1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración e entrega dun mínimo de 123.000 litros de retardante a longo prazo para a realización de traballos de prevención e extinción de incendios forestais (9/12-I).
c) División por lotes e número: non leva.
d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.
e) Prazo de execución/entrega: primeira entrega en 4 días naturais (ou o prazo menor ofertado polo licitador), entregas sucesivas: 36 horas, desde a notificación da entrega (ou o prazo menor ofertado polo licitador).
f) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.
Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 198.050,85 €, IVE (18%): 35.649,15 €, importe total: 233.700,00 €.
Valor estimado: 198.050,85 euros (sen IVE).
5. Financiamento: fondos propios libres.
6. Requisitos específicos do contratista.
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Garantías exixidas.
Provisional: non se exixe. Definitiva: 9.902,54 €.
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, n.º 5, 2.º andar, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas) 981 54 60 64 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 40 47.
e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17370
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781), podendo envialo por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).
d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, edificio administrativo San Caetano, n.º 5, 2.º andar (edificio dos espellos) .
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, o oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
Hora: 12.00 horas.
11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2012.
P.D. (Orde 30.3.2012, DOG n.º 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

