Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), a solicitude relacionada no cadro seguinte inicia o correspondente trámite de competencia.
Datos da solicitude:
Empresa solicitante: Gas Galicia SDG, S.A.
Data da solicitude: 26 de marzo de 2012.
Contido da solicitude: autorización administrativa.
Tipo de instalación: rede de distribución de gas natural.
Denominación do proxecto: proxecto de autorización administrativa previa da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Santa Comba (A Coruña).
Núcleo de poboación da rede: Santa Comba (A Coruña).
Ábrese un prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que:
– Outras empresas distribuidoras de gas natural poidan presentar solicitudes en concorrencia con esta solicitude de Gas Galicia SDG, S.A.
– A empresa Gas Galicia SDG, S.A. poida completar, se o considera oportuno, a súa solicitude.
O trámite de competencia resolverase a favor da empresa cuxo proxecto obteña a maior puntuación, despois da súa valoración de acordo cos criterios establecidos no artigo 8 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2012.
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas