Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30363

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (739/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fai saber que neste procedemento se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución se reproducen integramente e son como segue:

Sentenza.

A Coruña, 19 de xuño de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 739/2009, en que foi demandante María Elena Solares Seijas, representada polo letrado Sr. Pena Díaz, e demandada a empresa ETS Servicios Externos, S.L. da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación da Sra. Abajo Lera.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por María Elena Solares Seijas contra ETS Servicios Externos, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a María Elena Solares Seijas a cantidade de 1.616,05 euros que lle debe. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino. Ana Rodríguez Piorno. Asinado.

Así mesmo, ditouse auto de aclaración, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Auto.

A Coruña, 9 de xullo de 2012.

Antecedentes de feito.

Único. O día 19 de xuño do ano en curso ditouse sentenza no presente procedemento.

Apreciado erro no número de autos consignado na resolución de referencia, cómpre corrixilo. E...

Parte dispositiva.

Debo acordar e acordo a aclaración da sentenza do 13 de xaneiro de 2012, ditada neste procedemento, no sentido seguinte:

Que no seu encabezamento se substitúa a referencia aos autos 739/2009 pola referencia aos autos 739/2010, e se manteña inalterado o resto do seu contido.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo. Ana Rodríguez Piorno. Asinado. Ante min. Marta Yanguas del Valle. Asinado.

E para que lle sirva de notificación a ETS Servicios Externos, S.L. en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de xullo de 2012

A secretaria xudicial