Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2012 Páx. 28347

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (78/2010).

María Blanco Aquino, secretaria do Social número 2 da Coruña fago saber que no proceso seguido por instancia de Alfredo Pose Doldán, Manuel Amado Allo, Fernando Suárez Moreira contra Cuadernas y Arcos, S.L., administrador concursal de Cuadernas y Arcos, S.L., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 78/2010, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Asunto 78/2010.

Na cidade da Coruña, 22 de xuño de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Manuel Amado Allo, Fernando Suárez Moreira e Alfredo Pose Doldán, que comparece representado pola letrada Sra. Capeáns Amenedo, contra a empresa Cuadernas y Arcos, S.L., administrador concursal de Cuadernas y Arcos, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou o seguinte:

Decido que, estimando a demanda interposta por Manuel Amado Allo, Fernando Suárez Moreira e Alfredo Pose Doldán contra a empresa Cuadernas y Arcos, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de dez mil cincocentos setenta e catro euros e quince céntimos (10.574,15 €) ao Sr. Amado, seis mil trinta euros e noventa céntimos (6.030,90 €) ao Sr. Suárez e cinco mil novecentos sesenta e un euros e vinte e catro céntimos (5.961,24 €) ao Sr. Pose, incrementada co xuro por mora do 10%.

Así mesmo, absolvo o administrador concursal de Cuadernas y Arcos, S.L. e ao Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo das súas respectivas responsabilidades nos casos previstos na Lei concursal e no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; e poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Cuadernas y Arcos, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de xuño de 2012

A secretaria xudicial