Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25457

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria no primeiro cuadrimestre do ano 2012 e a un convenio correspondente ao segundo cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Artigo único.

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria no primeiro cuadrimestre do ano 2012 e a un convenio correspondente ao segundo cuadrimestre do ano 2011, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Vicepresidente do Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data sinatura

Achega total do Ingacal

Ingacal, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña

Convenio de cooperación educativa para a colaboración no Máster en Biotecnoloxía Avanzada

16.6.2011

Sen obriga económica

Ingacal e Núter Feed SAU

Estudos sobre materias primas alternativas en nutrición animal, EMANA

16.2.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Universidade de Santiago de Compostela

Realización de prácticas externas dos estudantes da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela

27.2.2012

Sen obriga económica

Ingacal e a Facultade de Ciencias de Ourense

Realización dunha tese de doutoramento

9.4.2012

Sen obriga económica

Ingacal e a EGAP

Desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

24.1.2012

Sen obriga económica

Ingacal e Institut National de la Recherche Agronomique (INRA)

Acordo de transferencia de material biolóxico para o desenvolvemento do proxecto AMAZING

11.4.2012

Sen obriga económica

Ingacal e Delley Samen und Pflanzen AG

Acordo de transferencia de material biolóxico para o desenvolvemento do proxecto EURoot: mellora da captación de recursos das raíces baixo estrés nos cultivos de cereais

3.4.2012

Sen obriga económica

Ingacal e Technische Universität Munchen

Acordo de transferencia de material biolóxico para a doazón de liñas puras de millo EC169, EC49A (desenvolvemento do proxecto CornFed: Integración do fenotipado para identificar alelos para constituír ideotipos europeos do millo)

1.3.2012

Sen obriga económica