Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27438

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 2 de xullo de 2012 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil.

O 12 de xaneiro de 2012 foi publicada no DOG número 8 a Orde do 30 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil.

Para dar atención a outras demandas no ámbito das emerxencias e protección civil, é preciso efectuar unha minoración nos créditos iniciais asignados a esta convocatoria de axudas.

A mencionada Orde do 30 de decembro de 2011 establece que esta estará sometida ao regulado no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao regulado na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

Así mesmo, regula que a concesión das subvencións quedará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión.

En virtude do exposto e de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba seu o regulamento, así como os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron conferidas

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase a redacción do artigo 3 da Orde do 30 de decembro de 2011, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil, quedando redactado como segue:

«Artigo 3. Crédito

Para a consecución do obxectivo a que se refire esta orde, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza destinará ata un límite de 340.000 €, con cargo á partida orzamentaria 05.05.212A.481.0, correspondentes aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, ...».

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2012

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza