Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2012 Páx. 35353

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (330/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial en funcións de substitución do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 330/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lourdes Santamaría Fernández contra a empresa Rosas y Grelos, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Na Coruña o tres de agosto de dous mil doce.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 330/2012 seguidos por instancia de Lourdes Santamaría Fernández representada polo letrado Antonio Pousa Merens, contra a mercantil Rosas y Grelos, S.L., que non comparece, sobre despedimento.

Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda en materia de despedimento e debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento de que o demandante foi obxecto o 1 de marzo de 2012 e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes ao cesar na súa actividade a demandada, desde a data da presente resolución, e condeno a entidade Rosas y Grelos, S.L. á indemnización por despedimento, ademais do aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución.

Condeno, así mesmo, a empresa aboar á demandante a cantidade debida na data de despedimento de 7.106,53 euros como liquidación das cantidades debidas, máis o 10 % desta cantidade por demora no pagamento desta.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0330.12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0330.12 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rosas y Grelos, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de agosto de 2012

A secretaria xudicial