Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16680

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 644/2011 JS).

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 644/2011 JS.

Xulgado de orixe/autos: Demanda 1067/2008 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Recorrentes: Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. de la Seguridad Social número 151.

Avogado:Francisco Javier Pena Penela.

Recorridas: Ibertel Informática y Telecomunicaciones, S.L., Johanna Carolina Rivas Ochoa.

Instituto Nacional da Seguridade Social.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 644/2011 JS desta sección, seguido por instancia de Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. de la Seguridad Social número 151 contra a empresa Ibertel Informática y Telecomunicaciones, S.L., Johanna Carolina Rivas Ochoa sobre incapacidade temporal, se ditou no día da data sentenza que copiada nos particulares necesarios di:

«Decidimos: estimamos o motivo de nulidade de actuacións do recurso de suplicación interposto pola representación letrada da Mutua Asepeyo, contra a sentenza ditada en data 20 de agosto de 2010 polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, no procedemento número 1067/2008, promovido por Johanna C. Rivas Ochoa, fronte á mutua recorrente, así como fronte á empresa Ibertel Informática y Telecomunicaciones, S.L. e o Instituto Nacional da Seguridade Social; declaramos a nulidade desta, repoñendo os autos ao momento anterior a ditala para que se emenden os defectos apuntados e se resolva motivadamente sobre o fondo do asunto, devolvéndose o depósito constituído e a cantidade consignada á mutua recorrente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ibertel Informática y Telecomunicaciones, S.L., Johanna Carolina Rivas Ochoa, cuxo domicilio na actualidade se ignora, expido e asino o presente.

A Coruña, trece de abril de dous mil doce.

A secretaria xudicial