De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.
Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinaren os expedientes e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.
Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Lugo, na Xefatura de Coordinación da Área do Mar; avda. Ramón Canosa, s/n, 27863 Viveiro.
N.º de expediente: PESAN1 2011/000142-2.
Denunciado: José Fernández Piñeiro.
DNI: B36772317.
Enderezo: Lonxa de Altura, almacén 48, Vigo.
Precepto infrinxido: 137.G.10.
Sanción: 301 euros.
N.º de expediente: PESAN1 2011/000188-2.
Denunciado: Manuel Ángel Álvarez García.
DNI: 09382099P.
Enderezo: r/ Celestino Álvarez, 5, portal A, Oviedo.
Precepto infrinxido: 137.A.1.
Sanción: 301 euros.
N.º de expediente: PESAN1 2011/000104-2.
Denunciado: Abraham Rodríguez Canto.
DNI: 71878924Z.
Enderezo: r/ San José Artesano, 12, 2.º A, Avilés.
Precepto infrinxido: 137.D.10.
Sanción: 151 euros.
De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG n.º 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou en caso contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita xefatura territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.
Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado no cal manifeste o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.
Lugo, 9 de abril de 2012.
José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

