O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de xuño de 2012, acordou, por unanimidade, aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello de Caldas de Reis, por acordo do Pleno de data 27 de outubro de 2011 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de depuración de augas residuais do Concello de Caldas de Reis.
A citada delegación será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL).
O que se fai público para xeral coñecemento.
Pontevedra, 5 de xullo de 2012
Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra

