Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16682

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (351/2011).

Divorcio contencioso 351/2011.

Sentencia:

Decido que, estimando parcialmente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Blanco Ferreira en nome e representación de Cintia do Nascimento, asistida da letrada Sra. Magallanes Pereira, fronte a Samuel Martíns Valerio, maior de idade, sinalado en autos, declarado en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal en representación dos dous fillos menores de idade habidos no matrimonio, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes o día 30.4.2004 en Santiago de Compostela, inscrito no Rexistro Civil desta cidade no tomo 96, folio 264, sección 2.ª, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1. CC, transcorridos máis de tres meses de matrimonio, e acordo as seguintes medidas accesorias a este pronunciamento:

– Patria potestade, será de titularidade compartida por ambos os dous proxenitores, sobre ambos os dous menores.

– Atribución á demandante da garda e custodia sobre ambos os dous menores.

– Non procede a fixación de réxime de estancias e comunicación ao demandado con ambos os dous menores, xa que se ignora o paradoiro do demandado, e sen prexuízo de que este inste a modificación de medidas definitivas.

– Fixación a cargo do demandado dunha pensión de alimentos de 100 euros por cada fillo, mínimo vital en ausencia de datos económicos e laborais do demandado. A devandita pensión aboarase en 12 mensualidades ao ano de xeito anticipado nos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que designe a demandante, actualizándose a devandita cantidade co IPC anual que publique o INE ou organismo que o substitúa na data de 1 de xaneiro de cada ano.

– Aboamento por metade de gastos extraordinarios de ambos os dous fillos menores logo da acreditación documental pola demandante, merecendo tal consideración os gastos médicos, farmacéuticos e asistenciais non cubertos polo réxime público de saúde, os derivados de actividades extraescolares e calquera outro de análoga natureza. A reclamación de tales gastos queda eximida do incidente do artigo 776.4. da Lei de axuizamento civil.

Firme que sexa esta resolución, remítanse os preceptivos oficios e exhortos para realizar as obrigadas anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas deste proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (arts. 458 ss. e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito de 50 euros previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución, en audiencia pública, polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe.

Faise constar que a demandante goza do beneficio de xustiza gratuíta.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2012.

O secretario xudicial