Por Orde do 16 de decembro de 2011 (DOG do 26 de decembro) foron convocadas axudas para a realización de actividades de formación de adultos durante o ano 2012, organizadas por corporacións locais e institucións privadas sen ánimo de lucro e legalmente constituídas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Vistas as propostas do Consello Asesor previsto no punto sexto da citada orde e as propostas de resolución do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en uso das facultades que me outorga o artigo quinto da orde antes mencionada,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder, con cargo aos conceptos orzamentarios 1505.422H.460.0 e 1505.422H.481.0 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa as axudas que se relacionan no anexo I.
Segundo. Desestimar as alegacións presentadas polos concellos de Vimianzo, Meis, O Saviñao, Laxe (actividades I e II) e Santa Comba (actividades 1 e 2) polos motivos que se expoñen no anexo II.
Aceptar a renuncia do Concello de Moeche e da entidade sen ánimo de lucro Asociación Cultural A Barca de Loimil, á subvención de 3.500,00 € proposta para cada un deles.
Terceiro. Denegar ou excluír, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan no anexo II.
Cuarto. De conformidade co punto décimo da Orde de 16 de decembro de 2011, as axudas irán destinadas a sufragar, exclusivamente, os gastos do persoal docente.
As axudas serán pagadas unha vez finalizada a actividade e no momento da súa completa xustificación; tendo en conta que deberá xustificarse a contía íntegra orzada como gastos docentes aínda que sexa superior á contía solicitada e/ou concedida.
Quinto. Na difusión das actividades subvencionadas mediante esta orde, nas convocatorias públicas, publicidade e propaganda destas, así como nos lugares en que se realicen as referidas accións, deberá figurar que están financiadas ou cofinanciadas pola Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e aparecerá o seu anagrama. Ademais, quedará constancia explícita dese cofinanciamento nos documentos, folletos, certificados e publicacións que se elaboren con motivo da realización da actividade formativa.
Sexto. Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2012.
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO I
Corporacións locais. Concepto orzamentario 15.05.422H.460.0
Provincia da Coruña.
Concello |
Axuda (€) |
Observacións |
Camariñas |
6.000,00 € |
Actividade 1 |
Camariñas |
6.000,00 € |
Actividade 2 |
Arzúa |
6.000,00 € |
Actividade 2 |
Arzúa |
6.000,00 € |
Actividade 1 |
Muxía |
6.000,00 € |
Actividade 1 |
Teo |
6.000,00 € |
|
Muxía |
6.000,00 € |
Actividade 2 |
Bergondo |
4.500,00 € |
Actividade 1 |
Oroso |
4.500,00 € |
|
Porto do Son |
4.500,00 € |
|
Carnota |
4.500,00 € |
|
Bergondo |
4.500,00 € |
Actividade 2 |
Padrón |
4.500,00 € |
|
Lousame |
4.500,00 € |
Actividade 2 |
Miño |
4.500,00 € |
|
Lousame |
3.500,00 € |
Actividade 1 |
Arteixo |
3.500,00 € |
|
Cerceda |
3.500,00 € |
|
Ames |
3.500,00 € |
|
Boqueixón |
3.500,00 € |
|
Trazo |
3.500,00 € |
|
Rois |
3.500,00 € |
|
Mazaricos |
3.500,00 € |
|
Total A Coruña |
106.000,00 € |
Provincia de Lugo.
Concello |
Axuda (€) |
Observacións |
O Vicedo |
3.500,00 € |
|
Paradela |
3.500,00 € |
|
Total Lugo |
7.000,00 € |
Provincia de Ourense.
Concello |
Axuda (€) |
Observacións |
Xinzo de Limia |
6.000,00 € |
|
O Carballiño |
4.500,00 € |
Actividade 1 |
Piñor |
4.500,00 € |
|
Maside |
3.500,00 € |
|
Verín |
3.500,00 € |
|
O Pereiro de Aguiar |
3.500,00 € |
|
Total Ourense |
25.500,00 € |
Provincia de Pontevedra.
Concello |
Axuda (€) |
Observacións |
Valga |
6.000,00 € |
Actividade 2 |
Cambados |
3.773,52 € |
|
O. A. Terra de Sanxenxo |
6.000,00 € |
Actividade 1 |
O. A. Terra de Sanxenxo |
6.000,00 € |
Actividade 2 |
A Illa de Arousa |
6.000,00 € |
|
Pontecesures |
6.000,00 € |
|
Cuntis |
6.000,00 € |
Actividade 2 |
Valga |
6.000,00 € |
Actividade 1 |
Cuntis |
4.500,00 € |
Actividade 1 |
Tomiño |
4.058,88 € |
|
Vila de Cruces |
3.500,00 € |
|
Total Pontevedra |
57.832,40 € |
Total concellos: 196.332,40 €.
Entidades sen ánimo de lucro. Concepto orzamentario 15.05.422H.481.0
Entidade |
Axuda (€) |
Observacións |
R. R. de M.ª Inmaculada |
4.500,00 € |
Actividade 1 |
Cogami |
4.500,00 € |
Actividade de Ferrol |
Fundación Érguete-Integración |
4.500,00 € |
|
R. R. de M.ª Inmaculada |
4.500,00 € |
Actividade 2 |
Aso. Cultural Os Tres Reinos |
4.500,00 € |
|
Aexpa |
4.500,00 € |
|
Cogami |
4.500,00 € |
Actividade de Mos |
Total asociacións |
31.500,00 € |
ANEXO II
Entidades locais con resolución denegatoria por incumprimento
das bases da convocatoria
Concello |
Observacións |
A Laracha |
Art. 4.2 da orde. Non designaron docentes. |
Negreira |
Art. 4. Decreto 193/2011. Non renderon as contas antes do 27 de xaneiro. |
Carral |
Art. 1. A actividade non vai durar 6 meses. Art. 4.2 Non designaron docentes. |
Laxe. Actividade 1 |
Art. 4. Decreto 193/2011. Non renderon as contas antes do 27 de xaneiro. |
Laxe. Actividade 2 |
Art. 4. Decreto 193/2011. Non renderon as contas antes do 27 de xaneiro. |
Santa Comba. Actividade 1 |
Art. 4. Decreto 193/2011. Non renderon as contas antes do 27 de xaneiro. |
Santa Comba. Actividade 2 |
Art. 4. Decreto 193/2011. Non renderon as contas antes do 27 de xaneiro. |
Guitiriz |
Art. 4. Decreto 193/2011. Non renderon as contas antes do 27 de xaneiro. |
O Saviñao |
Art. 1. A Actividade non vai durar 6 meses. |
Porqueira |
Art. 1. A Actividade non vai durar 240 horas (serán 140). |
Coles |
Renunciou. |
O Carballiño. Actividade 2 |
Renunciou. |
O Porriño |
Art. 4.2 da orde. Non designaron docentes. |
A Guarda |
Art. 4.2 da orde. A 26.1.2012 non seleccionara docentes. |
Ponteareas |
Preámbulo e art. 2 da orde. Hai alumnos (17) que non son inmigrantes. |
Cangas |
Art. 4. Decreto 193/2011. Non renderon as contas antes do 27 de xaneiro. Art. 4.2 da orde, non teñen docente nin alumnado. |
Mos |
Art. 4.2 da orde. Non teñen seleccionado nin alumnado nin docente. |
Oia |
Art. 4. Decreto 193/2011. Non renderon as contas antes do 27 de xaneiro. |
Cotobade |
Solicitude presentada fóra de prazo (25.2.2012). |
Moeche |
Presentou a renuncia á subvención concedida o 11.4.2012. |
Entidades locais ás cales non se pode conceder a subvención por non acadar a puntuación mínima (base 7.ª da convocatoria)
Entidade local |
Puntuación |
Rianxo |
35 |
Boiro. Actividade 1 |
27,5 |
Boiro. Actividade 2 |
27 |
Vimianzo |
29 |
Vilasantar |
13 |
Palas de Rei |
24 |
Oímbra |
40 |
Celanova |
36 |
Meis |
34 |
Vilagarcía de Arousa |
25 |
Entidades sen ánimo de lucro con resolución denegatoria
por incumprimento das bases da convocatoria
Entidades sen ánimo de lucro |
Motivo da proposta denegatoria |
Asociación Rexurdir. Actividade 1 |
Art. 1 da orde, a actividade non dura 6 meses. |
Asociación Rexurdir. Actividade 2 |
Renunciou. |
Ecodesarrollo Gaia |
Renunciou. |
Fundación Amigos de Galicia |
Un dos alumnos non é inmigrante. 14 non cumpren a condición de carecer de titulación básica. Artigos 1 e 2 da orde. |
Asociación Sociocultural Abraio |
A súa solicitude entrou fóra de prazo. Non poden solicitar pola aplicación do artigo 4.2 in fine da orde de convocatoria. |
Asociación Empresarial de Valdeorras |
Boa parte do alumnado non é inmigrante. A maioría deles non carece de titulación básica. O proxecto, en principio, non duraba 6 meses. Nun escrito posterior anticipan a data de comezo pero declaran que a selección do alumnado a farán en marzo. |
Asociación ALAR Galicia |
Renunciou. |
Asociación LIMISI |
Non deron resposta a un requirimento e presentaron a renuncia. |
Equus Zebra |
Non poden solicitar pola aplicación do artigo 4.2 in fine da orde de convocatoria. |
Asociación Cultural A Barca de Loimil |
Presentaron a renuncia á subvención que lle fora concedida. |
Asociación do Baixo Miño Vontade |
En xuntanza do 30.3.2012 o Consello Asesor acordou propoñer a súa denegación por incumprimento do artigo 1 da orde: a actividade non dura 6 meses. |
Entidades sen ánimo de lucro ás cales no se pode conceder unha subvención por non acadar a puntuación mínima (base 7.ª da convocatoria)
Entidade |
Puntuación |
Asociación vecinal A Ferveda de Carballo |
23 |
Asociación de Formación e Cultural de Profesionais da Formación |
23 |
Centro Sociocultural de Valadares |
20 |
Motivos da desestimación das alegacións presentadas
Concello |
Motivo da desestimación da alegación |
Concello de Vimianzo |
Respecto da primeira alegación, confírmase a puntuación outorgada polo Consello Asesor. As outras dúas alegacións non teñen carácter xurídico e, por tanto, non poden ser valoradas. |
Concello de Meis |
Confírmase a puntuación do Consello Asesor polo que se refire á primeira alegación e, ademais, o seu contido é contraditorio. A segunda e a terceira alegacións non teñen carácter xurídico e, en consecuencia, non se valoran. |
Concello de O Saviñao |
A alegación dun erro involuntario na data de finalización do curso non pode admitirse neste momento procedemental. |
Concello de Laxe |
(Actividades 1 e 2). A documentación presente no expediente e o certificado que remite a modo de alegación demostran que este concello no cumpriu a obriga de ter presentadas as contas rendidas ante o Consello de Contas con anterioridade ao 27.1.2012. Por outra parte, o seu escrito de alegacións foi presentado fóra de prazo. |
Concello de Santa Comba |
(Actividades 1 e 2). A alegación de que non puideron presentar as contas rendidas por motivos informáticos non se sostén. De ser certo, sería o concello quen debería actuar coa máxima dilixencia para resolver esas deficiencias. |