Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 16 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro de bolsas para a realización de estudos universitarios, intercambio universitario e de formación profesional reguladas na Resolución do 4 de xuño de 2010 (DOG núm. 109, do 10 de xuño), relativo ao expediente EM PR: bolsas 20/2010.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle a María Liliana Peralta Basalo o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o seu dereito a realizar as alegacións e presentar a documentación que considere oportuna, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que corresponda respecto ao reintegro da axuda concedida.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta secretaría xeral, sitas na rúa Os Basquiños, 2, en Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2012

J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Nº de expediente: EM PR: bolsas 20/2010.

Nome: María Liliana Peralta Basalo.

Último enderezo coñecido: avda. do Exército, portal 21, apartamento 6º A, A Coruña.

Tipo de axuda: bolsa para estudos de FP grao superior.

Contido do acordo: inicio do procedemento de reintegro de axudas.