Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 23 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se require documentación aos solicitantes de diversos procedementos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 71 e 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día cos requirimentos de emenda nos procedementos instados polos interesados, requírense para que no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, emenden a falta ou presenten os documentos que se indican no anexo, advertíndolles que, de non facelo así, se terán por desistidos da súa petición. No mesmo prazo antes sinalado, e de acordo co previsto no artigo 61 da LRXAP-PAC, poderán comparecer na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar de Vigo (rúa Concepción Arenal, n.º 8 – 1.ª).

Vigo, 20 de marzo de 2012.

M.ª Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos

DNI/ NIE

N.º expte.

Concello

Documentación requirida

Rodrigo, Ordóñez Trujillo

44921615Q

36038010811

Pontevedra

AES

Ana Belén, Solleiro da Cunha

35575867L

36054000212

Tomiño

Risga