Mañana:

Indemnización

Salarios de trámite 17.7.2011/14.12.2011

19.460,14 € (461,25 días × 42,19 €/día)

6.328,5 €

María Élida Blanco Mosquera:

Indemnización

Salarios de trámite 17.7.2011/14.12.2011

26.208 € (630 días × 41,60 €/día)

6.240 €

E debo absolver e absolvo a codemandada Rivas y Souto Riso, S.L. das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60) na conta deste xulgado podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 65) a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Casona Coruña, S.L., Rivas Souto Riso, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial