Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15743

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 41/2012 -RF-).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 41/2012 -RF- desta sección, seguido por instancia de César Docampo Rivero contra Fogasa, as empresas Navas Servicios de Porteros, S.L., Administración, Prevención y Gestión de Empresa, S.L., Porteros y Controladores Industriales, S.L., Mantenimiento y Control Galaica, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos:

Desestimando os recursos de suplicación interpostos, respectivamente, pola Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e Diserpo Servicios, S.L.U. contra a Sentenza do Xulgado do Social número 1 de Vigo, de data 12 de agosto de 2011, en autos n.º 401/11, sobre despedimento, instados por César Javier Docampo Riveiro fronte ás mercantís antes citadas e Controladores Industriales, S.L., Administración, Prevención y Gestión de Empresas, S.L., Mantenimiento y Control Galaica, S.L. e Navas Servicios de Porteros, S.L., confirmamos a resolución de instancia e impoñemos ás empresas demandadas o aboamento das custas do recurso que incluirán os honorarios do letrado da parte demandante impugnante en contía, cada unha das recorrentes, de 300 euros. Debe darse aos depósitos e consignacións, se houbese, o destino legal correspondente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselles ás partes en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a, con últimos domicilios coñecidos, Navas Servicios de Porteros, S.L., praza Estación Esquina a Rosalía de Castro, 51 A, Monforte de Lemos, Administración, Prevención y Gestión de Empresa, S.L., Barrio de Batizosa –parroquia de Morgadáns– Gondomar (Pontevedra), Porteros y Controladores Industriales, S.L., r/ Virgen del Rosario n.º 10, Olias del Rey (Toledo) e Mantenimiento y Control Galaica, S.L., Vía Edison, Polígono Industrial do Tambre, Santiago de Compostela, en ignorado paradoiro.

A Coruña, 30 de marzo de 2012.

O secretario xudicial