Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25459

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura das listas para a contratación temporal de persoal interino da escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de navegación marítima e pesca marítima.

Mediante Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 31 de marzo de 2009 (DOG nº 69, do 13 de abril), dispúxose a elaboración das listas coas persoas interesadas na cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados á escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de navegación marítima e pesca marítima.

Mediante Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 22 de febreiro de 2010 (DOG nº 39, do 26 de febreiro) e de conformidade co disposto no artigo 6 do decreto, acordouse o peche para a incorporación de novas solicitudes en determinadas listas, entre as que se encontraban as correspondentes ás ditas especialidades da escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

Tendo en conta o número actual de integrantes da lista e as previsións de chamamentos para a urxente cobertura de prazas das ditas especialidades da escala, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. A apertura do prazo de presentación de novas solicitudes de incorporación ás listas correspondentes á escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de navegación marítima e pesca marítima.

Segundo. Os/as interesados/as en formar parte das listas deberán presentar a instancia conforme o modelo que se atopa á súa disposición na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe «Listas de contratación», subepígrafe «Xeración de solicitudes».

Terceiro. O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de xullo deste ano.

Cuarto. As instancias dirixiranse á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e presentaranse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais, así como nos demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

Quinto. Contra esta resolución, de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ao 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as/os interesadas/os poderán interpor recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública