Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35781

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2012 pola que se adxudica unha bolsa de formación en competencias técnicas vinculadas a sistemas de xestión da teleformación.

A Escola Galega de Administración Pública convocou por Resolución do 21 de maio de 2012 (DOG núm. 103, do 31 de maio) unha bolsa de formación en competencias técnicas vinculadas a sistemas de xestión da teleformación.

A comisión de valoración para a adxudicación desta bolsa, na súa reunión do 7 de agosto de 2012, baremou definitivamente todas as solicitudes e propuxo a adxudicación en favor do candidato que obtivo maior puntuación.

De conformidade coas competencias que me recoñece a normativa vixente e á vista da proposta da comisión de valoración,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgarlle a dita bolsa ao candidato Sergio Facal Fariña, que obtivo a maior puntuación (25,30 puntos).

Segundo. Que se notifique esta resolución ao candidato para que no prazo de dez días, contados a partir da recepción da notificación comunique á Escola Galega de Administración Pública a súa aceptación ou a súa renuncia á bolsa. Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa por parte do beneficiario, entenderase tacitamente aceptada, segundo o establecido no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. No prazo de cinco días contados desde a aceptación expresa da bolsa ou do transcurso do prazo para entendela tacitamente aceptada, o candidato seleccionado deberá incorporarse para o desempeño da bolsa na EGAP. No caso de que o beneficiario non se incorporase neste prazo, ou que renunciase expresamente, perderá os dereitos inherentes á bolsa (base décima).

Contra esta resolución poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición perante a directora da EGAP, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución nos termos dos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, de conformidade co establecido no artigo 46.4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (base novena).

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2012

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública