Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18712

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 8 de maio de 2012 pola que se fixa o prezo de venda ao público dunha publicación editada por esta consellería.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada por esta consellería que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Resolucións emitidas pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) en materia de reposición da legalidade: 18 euros.