Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2012 Páx. 35350

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 142, do 26 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 30 de agosto de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de novembro de 2011, modificada pola Orde do 18 de xuño de 2012, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Convocar, de conformidade co disposto nas bases II.1.1.4 e II.1.2.6 da convocatoria, os aspirantes que a continuación se relacionan ao non acreditaren en prazo que posúen o Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG número 146, do 30 de xullo), á realización do cuarto exercicio da fase de oposición que terá lugar o día once (11) de setembro de 2012, na sala D da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza sita no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 17.00 horas:

DNI

Apelidos e nome

44479359-G

González Fernández, Elena

33302681-S

Torres Eiros, María Salomé

Segundo. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2012

María Antonia Arias Bouzas
Presidenta do tribunal