Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 24 de abril de 2012 Páx. 15048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 26 de marzo de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación do monte veciñal en man común O Preguiceiro e A Gurita I e II, a favor dos veciños de Solbeira, no concello da Merca (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 14 de marzo de 2012, adoptou a seguinte resolución:

Visto o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Preguiceiro e A Gurita I e II, a favor dos veciños de Solbeira, no concello da Merca, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 24 de maio de 2010 entrou no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños de Solbeira, no concello da Merca (Ourense), no que solicitan ao seu favor a clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Preguiceiro e A Gurita I e II.

Segundo. O 15 de decembro de 2010, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e procede a realizar as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Concello: A Merca.

Denominación do monte: comunal do Preguiceiro e A Gurita I e II.

Comunidade veciñal solicitante: veciños de Solbeira.

Superficie total: 291.621,62 m2.

• O Preguiceiro.

Superficie: 261.626,95 m2.

Lindes:

Entre os vértices 1 e 2: camiño; entre os vértices 2 e 3: muro particular; entre os vértices 3 e 4: muro particular; entre os vértices 4 e 5: camiño; entre os vértices 5 e 6: camiño; entre os vértices 6 e 7: camiño; entre os vértices 7 e 8: camiño; entre os vértices 8 e 9: camiño; entre os vértices 9 e 10: camiño; entre os vértices 10 e 11: camiño; entre os vértices 11 e 12: pista; entre os vértices 12 e 13: muro particular; entre os vértices 13 e 14: muro particular; entre os vértices 14 e 15: muro particular; entre os vértices 15 e 16: pista; entre os vértices 16 e 17: pista; entre os vértices 17 e 18: pista; entre os vértices 18 e 19: pista; entre os vértices 19 e 20: muro comunal; entre os vértices 20 e 21: pista; entre os vértices 21 e 22: particular (35); entre os vértices 22 e 23: particular (35 e 33); entre os vértices 23 e 24: particular (32); entre os vértices 24 e 25: pista; entre os vértices 25 e 26: pista; entre os vértices 26 e 27: particular (348); entre os vértices 27 e 28: socalco particular; entre os vértices 28 e 29: socalco particular; entre os vértices 29 e 30: socalco particular e pista; entre os vértices 30 e 31: pista; entre os vértices 31 e 32: pista; entre os vértices 32 e 33: pista; entre os vértices 33 e 1: pista de C.N. 540 a estrada da Merca a A Manchica (OU-202).

• A Gurita I.

Superficie: 7.584,18 m2.

Lindes:

Entre os vértices 1 e 2: valado particular (358); entre os vértices 2 e 1: estrada da Merca a A Manchica (OU-202) e pista a Bouzas.

• A Gurita II.

Superficie: 22.410,49 m2.

Lindes:

Entre os vértices 1 e 2: peche de propiedade particular (354); entre os vértices 2 e 3: valado particular (353 e 348); entre os vértices 3 e 4: pista; entre os vértices 4 e 1: pista de C.N. 540 a estrada da Merca e A Manchica.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña desfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común acreditouse mediante as testemuñas dos veciños solicitantes e as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, sen que durante a tramitación do procedemento se producise reclamación ningunha de titularidade distinta.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común a favor dos veciños de Solbeira, no concello da Merca (Ourense) o monte denominado O Preguiceiro e A Gurita I e II, coa descrición reflectida no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da Lei 13/1989 (citada), nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 26 de marzo de 2012.

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense