Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2012 Páx. 35954

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 13 de setembro de 2012 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

A formación profesional para o emprego ten entre as súas finalidades proporcionarlles ás persoas traballadoras, especialmente ás ocupadas, a formación que poidan necesitar ao longo da súa vida laboral, co fin de que obteñan os coñecementos e prácticas adecuados aos requirimentos que en cada momento precisen as empresas, e permita compatibilizar a súa maior concorrencia coa mellora da capacitación profesional e promoción individual do traballador.

Constitúen principios xerais da formación dirixida a persoas traballadoras ocupadas: o protagonismo dos axentes sociais no seu desenvolvemento; a unidade de mercado de traballo e a liberdade de circulación dos traballadores e traballadoras no desenvolvemento das accións formativas, tanto dentro do territorio español como no ámbito da Unión Europea; a consideración desta formación como instrumento esencial para garantir a formación ao longo da vida.

O Regulamento (CE) nº 1081/2006, do 5 de xullo, do Parlamento Europeo e do Consello, modificado polo Regulamento (CE) nº 396/2009, do 6 de maio do 2009, sinala que o Fondo apoiará, entre outras, as accións nos Estados membros encamiñadas a facilitar o acceso ao emprego e a inserción no mercado de traballo, as políticas de fomento e mellora da formación profesional e da formación en xeral.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, establece que a aprendizaxe permanente é un elemento esencial na sociedade do coñecemento. Inclúe esta lei dentro do ámbito da formación profesional, entre outras ensinanzas, as orientadas á formación dos traballadores/as ocupados nas empresas, que permitan a adquisición e actualización permanente das competencias profesionais.

O Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, modificado polo Real decreto lei 3/2012, do 10 de febreiro, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego ten como obxecto ofrecer aos traballadores, tanto ocupados como desempregados, unha formación axustada ás necesidades do mercado de traballo e que atenda aos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas e ás aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal dos traballadores, de forma que os capacite para o desempeño cualificado das distintas profesións e para o acceso ao emprego. Entre as iniciativas que recolle o citado real decreto, figuran os plans de formación dirixidos prioritariamente a traballadores ocupados, que se regulan nesta orde de convocatoria.

De conformidade co dito real decreto os servizos públicos de emprego das comunidades autónomas deberán especificar en cada convocatoria as acciones formativas que teñan carácter prioritario, sen prexuízo das sinaladas polas comisiones paritarias sectoriais. As acciones formativas prioritarias deben tratar de anticipar a formación ao novo modelo produtivo, apostando polos sectores máis innovadores.

A Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, modificada parcialmente pola Orde ESS/1727/2012, do 2 de agosto, desenvolve a formación de oferta co obxectivo de integrar e dar un tratamento coherente e unitario a toda a formación de oferta dirixida ao conxunto dos traballadores, ocupados e desempregados, e regula as bases que deben rexer a concesión de subvencións públicas destinadas a financiar a dita formación polas diferentes administracións públicas no seu ámbito de xestión.

O II Plan galego de formación profesional defínese basicamente como un plan que concibe integralmente a política de cualificacións e da formación profesional. Este carácter integral implica, en canto aos fins, seguir avanzando cara á constitución dun sistema de formación profesional integrado en Galicia e supón tamén considerar como beneficiario deste plan o conxunto da poboación activa. Para acadar estes obxectivos, o plan articúlase a través de catro liñas estratéxicas de actuación que inciden na integración dos sistemas de cualificacións e formación profesional, no óptimo aproveitamento dos recursos e da xestión, na calidade e innovación e na promoción da aprendizaxe permanente ao longo da vida.

O Acordo galego de formación profesional continua asinado o 29 de marzo de 2004 entre a Xunta de Galicia e os axentes sociais máis representativos de Galicia, ten como un dos seus obxectivos principais a mellora da competencia profesional e a actualización dos coñecementos e capacidades dos traballadores e traballadoras, segundo as necesidades de evolución do seu emprego como consecuencia dos cambios tecnolóxicos e organizativos dos procesos de produción.

O Acordo do diálogo social en Galicia asinado o 30 de xullo de 2010 recolle que nun contexto como o da actual situación económica, as distintas políticas activas de emprego, en xeral, e a formación, en particular, son unha prioridade para as administracións públicas, constituíndo a formación para o emprego un instrumento insubstituíble para mellorar a cualificación e a empregabilidade dos traballadores e a competitividade das empresas.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece no seu artigo 5.2. que a concesión de axudas e subvencións se axustará aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, aos cales se axusta esta disposición.

A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, regula os requisitos de concesión e xustificación das subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos que teñen carácter básico, polo que son de aplicación á normativa nesta comunidade autónoma, e consecuentemente, a esta orde de convocatoria.

A Orde TIN 2965/2008, do 14 de outubro, modificada pola Orde TIN 788/2009, determina os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2007-2013.

O Decreto 7/2005, do 13 de xaneiro, crea e regula o funcionamento da Comisión Galega de Formación Profesional Continua, co obxecto de poñer en funcionamento a formación profesional continua en Galicia dentro do novo ámbito competencial e de xestión.

O financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria elévase a 6.500.000,00 € e farase con cargo aos créditos dos programas 12.05.323b.481.0, (4.246.592,76 € que figuran nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2012 e 1.253.407,24 € para o ano 2013) e en cargo aos créditos do programa 12.05.323b.471.0, (700.000,00 € que figuran nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2012 e 300.000,00 € para o ano 2013), rexistrados co código de proxecto 2009.01009. Este importe será obxecto de cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

As axudas previstas na presente orde estarán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) de acordo coas disposicións xerais establecidas no Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello do 11 de xullo de 2006 e pola Administración xeral do Estado, e están incluídas no programa operativo plurirrexional Adaptabilidade e emprego número 2007ESO5UPO001, imputables ao novo período de programación dos fondos estruturais 2007-2013.

Na súa virtude, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais e a Comisión Galega de Formación Profesional Continua, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Capítulo I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

Esta orde ten por obxecto a aprobación da convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico.

Artigo 2. Finalidade e principios que rexen a concesión das subvencións

1. As subvencións que se concedan ao amparo desta convocatoria terán como finalidade financiar os plans de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, que ofrezan unha formación axustada ás necesidades do mercado de traballo que atenda aos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas e as aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal dos traballadores.

2. A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade.

Artigo 3. Prazo de execución dos plans de formación

Os plans de formación poderán executarse desde o día 1 de setembro de 2012 ata o 31 de agosto de 2013 e deberán estar xustificados todos os gastos no prazo dun mes desde o seu remate. As accións vinculadas aos certificados de profesionalidade só poderán executarse a partir da notificación da resolución de concesión da subvención, e deberán estar xustificados todos os gastos no prazo dun mes desde o seu remate.

En calquera caso, todos os gastos correspondentes ao exercicio 2012 deberán xustificarse antes do 30 de decembro de 2012. Naquelas accións que rematen no ano 2012, os gastos deberán xustificarse antes do día 30 de decembro de 2012.

Artigo 4. Accións formativas

1. Para os efectos desta norma enténdese por acción formativa a dirixida á adquisición de competencias profesionais, teóricas e/ou prácticas, estruturadas nunha unidade pedagóxica con obxectivos, contidos, duración e metodoloxía propia. A acción formativa está constituída polo contido específico e os módulos transversais. Unha acción formativa poderá impartirse a un ou varios grupos, segundo o número de veces que se repita a dita acción.

As accións formativas non poderán ter unha duración inferior a 10 horas nin superior a 270 horas, salvo autorización expresa da persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación por causas debidamente xustificadas.

A participación da persoa traballadora en accións formativas de formación para o emprego non será superior a 8 horas diarias, calquera que sexa a modalidade de impartición.

2. Segundo o artigo 33 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, na totalidade das actividades formativas de formación profesional para o emprego ou de inserción laboral activa financiadas pola Consellería de Traballo e Benestar introducirase un módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, dos incluídos na relación anexa, cunha duración de cinco horas nas accións formativas de duración menor ou igual a cincuenta horas e de dez horas nas accións formativas de duración superior a cincuenta horas. O alumnado deberá realizar este módulo agás que acredite documentalmente estar en posesión dun diploma oficial que acredite formación en materia de igualdade, de duración igual ou superior ás horas que debe realizar.

Código

Descrición

Horas

FCOXXX11

Formación para a igualdade

5

FCOXXX15

Formación para a igualdade

10

(A documentación de referencia destes módulos poderá consultarse en:

http://traballoebenestar.xunta.es/formacionparaoemprego/modulostransversais)

3. Coa finalidade de seguir as recomendacións do Fondo Social Europeo sobre módulos transversais, poderanse financiar dentro das accións formativas módulos de sensibilización ambiental e alfabetización informática: internet, que estean dentro da relación anexa.

Código

Descrición

Horas

FCOA02

Sensibilización ambiental

9

FCOI01

Alfabetización informática: internet

10

(A documentación de referencia destes módulos poderase consultar en

http://traballoebenestar.xunta.es/formacionparaoemprego/modulostransversais)

4. O alumnado que teña xa cursado algún destes módulos da Dirección Xeral de Formación e Colocación, non o poderá volver realizar.

5. Os módulos transversais deberán impartirse ao final da acción formativa salvo que debido a circunstancias excepcionais debidamente xustificadas o autorice previamente a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

6. As modalidades de impartición poderán ser as seguintes:

– Presenciais.

– Teleformación.

– Mixtas.

Cando a formación se desenvolva en todo ou en parte mediante teleformación, esta modalidade de impartición deberá realizarse a través dunha plataforma virtual de aprendizaxe que asegure a xestión dos contidos, un proceso de aprendizaxe sistematizada para os participantes e o seguimento e avaliación destes. A impartición deberá contar cunha metodoloxía apropiada para esta modalidade, complementada con asistencia titorial, e deberá cumprir os requisitos de accesibilidade e deseño que estableza administración competente na regulación dos certificados de profesionalidade. Os titores-formadores que impartan formación na modalidade de teleformación deberán contar con formación ou experiencia acreditadas nesta modalidade. No caso de formación vinculada a certificados de profesionalidade, ademais deberán cumprir as prescricións específicas que se establecen para cada certificado de profesionalidade.

A modalidade de teleformación entenderase aplicada cando o proceso de aprendizaxe das accións formativas se desenvolva co apoio de tecnoloxías de información e comunicación.

As accións formativas de teleformación que inclúan probas presenciais non se considerarán modalidade mixta. O alumnado que asista a estas probas presenciais deberá estar cuberto polos seguros previstos no artigo 24.9.

As accións formativas presenciais poderán organizarse en grupos cun mínimo de 8 participantes e cun máximo de 25 participantes, salvo autorización expresa da persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación, logo de petición da entidade impartidora, naquelas accións formativas en que participen como docentes profesionais de alto prestixio e que por motivos de economía sexa conveniente agrupar o alumnado en grupos máis numerosos.

As accións de formación desenvolvidas na modalidade de teleformación terán un mínimo de oito alumnos e disporase, como mínimo, dunha titora ou titor por cada 80 participantes.

Nas accións mixtas respectaranse os citados límites, segundo a respectiva modalidade formativa.

En todo caso, no anexo II da solicitude deberá especificarse expresamente a modalidade pola que optan e, se é mixta, indicarán as horas de cada unha delas.

As accións formativas en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade, poderán organizarse en grupos cun mínimo de 10 participantes e co número máximo de participantes para os que foi acreditado o centro onde se imparta.

En todas as modalidades de impartición se deberán incluír evidencias necesarias para comprobar que o alumnado recibe a formación impartida.

En todas as modalidades se programará un control mínimo por módulo formativo. Na modalidade de teleformación programarase como mínimo un control periódico de aprendizaxe cada 15 horas de formación ou fracción, entendendo como fracción cada unidade inferior ou igual a 15 horas. Na formación mixta deberán realizarse os controis exixidos para cada unha das modalidades que a compoñan. No mesmo control non se poderán avaliar contidos correspondentes a módulos distintos.

Artigo 5. Participación das persoas traballadoras

1. Poderán solicitar a súa participación nos plans de formación aprobados nesta convocatoria, ante as entidades beneficiarias, os seguintes colectivos:

a) As persoas traballadoras asalariadas que prestan os seus servizos en empresas privadas ou entidades públicas empresariais e cotizan á Seguridade Social en concepto de formación profesional.

b) As persoas traballadoras que se encontren nalgunha das seguintes situacións:

Persoas traballadoras fixas descontinuas nos períodos de non ocupación.

Persoas traballadoras que accedan a situación de desemprego cando se encontren en período formativo.

Persoas traballadoras acollidas a regulación de emprego nos períodos de suspensión de emprego por expediente autorizado.

c) As persoas traballadoras incluídas no réxime especial de autónomos, do mar e outros de seguridade social que non coticen pola continxencia de formación profesional.

d) As persoas socias traballadoras e de traballo das cooperativas, sociedades laborais e entidades da economía social.

e) O persoal ao servizo das administracións públicas só poderá participar nos plans de formación intersectoriais previstos nesta orde, cun límite máximo dun 10 % do total de participantes de cada plan.

f) As persoas traballadoras desempregadas, cun límite máximo dun 40 % do total de participantes de cada plan. A participación das persoas traballadoras desempregadas nos plans de formación deberá ser como mínimo dun 20 %. Neste caso as persoas traballadoras desempregadas poderán ser beneficiarias das bolsas e axudas previstas no artigo 8 desta orde.

Considerarase que a persoa participante está ocupada ou desempregada en función da situación laboral que teña o día en que inicie a acción formativa.

g) As persoas coidadoras non profesionais poderán participar na formación de oferta sectorial de referencia nos ámbitos de servizos de atención ás persoas dependentes e desenvolvemento da promoción da autonomía persoal, centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, acción e intervención social e sanidade.

2. Colectivos prioritarios:

1. Coa finalidade de garantir o acceso aos traballadores e ás traballadoras con maior dificultade de inserción ou de mantemento no mercado de traballo, deberán ter prioridade para participar no plan formativo, os traballadores e as traballadoras ocupados pertencentes aos seguintes colectivos: as persoas traballadoras de pequenas e medianas empresas, mulleres, afectados e vítimas do terrorismo e da violencia de xénero, maiores de 45 anos, as persoas traballadoras con baixa cualificación e persoas con discapacidade.

2. A taxa de participación de mulleres no conxunto de cada plan formativo deberá ser, sempre que sexa posible pola demanda das mulleres en cada plan formativo, de polo menos 5 puntos porcentuais superior á taxa xeral de ocupación feminina no correspondente ámbito territorial sempre que esa taxa sexa inferior ao 50 % e aplicarase unha porcentaxe inferior se con ela se chega ao 50 %.

3. Para os efectos desta orde, terán a consideración de pequenas e medianas empresas (pemes), as que empreguen menos de 250 persoas, cun volume de negocio anual que non exceda dos 50 millóns de euros ou cun balance xeral anual que non exceda dos 43 millóns de euros e que cumpran o criterio de independencia. Consideraranse empresas independentes aquelas en que o 25 por cento ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenzan a outra empresa, ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de peme.

Artigo 6. Selección de alumnado

A selección do alumnado participante nas accións formativas será realizada pola entidade adxudicataria entre as persoas traballadoras que soliciten a súa participación en cada acción formativa. As solicitudes de participación deberán ser custodiadas polas entidades beneficiarias das subvencións e estar á disposición dos órganos de control.

A selección das persoas traballadoras que van participar no plan de formación realizarase atendendo ás prioridades do plan de formación e a criterios de igualdade e de obxectividade, e en todo caso, tendo en conta a seguinte orden de prelación:

Primeiro. Persoas traballadoras ocupadas pertencentes aos colectivos prioritarios.

Segundo. Persoas traballadoras ocupadas pertencentes a colectivos non prioritarios.

Terceiro. Persoas traballadoras desempregadas.

No caso de formación conducente á obtención dun certificado de profesionalidade ou de acreditacións parciais, corresponderalle á entidade beneficiaria comprobar os requisitos de acceso do alumnado aos módulos formativos que se determinen nos correspondentes certificados de profesionalidade.

As entidades beneficiarias poderán realizar convocatoria pública, que deberá publicarse, como mínimo, nun dos xornais de maior tiraxe da comunidade autónoma. No anuncio en prensa, os logotipos deberán figurar coa seguinte distribución: na parte superior esquerda o da Xunta de Galicia, na parte superior dereita o da Unión Europea (Fondo Social Europeo), e na parte inferior dereita o do centro impartidor.

As entidades beneficiarias poderán incorporar alumnado dentro do seu primeiro cuarto. Se se trata de accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade unicamente se poderá incorporar alumnado durante os primeiros 5 días lectivos desde o inicio da acción formativa, sempre que non se superase o primeiro cuarto.

Se durante a impartición dunha acción formativa sobrevén unha redución do alumnado, sen que se poidan dar novas altas, nunha cantidade superior ao 50 % do número programado, a entidade beneficiaria poderá solicitar á Consellería de Traballo e Benestar a súa suspensión. No caso de suspensión, a entidade terá dereito a unha indemnización, que será proposta pola comisión de valoración e aprobada pola persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar, calculada de acordo co principio de proporcionalidade, que nunca será superior aos gastos efectivamente xustificados.

Sempre que non se supere o número máximo de alumnas e alumnos por acción formativa establecido no artigo 4.6 desta orde, poderán asistir a unha acción formativa un número maior de alumnado que o inicialmente aprobado. O incremento de alumnado non supoñerá incremento da contía económica inicialmente prevista para cada acción.

Aqueles alumnos e alumnas que realizasen unha acción formativa e teñan dereito a diploma, non poderán volver realizar a mesma acción formativa.

Artigo 7. Dereitos e deberes do alumnado

1. A formación será gratuíta en todo caso para todo o alumnado das accións formativas incluídas nesta orde.

2. Terán a obriga de realizar e seguir con aproveitamento as accións formativas, e de facilitar a documentación que lles sexa solicitada pola entidade beneficiaria. Na modalidade presencial, no caso de que as faltas de asistencia dalgún alumno ou alumna superen o 25 % das horas lectivas, deberá ser dado/a de baixa na acción formativa. Na modalidade de teleformación ou na parte correspondente a esta modalidade na formación mixta serán dados de baixa cando o alumno ou alumna non realicen o 75 % das avaliacións.

3. Para ter dereito a diploma o alumnado deberá cumprir os seguintes requisitos:

• Modalidade presencial: asitir e superar con aproveitamento o 75 % da acción formativa e o 75 % do módulo de igualdade, agás que estea exento da súa realización.

• Modalidade de teleformación: superar con aproveitamento o 75 % das avaliacións da parte da acción formativa e o 75 % do módulo de igualdade, agás que estea exento da súa realización.

• Modalidade mixta, superar o 75 % das avaliacións non presenciais da acción formativa. Superar o 75 % do módulo de igualdade, agás que estea exento da súa realización, na modalidade en que se imparta. Na parte presencial da acción formativa deberá asistir e superar con aproveitamento o 75 %. No caso de que o número de sesións presenciais sexa menor de catro, a porcentaxe de asistencia obrigada reducirase para permitir unha única falta de asistencia (66 % se hai tres sesións ou 50 % se hai dúas). En calquera caso, nun curso mixto o alumnado deberá asistir polo menos a unha sesión presencial.

• A Dirección Xeral de Formación e Colocación determinará o modelo do diploma e nel deberá constar:

a) Nome, apelidos e DNI da alumna ou alumno.

b) Denominación da acción formativa.

c) Horas de impartición con especificación das horas presenciais ou de teleformación, se é o caso.

d) Lugar e datas de realización.

e) Programa da acción formativa extractado por módulos.

f) Logotipo da Xunta de Galicia e da Unión Europea (FSE).

g) Módulo de igualdade, agás que estea exento.

4. O alumnado que non teña dereito a diploma recibirá, se o solicita, unha certificación polas horas e módulos que realizase.

5. Cando a formación que se vai impartir conduza á obtención dun certificado de profesionalidade ou de acreditacións parciais, teranse en conta os módulos formativos e requisitos que se determinen nos correspondentes certificados, aprobados en desenvolvemento da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño.

Esta formación certificarase nos termos establecidos na citada lei e na súa normativa de desenvolvemento, e sempre que se cumpran estritamente os requisitos de alumnado, profesorado, instalacións e avaliación recollidos no reais decretos que regulan as correspondentes certificacións.

Artigo 8. Bolsas e axudas

1. Para ter dereito a calquera das bolsas e axudas reguladas neste artigo será requisito imprescindible que a acción formativa teña unha duración igual ou superior a catro horas diarias e vinte semanais.

Estas axudas só se percibirán cando os traballadores desempregados deban trasladarse ás sesións formativas.

2. Terán dereito ás axudas os/as alumnos/as que teñan a condición de desempregados, inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, na data de inicio do curso.

No suposto de que a situación de desemprego teña lugar con posterioridade ao inicio do curso, terán dereito a percibir as axudas a partir do primeiro día do mes seguinte ao que teña lugar esta situación.

No suposto de que o/a alumno/a desempregado/a adquira a condición de ocupado/a durante a realización do curso, deixará de percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte ao que teña lugar esta situación.

3. O prazo para a solicitude das bolsas é de dez días naturais desde a incorporación do alumno/a á acción formativa ou desde que teña lugar a nova situación que dea dereito a ela. A non formalización en tempo e forma desta solicitude dará lugar á perda do dereito á axuda.

4. As axudas reguladas no presente artigo son todas compatibles entre si.

5. O alumnado terá dereito a percibir as seguintes bolsas e axudas:

5.1. Poderán percibir unha bolsa consistente no 75 % do importe do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) diario por día de asistencia, os/as alumnos/as con discapacidade e aqueles demandantes que participen nunha acción formativa vinculada á realización de actividades de mellora da empregabilidade incluídas no seu itinerario de inserción, sempre que non se negasen a participar en actividades contempladas no seu IPI, segundo certificación da oficina de emprego.

Só poderá cobrarse unha axuda por este concepto, con independencia de que o/a alumno/a pertenza aos dous colectivos.

No suposto de que o recoñecemento da discapacidade teña lugar con posterioridade ao inicio da acción formativa, terán dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte ao que teña lugar este recoñecemento, tendo que realizar a solicitude da axuda no prazo de dez días naturais desde que ese recoñecemento tivo lugar.

Para ter dereito a esta bolsa, os/as alumnos/as deberán acreditar documentalmente que carecen de rendas de calquera clase iguais ou superiores ao 75 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM). Entenderase cumprido este requisito sempre que a suma das rendas de todos os integrantes da unidade familiar, incluído o solicitante, dividida polo número de membros que a compoñen sexa inferior ao 75 % do IPREM.

Entenderase por unidade familiar: en caso de matrimonio o pai, a nai e os fillos menores de 18 anos, con excepción dos que con consentimento dos seus pais vivan independentes deles, ou os maiores incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada. En defecto de matrimonio ou en supostos de separación legal, o pai ou nai e a totalidade dos fillos que convivan con un ou outro e reúnan os requisitos sinalados no parágrafo anterior. Deberá achegarse certificado de convivencia ou, no seu defecto, de empadroamento e copia do libro de familia. Para os estranxeiros que non teñan libro de familia, calquera documentación que acredite de forma suficiente o parentesco.

As rendas calcularanse tendo en conta o seguinte:

• Para os traballadores por conta allea:

– Tomaranse os ingresos brutos do mes anterior ao inicio do curso ou do mes anterior a que se produza o feito causante que dea dereito á axuda, segundo o caso.

– As pagas extraordinarias rateranse mensualmente.

– As horas extraordinarias correspondentes a ese mes computaranse na súa totalidade.

– As axudas de custo non se terán en conta (agás naqueles casos en que o seu volume e periodicidade mostren que se trate dunha forma habitual de pagamento dunha parte do salario).

• Para os autónomos:

– Tomaranse os ingresos netos do trimestre anterior ao inicio do curso ou do trimestre anterior a que se produza o feito causante que dea dereito á axuda, segundo o caso.

– Raterase o importe mensualmente, para obter as rendas mensuais.

Para estes efectos, computarase como renda o importe dos salarios sociais, as rendas mínimas de inserción ou as axudas análogas de asistencia social concedidas pola Comunidade Autónoma, así como o importe das prestacións do Servizo Público de Emprego estatal. Tamén terán a consideración de renda os ingresos correspondentes a rendementos patrimoniais, pensións e calquera outro tipo de ingresos percibidos.

A variación de rendas non se considerará circunstancia sobrevida para os efectos de xerar dereito á percepción das axudas.

5.2. Axudas de transporte:

1. Transporte público urbano: os/as alumnos/as que utilicen a rede de transportes públicos urbanos para asistir á formación terán dereito a percibir unha axuda consistente en 1,5 € por alumno/a por día de asistencia. Para ter dereito á súa percepción deberán facer unha declaración xurada de que utilizan o transporte público urbano para asistir ao curso.

2. Transporte público interurbano: o alumnado que resida nun concello distinto ao da impartición do acción formativa terá dereito a percibir unha axuda consistente en 6 € por alumno/a por día de asistencia. Para ter dereito á súa percepción deberán facer unha declaración xurada de que utilizan o transporte público interurbano para asistir á acción formativa, xunto cunha certificación municipal de residencia.

5.3. Axudas á conciliación: as axudas previstas neste parágrafo teñen por obxecto permitir ás persoas desempregadas conciliar a súa asistencia á formación co coidado de fillos menores de 6 anos ou de familiares dependentes ata o segundo grao, sempre que ao inicio da acción formativa cumpran os requisitos seguintes:

– Non ter rexeitado ofertas de traballo axeitadas nin terse negado a participar en actividades de promoción, formación ou reconversión profesional no ano anterior ao inicio da acción formativa.

– Carecer de rendas de calquera clase superiores ao 75 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM). Entenderase cumprido este requisito sempre que a suma das rendas de todos os integrantes da unidade familiar, incluído o solicitante, dividida polo número de membros que a compoñen non supere o 75 % do IPREM.

No relativo á determinación da unidade familiar e das rendas, terase en conta o disposto no punto 5.1.

No suposto de que o suxeito causante da axuda sexa un familiar ata segundo grao, este entenderase incluído na unidade familiar para o cómputo de rendas.

No suposto de que o fillo naza ou se acredite a dependencia con posterioridade ao inicio da acción formativa, terán dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que esta teña lugar.

A dependencia acreditarase a través de certificado da dependencia emitido polo órgano competente da Xunta de Galicia ou por resolución xudicial.

A contía da axuda á conciliación será do 75 % do importe do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) diario por día de asistencia.

5.4. Axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Durante o tempo de participación nunha acción formativa, as mulleres vítimas de violencia de xénero terán dereito a percibir unha bolsa de 10 euros por día de asistencia.

Esta axuda deberá ser solicitada directamente pola alumna na oficina de emprego que lle corresponda. No caso das mulleres vítimas de violencia de xénero que solicitasen confidencialidade dos seus datos, a axuda deberá solicitarse a través do seu titor.

A axuda para as mulleres vítimas de violencia de xénero será compatible co resto das axudas ao alumnado previstas nesta orde.

Para aquelas axudas en que se establezan límites de rendas da unidade familiar para a súa percepción, quedan excluídos do cómputo das rendas os ingresos do agresor.

5.5. Os/as alumnos/as deberán comunicar calquera cambio que afecte as circunstancias que deron lugar ao recoñecemento das distintas axudas reguladas no presente artigo.

Capítulo II
Plans de formación e entidades solicitantes

Artigo 9. Plans de formación

a) Plans de formación intersectoriais, dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, integrados por accións formativas dirixidas á aprendizaxe de competencias transversais a varios sectores da actividades económica ou de competencias específicas dun sector para a reciclaxe e recualificación de traballadores/as doutros sectores, incluída a formación dirixida á capacitación para a realización de funcións propias da representación legal dos/as traballadores/as. Cada plan formativo deberá incorporar un mínimo do 10 % para accións formativas relacionadas coas novas tecnoloxías e/ou un mínimo do 10 % para formación en especialidades industriais. Ambas as porcentaxes deberán identificarse en cada plan de formación, e deberán vir identificadas na memoria xustificativa.

O financiamento destes plans de formación elévase a 5.000.000,00 euros, con cargo a aplicación orzamentaria 12.05.323b.481.0.

Un 50 % dos fondos dispoñibles destinarase ao financiamento dos plans presentados polo grupo de organizacións empresariais e o 50 % restante aos presentados polo grupo de organizacións sindicais.

b) Plans de formación intersectoriais dirixidos a traballadores/as e socios/as da economía social sempre que acheguen actividade económica.

O financiamento destes plans de formación elévase a 162.500,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 12.05.323b.481.0.

c) Plans de formación intersectoriais dirixidos a persoas traballadoras autónomas.

O financiamento destes plans de formación elévase a 195.000,00 euros, con cargo a aplicación orzamentaria 12.05.323b.481.0.

d) Plans de formación específicos en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade, segundo a relación contida no anexo III por centros ou entidades de formación privados acreditados no rexistro de centros e entidades de formación da comunidade autónoma.

Nestes plans de formación as accións formativas corresponderanse con módulos de formación completos.

O financiamento destes plans de formación elévase a 1.142.500,00 euros, 1.000.000,00 con cargo a aplicación orzamentaria 12.05.323b.471.0 e 142.500,00 euros, con cargo a aplicación orzamentaria 12.05.323b.481.0.

Artigo 10. Entidades beneficiarias: requisitos e acreditación

1. Poderán ser beneficiarias da concesión de subvencións para a execución dos plans sinalados no artigo anterior, as seguintes entidades:

A) Para os plans de formación intersectoriais, as organizacións empresariais e sindicais intersectoriais máis representativas no ámbito autonómico, con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

B) Para a execución de plans de formación intersectoriais dirixidos especificamente aos colectivos de traballadores e socios de economía social, sempre que acheguen actividade económica, as confederacións e federacións de cooperativas e/ou sociedades laborais e as organizacións representativas de economía social, todas elas de carácter intersectorial e con suficiente implantación no ámbito autonómico.

C) Para a execución de plans de formación intersectoriais dirixidos especificamente ao colectivo de autónomos, poderán ser beneficiarias da subvención as entidades asociativas de traballadores autónomos de carácter intersectorial e cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexan de ámbito superior ao da comunidade autónoma e, así mesmo, as organizacións recollidas no artigo 21.5 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, con representatividade no ámbito autonómico.

Terán prioridade as asociacións representativas de autónomos con maior implantación no territorio da comunidade autónoma.

Para os efectos desta orde, enténdese por entidade asociativa de traballadores autónomos de carácter intersectorial aquela que conte con membros en, polo menos, dous sectores económicos. Estas entidades para ser beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter personalidade xurídica propia e independente e estar legalmente constituídas.

b) Estar inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Desenvolver a súa actividade exclusivamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Ter sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñer dunha oficina permanente nela.

Non poderán solicitar as subvencións reguladas nesta orde aquelas entidades asociativas de traballadores autónomos que formen parte de confederacións, federacións e unión de asociacións que igualmente presentasen a solicitude.

As entidades beneficiarias das alíneas B) e C) deberán acreditar a suficiente implantación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, acreditando os seguintes extremos:

Un. Sedes permanentes na comunidade autónoma e cun ano de anterioridade á publicación da orden.

Dous. Recursos humanos e materiais suficientes para desenvolver a súa actividade, coa especificación dos domicilios sociais e o número de traballadores que presta os seus servizos nas confederacións e federacións de cooperativas e/ou sociedades laborais e as organizacións representativas de economía social e nas asociacións representativas de traballadores autónomos.

Tres. Número de membros das confederacións e federacións de cooperativas e/ou sociedades laborais e as organizacións representativas de economía social e nas asociacións representativas de traballadores autónomos.

Catro. Declaración do solicitante sobre a veracidade da información e os datos achegados.

D) Para os plans de formación específicos en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade, os centros e entidades de formación privados, acreditados no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, que só poderán desenvolver os certificados de profesionalidade para os cales estean acreditados e naquelas modalidades de impartición para as cales estean acreditados.

As acreditacións dos centros e entidades de formación deberán obterse con carácter previo a publicación desta orde.

En ningún caso poderán subcontratar a actividade formativa que se vai realizar, polo que deberán de dispoñer dos espazos, instalacións e recursos requiridos nos programas formativos asociados a cada un dos certificados de profesionalidade. A contratación do persoal docente para a impartición da formación subvencionada por parte do beneficiario non se considerará subcontratación.

2. No caso de solicitudes de asociacións integradas noutra entidade que sexa tamén solicitante, considerarase unicamente a daquela que teña un ámbito territorial máis amplo na comunidade autónoma. Se concorre unha asociación de ámbito autonómico integrada noutra de ámbito estatal, só poderá ser beneficiaria a asociación autonómica.

3. De conformidade co establecido no artigo 8.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o beneficiario sexa unha persoa xurídica, os membros asociados do beneficiario que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamentan a concesión da subvención en nome e por conta do primeiro terán igualmente a consideración de beneficiarios. Tamén terán a dita consideración as agrupacións formadas polas entidades previstas no punto 1 deste artigo con entidades vinculadas a elas, que teñan entre os seus fins o desenvolvemento das actividades a que se refire esta orde.

O representante ou a persoa apoderada única da agrupación deberá pertencer a algunha das entidades beneficiarias previstas no punto 1 deste artigo.

4. Non poderán obter a condición de beneficiaria as entidades en que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 8 do Regulamento que desenvolve a lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

5. De acordo co establecido no artigo 14 letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

6. Así mesmo, e tal como se recolle no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Dirección Xeral de Formación e Colocación procederá a publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, indicando a convocatoria, o programa de crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

7. Igualmente, publicaranse na páxina web oficial nos termos previstos no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

8. As entidades beneficiarias das axudas concedidas, tal e como se recolle no artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, autorizan a inclusión destas axudas no Rexistro de Axudas, Subvencións e Convenios e máis no de Sancións, creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2006 co contido e a forma que regulamentariamente se determine.

Capítulo III
Iniciación, instrución e resolución do procedemento

Artigo 11. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 12. Solicitudes

1. Co obxecto de axilizar os procesos de recepción e valoración dos plans de formación presentados polas entidades solicitantes, a Dirección Xeral de Formación e Colocación dispón dunha aplicación de solicitudes de concesión de subvencións, https://emprego.xunta.es/formacionocupados/. É un sistema que permite elaborar e tramitar as solicitudes de plans de formación dirixidos prioritariamente a traballadores/as ocupados/as mediante apoio das novas tecnoloxías de información.

A solicitude, deberá presentarse no Rexistro Xeral da Consellería de Traballo e Benestar, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, nas súas xefaturas territoriais ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e será subscrita pola persoa titular ou representante legal da entidade coa debida acreditación, dirixida á persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar.

2. As entidades solicitantes deberán presentar tanto a solicitude como o plan de formación anexo.

3. A presentación da solicitude de concesión pola persoa interesada das subvencións reguladas nesta orde comportará a autorización á Consellería de Traballo e Benestar para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

Non obstante, o solicitante poderá denegar expresamente o consentimento; neste caso deberá presentar a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. A documentación que deberá acompañar á solicitude é a seguinte:

a) Tarxeta de identificación fiscal da entidade e do documento de identidade da persoa que actúa en nome e representación da persoa xurídica solicitante.

b) Copia dos estatutos da entidade, debidamente legalizados.

c) Acreditación da capacidade legal para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).

d) Para a execución de plans de formación intersectoriais dirixidos especificamente aos colectivos de traballadores e socios de economía social, das confederacións e federacións de cooperativas e/ou sociedades laborais, e para a execución de plans de formación intersectoriais dirixidos a persoas traballadoras autónomas, a acreditación do requisito de notable implantación realizarase cubrindo debidamente o anexo IV, no cal deberán constar os seguintes datos:

– As sedes permanentes que teña a entidade na comunidade autónoma cun ano de anterioridade á publicación da orden. A presenza permanente acreditarase por medio dos títulos de propiedade, de aluguer ou cesión de sedes, co enderezo completo e o teléfono.

– Recursos humanos e materiais suficientes para desenvolver a súa actividade, coa especificación dos domicilios sociais e o número de traballadores que prestan os seus servizos nas confederacións e federacións de cooperativas e/ou sociedades laborais e as organizacións representativas de economía social e nas asociacións representativas de traballadores autónomos. Para estes efectos deberá presentar, co fin de acreditar a alta na Seguridade Social dos traballadores os TC2 dos 12 meses anteriores á convocatoria.

– Número de afiliados das confederacións e federacións de cooperativas e/ou sociedades laborais e as organizacións representativas de economía social e nas asociacións representativas de traballadores autónomos.

– Se a entidade está integrada noutra de ámbito superior deberá indicar o seu nome. A entidade de ámbito superior deberá certificar que a de ámbito inferior está integrada nela.

Se a entidade solicitante é unha federación ou confederación deberán presentar unha relación das entidades que a integran.

Nas confederacións, federacións e asociacións de autónomos, as entidades integrantes que se terán en conta para efectos de representatividade, serán as que representen exclusivamente a autónomos.

e) Declaración do solicitante sobre a veracidade da información e os datos achegados.

f) Relación de entidades que se subcontratarán, coas que estea previsto que se executen a totalidade ou parte do plan de formación, con indicación, se é o caso, das que estean vinculadas á entidade beneficiaria, presentando o método seguido para a súa selección, e xustificación da súa solvencia técnica e eficiencia económica.

g) Para a execución dos plans de formación específicos en centros ou entidades acreditadas, presentarán adicionalmente:

– Compromiso de colaboración coa empresa ou empresas que incorporarán os seus traballadores ao plan de formación, segundo o modelo normalizado que se descargará na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar.

– No caso de que a formación se dirixa a traballadores de empresas que teñan ata 10 traballadores, deberán presentar o último TC2 presentado.

5. No impreso de solicitude deberanse facer constar, polo menos, os seguintes datos:

– Nome e razón social do solicitante.

– Identificación ou sinatura da persoa representante legal autorizada que formula a solicitude.

– Contía da subvención solicitada.

6. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e que fai constar os aspectos seguintes:

a) O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de beneficiario segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, incluído o de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte a Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

b) O conxunto de todas as solicitudes efectuadas, ou concedidas, para a mesma acción formativa, ante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos.

c) Que os lugares de impartición dos cursos son aptos para esa finalidade.

d) A veracidade da información e dos datos achegados na solicitude e que a entidade solicitante se obriga a presentar ante a Dirección Xeral de Formación e Colocación, logo de petición dela, a documentación acreditativa a que se refire a presente declaración responsable.

Artigo 13. Documentación técnica

Sen prexuízo da documentación a que fai referencia o artigo 12 desta orde, coa solicitude presentarase a seguinte documentación técnica:

1. Plan de formación que deberán conter, polo menos, a seguinte información:

1.1) Plan de formación intersectoriais:

a) Ámbito de aplicación do plan.

b) Obxectivos, contidos, metodoloxía e modalidade.

c) Accións formativas que se van desenvolver, con indicación da familia e área profesional que corresponda. No caso de accións formativas vinculadas ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais deberase indicar a que certificado ou certificados de profesionalidade van dirixidos. Deberán incluír os módulos transversais, se é o caso.

d) Número de alumnas/os por acción formativa.

e) Colectivos destinatarios, desagregados por colectivos prioritarios do FSE, categorías ou grupos profesionais.

f) Custo estimado das accións formativas.

g) Calendario previsto de execución.

h) Lugar, instalación e medios previstos para impartir as accións formativas, que no caso de accións conducentes á obtención dos certificados de profesionalidade ou acreditacións parciais destes deberán cumprir os requisitos que se establecen no real decreto que regule o correspondente certificado de profesionalidade.

i) No caso de incluír teleformación ou formación mixta, deberanse achegar as claves de acceso á correspondente plataforma web.

Deberá presentarse unha relación priorizada das accións formativas solicitadas por grupos e accións.

1.2) Plans de formación específicos en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade:

a) Obxectivos do plan, contidos, metodoloxía e modalidade.

b) Accións formativas que se van desenvolver.

c) Número de alumnas/os por acción formativa, que en ningún caso poderá ser superior ao número para o que o centro foi acreditado.

d) Colectivos destinatarios, desagregados por colectivos prioritarios do FSE, categorías ou grupos profesionais.

e) Custo estimado das accións formativas.

f) Calendario previsto de execución.

g) No caso de incluír teleformación ou formación mixta, deberanse achegar as claves de acceso á correspondente plataforma web.

Deberá presentarse unha relación priorizada das accións formativas solicitadas por grupos e accións.

2) Memoria xustificativa sobre a capacidade técnica do solicitante para a xestión do plan que solicita, indicando os recursos técnicos e materiais de que dispón a entidade solicitante e, de ser o caso, os da entidade que participa no desenvolvemento do plan formativo.

Artigo 14. Requirimentos

Se a solicitude non estiver debidamente cuberta ou non se achegar a documentación, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirá á entidade interesada para que, nun prazo máximo e improrrogable de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei.

Artigo 15. Proposta de resolución

1. O órgano instrutor do procedemento é a Dirección Xeral de Formación e Colocación.

2. Recibidas as solicitudes procederase ao estudo e á cualificación destas polas comisións de valoración que, unha vez analizada a documentación achegada polas solicitantes, emitirán informe sobre os expedientes aplicando os criterios de valoración establecidos nesta orde.

3. Unha vez puntuados os expedientes pola comisión de valoración, serán postos á disposición da Comisión Galega de Formación Profesional Continua, como órgano executivo para a consecución dos obxectivos establecidos no Acordo galego da formación profesional continua.

4. As entidades deberán acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, de acordo co artigo 11.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 10 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento. Todo isto sen prexuízo das excepcións establecidas no artigo 51 da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012.

5. Á vista dos expedientes e dos informes preceptivos que se emitan, a Dirección Xeral de Formación e Colocación, como órgano instrutor, formulará proposta de resolución.

6. A comisión de valoración estará composta pola persoa titular da Subdirección Xeral de Formación para o Emprego, que a presidirá, e serán vogais dúas persoas que sexan técnicos da Dirección Xeral de Formación e Colocación, unha das cales actuará como secretario ou secretaria.

7. Se, por calquera causa, cando a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes, algún dos seus compoñentes non pode asistir, será substituído pola persoa que para o efecto designe a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Artigo 16. Criterios de valoración

Teranse en consideración para a valoración técnica dos plans de formación profesional para o emprego que se executarán a través da subscrición de convenios, os seguintes criterios de puntuación:

1. Plans de formación intersectoriais:

a) En relación coas accións formativas que integran o plan, ata 40 puntos:

Contidos das accións formativas, ata 15 puntos:

• Terán maior valoración as accións formativas incluídas no anexo III (Accións formativas priorizadas intersectoriais) desta orde, 10 puntos.

• Outorgarase maior valoración ás accións formativas que incorporen algún módulo de tecnoloxía da información e a comunicación, sensibilidade ambiental, formación para a seguridade e saúde laboral cuxa duración non poderá exceder as 10 horas, ata 5 puntos.

Instalacións, medios didácticos e material previsto, ata 5 puntos.

– Certificación das accións formativas. Outorgarase maior valoración a aquelas especialidades que inclúan unidades formativas ou módulos formativos dos certificados de profesionalidade, 10 puntos.

Mecanismos de seguimento, avaliación e control do aprendizaxe, ata 10 puntos.

b) Adecuación das accións formativas do plan ás necesidades do ámbito respectivo, intersectorial, axustado ás necesidades do mercado de traballo, ata 30 puntos.

c) Capacidade acreditada da entidade solicitante para impartir o plan presentado, tendo en conta experiencias anteriores e os medios persoais e materiais propios ou alleos postos á disposición para a execución do plan, ata 25 puntos.

d) O emprego da lingua galega na realización das accións formativas, 5 puntos.

e) Certificación do sistema de xestión de calidade ISO 9001 ou plan de mellora EFQM, se se achegase: 5 puntos.

Para a valoración das alíneas a) e c) se terá en conta a información dispoñible na documentación técnica.

Terase en conta o grao de execución e cumprimento das condicións en que se outorgou a subvención acreditado polo solicitante na última convocatoria de plans de oferta liquidada podéndose reducir polas ditas causas ata un 10 % de valoración técnica.

2. Plans de formación específicos en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade:

a) Terán maior valoración as accións formativas incluídas no anexo III (Accións formativas priorizadas – Plans formación específicos) desta orde, 30 puntos.

b) Formación dirixida a traballadores de empresas de ata 10 traballadores, 30 puntos.

c) Mecanismos de seguimento, avaliación e control do aprendizaxe, ata 10 puntos.

d) Se o plan presenta un proxecto formativo cunha metodoloxía innovadora ou que introduza de forma significativa as novas tecnoloxías para a impartición da acción formativa, ata 15 puntos.

e) Capacidade acreditada da entidade solicitante para impartir o plan presentado, tendo en conta os medios persoais e materiais propios ou alleos postos á disposición para a execución do plan, ata 30 puntos.

Experiencia previa do centro ou entidade solicitante en formación de persoas traballadoras ocupadas, ata 15 puntos.

Experiencia previa da entidade nas especialidades formativas para as cales solicita financiamento, ata 15 puntos.

f) O emprego da lingua galega na realización das accións formativas, 5 puntos.

g) Certificación do sistema de xestión de calidade ISO 9001 ou plan de mellora EFQM, se se achega: 5 puntos.

Concederase un máximo de 5 grupos (cursos) por entidade con carácter global, non obstante, poderá concederse maior número de accións no caso de que exista dispoñibilidade orzamentaria.

3. Serán financiados os plans de formación que superen a puntuación da valoración técnica que, en función das solicitudes presentadas e recursos dispoñibles, sexa aprobada pola Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Artigo 17. Determinación do importe da subvención

1. Para os convenios de execución de plans de formación, a subvención que se concederá determinarase tendo en conta:

a) Conxunto das subvencións solicitadas.

b) A valoración técnica obtida polo respectivo plan de formación, segundo os criterios recollidos no artigo 16 desta convocatoria.

c) Así mesmo, teranse en conta os módulos económicos máximos establecidos nesta orde, e o volume da actividade formativa que a/o solicitante se compromete a realizar no marco do cofinanciamento do Fondo Social Europeo, de xeito que a subvención resultante sexa maior canto maior sexa o número de participantes pertencentes aos colectivos prioritarios a que fai referencia o artigo 5 desta convocatoria.

2. As axudas previstas nesta orde son incompatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma acción formativa procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que supere o custo da actividade subvencionada.

Artigo 18. Módulos económicos máximos

1. Os módulos económicos máximos (custo por participante e hora de formación) aplicables para efectos de liquidación das subvencións concedidas para o financiamento dos convenios, serán os que a continuación se establecen en función da modalidade de impartición e nivel da formación:

Modalidade de impartición

Nivel de formación

Básico

Medio-superior

Presencial

6 euros

9 euros

Teleformación

5,5 euros

Mixta

Aplicaranse os módulos anteriores en función das horas de formación presencial ou de teleformación que teña a acción formativa

2. Excepcionalmente, a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación poderá autorizar un incremento de ata un 50 % do módulo económico superior da modalidade presencial de formación, en función da singularidade de determinadas accións formativas que pola súa especialidade e características técnicas precisen un financiamento superior.

3. Na modalidade de impartición presencial, o módulo de nivel «básico» aplicarase cando se trate de impartir formación en materias transversais ou xenéricas que capaciten para desenvolver competencias e cualificacións básicas.

4. O módulo de nivel «medio-superior» aplicarase cando a formación incorpore materias que impliquen especialización e/ou capaciten para desenvolver competencias de programación e/ou dirección.

5. Do custo máximo financiable do módulo de prácticas, 1,5 euros irán destinado ao financiamento dos custos da actividade do titor, conforme o disposto no artigo 5 bis do Real decreto 34/2008.

Artigo 19. Resolución

1. A resolución dos expedientes de axudas corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación, por delegación da persoa titular da consellería e deberá ser notificada ás persoas interesadas no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o citado prazo sen que se ditase resolución expresa, as persoas interesadas entenderán desestimada a súa solicitude.

Dado que as axudas do programa regulado nesta orde están cofinanciadas polo FSE, na resolución de concesión informaráselle á entidade beneficiaria que a aceptación da axuda comunitaria implicará a súa aparición na lista pública cos nomes das entidades beneficiarias, das operacións e a cantidade de fondos públicos asignada a cada operación, que se publicará conforme o previsto no artigo 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006.

2. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, a entidade proposta como beneficiaria disporá dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, se entenderá tacitamente aceptada.

3. Á resolución de concesión xuntaráselle cada un dos convenios e o correspondente plan de formación.

4. Ao abeiro do artigo 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe da subvención na proposta de resolución sexa inferior á solicitude presentada, poderase instar do beneficiario a reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención outorgable. Posteriormente, as entidades poderán facer, como máximo, dúas reconfiguracións do plan, tendo en conta que a primeira, de ser o caso, deberá facerse, como mínimo, dous meses despois da notificación da resolución e a última deberá facerse, como máis tardar, cando falten dous meses para o remate do prazo de execución das accións formativas do plan.

5. A priorización das accións formativas derivadas da reconfiguración do plan executarase ata o importe concedido. Calquera modificación desa priorización deberá ser autorizada pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

6. As resolucións ditadas poñen fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Capítulo IV
Execución, xustificación de custos e liquidación

Artigo 20. Custos financiables e criterios de imputación

1. Os custos das accións formativas poderán imputarse desde 1 mes antes do inicio do plan. Entendérase que o plan se iniciou na data do inicio da primeira acción formativa.

En ningún caso se poderán imputar custos anteriores ao 1 de agosto de 2012.

2. Custos directos da acción formativa.

a) As retribucións das persoas formadoras internas e externas, podéndose incluír salarios, seguros sociais, axudas de custo e gastos de locomoción e, en xeral, todos os custos imputables ás persoas formadoras no exercicio das actividades de preparación, impartición, titoría e avaliación das accións formativas.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por horas dedicadas á actividade que se imputen.

b) Os gastos de amortización de equipos didácticos e plataformas tecnolóxicas, calculados con criterios de amortización aceptados nas normas de contabilidade, así como o seu aluguer ou arrendamento financeiro, excluídos os seus xuros, soportados na execución do plan formativo.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo número de participantes no caso de uso individual dos equipos ou plataformas.

c) Gastos de medios didácticos e/ou adquisición de materiais didácticos, así como os gastos en bens consumibles utilizados na realización das accións formativas do plan, incluíndo o material de protección e seguridade. Así mesmo, no caso da teleformación, os custos imputables aos medios de comunicación utilizados entre persoal formador e participantes.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo número de participantes no caso de uso individual dos equipos ou plataformas.

d) Os gastos de aluguer, arrendamento financeiro, excluídos os seus xuros, ou amortización das aulas, talleres e demais superficies utilizadas no desenvolvemento do plan de formación.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo período de duración da acción.

Os gastos de amortización calcularanse segundo normas de contabilidade xeralmente aceptadas, sendo aplicable o método de amortización segundo as táboas aprobadas polo Regulamento do imposto de sociedades.

e) Seguro de accidentes dos participantes.

Estes gastos deberán presentarse desagregados por acción formativa e a súa imputación farase polo número de participantes.

f) Gastos de transporte, manutención e aloxamento para os traballadores ocupados que participen nas accións formativas, cos límites fixados na Orde EHA/3771/2005, do 2 de decembro, pola que se revisa a contía dos gastos de locomoción e das axudas de custo no imposto sobre a renda das persoas físicas.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e a súa imputación farase polo número de participantes.

g) Gastos de publicidade para a organización e difusión das accións formativas.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa.

3. Custos asociados á actividade formativa:

a) Consideraranse custos financiables os de persoal de apoio tanto interno como externo e todos os necesarios para a xestión e execución do plan.

b) Os gastos financeiros directamente relacionados coa actividade subvencionada e que resulten indispensables para a súa adecuada preparación ou execución. Non serán subvencionables os xuros debedores das contas bancarias.

c) Outros custos: luz, auga, calefacción, mensaxaría, correo, limpeza e vixilancia, asociados á execución da actividade formativa.

Estes custos deberán imputarse á beneficiaria da actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.

En calquera caso, os custos asociados, igual que os custos directos, deben responder a custos reais, efectivamente realizados, pagados e xustificados mediante facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente.

Os gastos de asesoría xurídica, así como os custos notariais, rexistrais, periciais e de administración so serán subvencionables se están directamente relacionados e son indispensables para a adecuada preparación e execución da actividade subvencionada.

A suma dos custos asociados do plan non poderá superar o 10 por cento dos custos da actividade formativa, agás accións formativas vinculadas directamente á posta en marcha das accións prioritarias previstas no anexo III desta orde, caso en que se poderá ampliar esta porcentaxe ata o 15 % dos ditos custos. Igualmente, esta porcentaxe poderá ampliarse ata o 15 % dos ditos custos cando o beneficiario da subvención non subcontrate a realización da dita actividade.

4. Outros custos subvencionables: custos de avaliación e control da calidade da formación segundo o artigo 27 desta orde.

5. En todo caso, nestas axudas respectaranse as condicións da Orde TIN 2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE, modificada pola Orde TIN 788/2009, do 25 de marzo.

6. Rastrexabilidade dos pagamentos: para aceptar os gastos como xustificados é necesario que se identifique claramente a correspondencia entre a factura/nómina e o xustificante de pagamento, aparecendo especificado o número de factura no concepto do xustificante bancario, posto que a simple coincidencia de provedor e importe non é garantía suficiente. Se o xustificante inclúe o pagamento de varias facturas e non se especificaron todas no concepto de xustificante bancario, o antedito xustificante deberá ir acompañado do total das facturas que estean afectadas por el. Así mesmo, en ningún caso se darán por válidos os xustificantes de pagamentos corrixidos con notas á man que rectifiquen calquera equivocación.

Artigo 21. Pagamento e liquidación das subvencións

1. Non poderá realizarse o pagamento da subvención cando a entidade sexa debedora por resolución firme de procedencia de reintegro.

2. En ningún caso poderán realizarse pagamentos anticipados ás persoas beneficiarias nos supostos previstos no número 6, parágrafo terceiro, do artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Documentación que hai que presentar:

– As entidades beneficiarias deberán enviar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, dentro do mes seguinte ao remate da última acción formativa de cada convenio, a xustificación dos seus custos inherentes, a través da seguinte documentación, que deberá presentarse por cada acción formativa selada e asinada:

Solicitude de liquidación final.

Relación de facturas.

Orixinal ou fotocopia compulsada ou cotexada de todas as facturas, nóminas e xustificantes de pagamento de todos os gastos imputables á acción formativa.

Certificación dos gastos.

Declaración complementaria do conxunto de todas as axudas solicitadas (aprobadas, concedidas ou pendentes de resolución) para a mesma acción formativa, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

4. A entidade beneficiaria deberá, así mesmo, cubrir e remitir nos impresos normalizados e conforme as instrucións que se establezan para o efecto naquelas os seguintes documentos:

a) A certificación de finalización do plan, con especificación de cada acción formativa realizada da cal se comunicase o seu inicio no momento oportuno.

b) A documentación xustificativa que acredite, como mínimo, os custos relativos ás accións formativas subvencionadas.

c) Xustificante de ter ingresado o importe correspondente á diferenza entre a cantidade xustificada e a recibida en concepto de anticipo, é dicir, cando o anticipo sexa superior á cantidade xustificada.

d) A documentación relativa ás actuacións de avaliación e control da calidade da formación.

e) As entidades beneficiarias deberán acreditar, con independencia da súa contía e antes de proceder ao cobramento das subvencións, que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Todo isto sen prexuízo das excepcións establecidas no artigo 51 da Lei 1/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2012.

f) Documentación xustificativa relativa aos controis de aprendizaxe.

5. Cando non se presentase a documentación xustificativa a que se refiren os puntos anteriores ou a documentación presentada fose insuficiente para considerar correctamente xustificada a subvención concedida, a Dirección Xeral de Formación e Colocación porá en coñecemento das entidades beneficiarias as insuficiencias observadas para que no prazo de 10 días sexan rectificadas.

Examinada a documentación xuntada para a corrección das insuficiencias detectadas, ou transcorrido o dito prazo sen que se presentase, o órgano concedente procederá á liquidación final a partir dos xustificantes de gastos elixibles que consten no expediente.

6. Sistemas de pagamento.

O aboamento da subvención ás persoas beneficiarias farase efectivo da seguinte forma:

a) Ata o 25 % do total do orzamento de gastos do convenio, en concepto de anticipo, no momento no que a Dirección Xeral de Formación e Colocación reciba comunicación da entidade beneficiaria na que se notifique o inicio dunha acción formativa, así como a documentación sinalada neste artigo, de ser o caso.

b) O importe restante, unha vez rematadas todas as accións formativas e xustificados os gastos realmente efectuados en cada unha.

7. Poderán acordarse pagamentos parciais á conta da liquidación definitiva a medida que o beneficiario xustifique os gastos ou pagamentos realizados. Estes pagamentos parciais nunca serán superiores ao 80 % da subvención concedida. Para a percepción destes pagamentos parciais, as entidades beneficiarias da subvención estarán exentas da constitución de garantías.

8. Revisada a xustificación efectuada polas entidades beneficiarias e sempre que esta se axuste ao disposto nesta orde, o Servizo de Xestión Administrativa de Formación para o Emprego, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, emitirá certificación para poder facer efectiva a correspondente liquidación da axuda concedida.

Artigo 22. Execución

A execución do plan de formación realizarao a entidade beneficiaria tendo en conta o establecido no artigo 17 da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, así como que a subvención outorgada terá o carácter de importe máximo e se destinará á realización das accións formativas obxecto do convenio. En todo caso, durante a execución do plan de formación non se poderán incluír accións formativas non aprobadas, nin modificar a duración nin a modalidade delas, salvo autorización da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Artigo 23. Instrucións de xustificación de custos e liquidación

A xustificación de custos e a liquidación económica das subvencións realizarase do seguinte xeito:

1. Os datos de xestión da acción formativa deberanse introducir en liña a través da aplicación informática que a Dirección Xeral de Formación e Colocación poñerá á disposición dos centros.

2. A entidade beneficiaria deberá xustificar os custos en que incorresen na execución das accións formativas obxecto do convenio e que o gasto xustificado será o efectivamente pagado.

3. Os custos xustificaranse con facturas e demais documentos de valor probatorio, en orixinal ou fotocopia compulsada ou cotexada, logo de selado do orixinal, co detalle suficiente para acreditar a correcta aplicación dos fondos. Os ditos documentos deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación.

4. Cando de acordo coas normas de contabilidade xeralmente aceptadas se admita a xustificación de custos mediante notas de cargo, a estas deberán xuntarase os documentos xustificativos que soportan o gasto ou as súas imputacións.

5. Ao abeiro do artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias do programa regulado nesta orde poderán subcontratar, logo da comunicación á persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación, por unha soa vez e ata o 100 % da acción formativa, a realización das accións formativas financiadas con cargo a esta convocatoria, tendo en conta que a subcontratación non pode supoñer un aumento do custo de execución da acción formativa.

Non cabe a subcontratación nos plans de formación específicos en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade previstos no artigo 9.d).

Cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 % do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se subscriba por escrito.

b) Que a subscrición a autorice previamente a Dirección Xeral de Formación e Colocación. Para tal efecto, xuntarase á solicitude o contrato que se prevexa formalizar.

A empresa subcontratista deberá facilitar aos organismos de auditoría e control toda a información necesaria relativa ás accións subcontratadas. No caso de accións formativas subcontratadas, a solicitude de calquera modificación respecto da execución das accións concedidas deberá ser efectuada pola entidade adxudicataria.

A contratación de persoal docente para a impartición da formación subvencionada por parte da entidade beneficiaria non se considerará subcontratación.

En ningún momento se poderá subcontratar coas persoas ou entidades solicitantes de axuda ou subvención nesta convocatoria que non obtivesen subvención para o mesmo tipo de plan por non reunir os requisitos ou non alcanzar a valoración suficiente.

No non previsto neste artigo, será de aplicación o artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 43 do regulamento que desenvolve a lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

6. No caso de subcontratación, as facturas que emita a empresa subcontratista deberá conter unha desagregación suficiente para identificar os custos imputados a cada acción formativa. Esta desagregación deberá estar soportada documentalmente.

7. Cando as actividades formativas fosen financiadas, ademais de coa subvención, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

8. A entidade beneficiaria da subvención estará obrigada a conservar os xustificantes da realización da actividade que fundamenta a concesión da subvención, así como da aplicación dos fondos recibidos. O prazo será de 4 anos e computarase a partir do momento en que finalice o período establecido para presentar a citada xustificación por parte da entidade beneficiaria. No suposto de accións cofinanciadas con fondos comunitarios, aplicarase a este respecto o que estableza a normativa comunitaria.

9. As entidades que, sen que transcorrese o citado período, decidan suspender a súa actividade ou disolverse, deberán remitir copia da citada documentación á Dirección Xeral de Formación e Colocación.

10. O control da Consellería de Traballo e Benestar, como órgano concedente, esténdese á comprobación de que por parte da entidade beneficiaria se tiveron en conta as previsións do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

11. Para o cálculo do importe que lles aboará ás entidades efectuaranse dous rateos:

Primeiro rateo. No caso de que inicien a acción formativa un número de alumnas e alumnos inferior aos orzados, ratearase a cantidade para pagar en función do alumnado que iniciase. Non obstante, non se aplicará penalización orzamentaria se se produce unha desviación do número de alumnos e alumnas, como máximo, do 15 % sobre o alumnado orzado. Se a desviación de alumnado é superior a ese 15 %, aboarase pola cantidade real de alumnado iniciado.

Para estes efectos, enténdese por alumnado iniciado na modalidade presencial o número máximo que haxa no primeiro cuarto da acción formativa. Na modalidade de teleformación, para os efectos de financiamento, soamente se terán en conta os alumnos e alumnas que realizasen polo menos o 25 % dos controis de aprendizaxe da acción formativa.

Segundo rateo. Se se producen abandonos de participantes na acción formativa, admitiranse desviacións de ata o 30 % do número de alumnado orzado. Se a desviación de alumnado é superior a ese 30 %, aboarase pola cantidade real de alumnado finalizado.

Para estes efectos, entenderase por alumnado finalizado o que realice o 75 % das horas lectivas da acción formativa.

O importe para aboar calcularase en función das cantidades resultantes dos dous rateos.

Artigo 24. Obrigas das entidades beneficiarias

Sen prexuízo das obrigas establecidas nesta orde, na Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento, e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, constitúen, así mesmo, obrigas da beneficiaria:

1. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, polo Consello de Contas ou polo órgano competente da Unión Europea e polo Servizo Público de Emprego Estatal, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

2. Incluír en toda a documentación relativa á acción formativa o logotipo «Inviste no teu futuro» da Unión Europea (Fondo Social Europeo) e da Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar).

3. Requirir de cada alumna ou alumno, no momento da súa incorporación, a seguinte documentación, que deberá arquivarse separadamente por cada acción formativa:

– Copia simple do DNI.

– Ficha individual en que acredite a súa pertenza a algún dos grupos preferentes que se recollen no artigo 5, de ser o caso.

– Acreditación da súa condición de persoa ocupada ou desempregada.

– Acreditación do cumprimento dos requisitos de acceso do alumnado que establezan os programas formativos ou, de ser o caso, o real decreto que regule os correspondentes certificados de profesionalidade.

– Acreditación documental de estar exento da obriga de realizar o módulo de prácticas profesionais non laborais, no caso de que a acción formativa completase un certificado de profesionalidade.

– Acreditación documental de estar exento da obriga de realizar o módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, de ser o caso.

4. Remitir á Dirección Xeral de Formación e Colocación:

a) Como mínimo cinco días naturais antes do inicio da acción formativa, telematicamente, a través de aplicación informática:

– As datas de inicio e remate e o horario de impartición.

– O enderezo completo do lugar de impartición e teléfono de contacto.

b) Dentro do primeiro cuarto do curso e sempre que non supere os 10 días seguintes ao inicio da acción formativa, a seguinte documentación:

• Telematicamente, a través da aplicación informática:

– Relación nominal dos alumnos e alumnas, especificando o número do DNI e número de afiliación á Seguridade Social.

– A identificación da persoa coordinadora ou responsable da acción formativa.

– Relación nominal das persoas docentes especificando os seus DNI.

– Acreditación da formación e/ou experiencia profesional das persoas docentes. No caso de accións conducentes á obtención dos certificados de profesionalidade ou acreditacións parciais deles, acreditación do cumprimento dos requisitos dos docentes que se establezan para cada módulo formativo no real decreto que regula o correspondente certificado de profesionalidade. Os docentes encargados da impartición do módulo de formación sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e corresponsabilidade familiar e doméstica, deberán acreditar 30 horas de formación en materia de xénero e/ou 150 horas de experiencia profesional en materia de xénero.

• Documentalmente:

– Autorización da persoa traballadora para a utilización dos seus datos persoais para o control e seguimento da acción formativa, no marco da Lei de protección de datos, e declaración xurada da persoa traballadora de que os documentos que achega son auténticos.

– Acreditación do cumprimento dos requisitos de acceso do alumnado que establezan os programas formativos ou, de ser o caso, o real decreto que regule os correspondentes certificados de profesionalidade.

– Acreditación documental de estar exento da obriga de realizar o módulo de prácticas profesionais non laborais, no caso de que a acción formativa completase un certificado de profesionalidade.

– Copia da póliza de seguros contratada co xustificante do seu aboamento, de ser o caso.

– A solicitude de anticipo, de ser o caso.

c) Mensualmente, telematicamente a través da aplicación informática:

– Partes de asistencia.

– Comunicación de incidencias.

d) A entidade beneficiaria arquivará separadamente por cada acción formativa a seguinte documentación:

– Copia simple dos DNI do alumnado.

– Fichas de inicio.

– O programa completo da acción formativa temporizado por módulos.

– Ficha individual de cada alumna ou alumno.

– Documento que acredite que a persoa traballadora está ocupada ou desempregada na data de incorporación a acción formativa, de ser o caso.

– Os modelos de solicitude de inscrición recibidos.

– Os controis de aprendizaxe.

A non comunicación nos prazos establecidos implicará que o correspondente grupo de formación se considerará non realizado para efectos da liquidación económica da subvención, salvo que a non comunicación en prazo se deba a causas imprevistas, debidamente xustificadas e comunicadas en momento no que se produzan.

5. No momento da solicitude de liquidación final, comunicaráselle á Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, por medio telemático ou en soporte dixital, os seguintes datos referidos a cada control de aprendizaxe na modalidade de teleformación:

a) Plan de formación.

b) Acción formativa.

c) Grupo.

d) Documento de identidade do alumno ou alumna.

e) Código que permita identificar a proba e os resultados alcanzados polo/a participante. Estes datos deben ser almacenados polo sistema de teleformación empregado para a execución da acción formativa.

f) Indicativo de si a persoa participante realizou a proba. En caso afirmativo cubrirase:

– Data e hora en que foi desenvolvido o control.

– Tempo empregado para o desenvolvemento do control de aprendizaxe.

– Resultado obtido. Será traducida a cualificación a: superado/non superado.

g) No caso de formación desenvolvida na modalidade de teleformación conducente á obtención dos certificados de profesionalidade ou acreditacións parciais dos mesmos especificaranse os contidos que se impartirán na modalidade de teleformación e, en todo caso, requirirán a realización de, polo menos, unha avaliación final de carácter presencial.

6. Expoñer no taboleiro de anuncios do centro o programa completo da acción formativa temporizado por módulos, os dereitos e deberes do alumnado e da entidade beneficiaria, así como a relación dos e das docentes e o horario. No anuncio farase referencia expresa aos organismos cofinanciadores da acción formativa.

7. Aboar mensualmente ás e aos docentes a súa remuneración. Non exime desta obriga o feito de que a entidade beneficiaria non percibise os anticipos previstos nesta orde.

8. Someterse ás actuacións de supervisión, control e comprobación que poida efectuar a Dirección Xeral de Formación e Colocación, así como a calquera outra actuación, de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio de actuacións anteriores.

9. Contratar un seguro de accidentes para o alumnado no caso das accións formativas de modalidade presencial, na parte presencial da modalidade mixta e nas probas presenciais da modalidade de teleformación, se é o caso, que cubra tanto os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento da acción formativa, como os do traxecto ao lugar de impartición das clases teóricas, das prácticas e das probas presenciais. A súa duración abranguerá estritamente o período da acción formativa, incluíndo expresamente as prácticas en empresas cando estas se realicen, sen que poida admitirse restrición nin exclusión ningunha por razón do medio de transporte utilizado. Esta obriga rexerá exclusivamente na parte presencial cando a acción formativa se desenvolva fóra da propia empresa.

A cobertura mínima deste seguro será a seguinte:

– En caso de morte: 36.000 €.

– En caso de invalidez permanente: 42.000 €.

– Asistencia médico-farmacéutica: durante un ano a partir do sinistro.

10. Cando se realicen prácticas en empresas ou outras actividades relacionadas coa acción formativa, contratar unha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que poidan derivar da súa realización para os bens e as persoas.

11. Velar por que todo o alumnado dunha acción formativa reciba a mesma formación, así como o mesmo número de horas tanto teóricas como prácticas, independentemente de que a parte práctica teña lugar no propio centro ou en centros de traballo.

12. Velar por que as e os docentes reciban unha contraprestación proporcional ás horas impartidas en cada acción formativa e ao seu módulo económico.

13. Comunicar á Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución das accións formativas programadas, no prazo de cinco días desde que se produza.

14. Solicitar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, con cinco días naturais de antelación, autorización para realizar calquera modificación substancial no desenvolvemento das accións formativas, salvo en casos de forza maior, que se notificará en canto sexa posible.

15. Aceptar as modificacións que, de ser o caso, introduza o órgano encargado da resolución dos expedientes en relación cos termos de impartición sinalados na solicitude.

16. Informar o alumnado do cofinanciamento das accións formativas por parte do Fondo Social Europeo, así como dos obxectivos destes fondos.

17. Realizar a actividade formativa que fundamenta a concesión da subvención, de acordo coas condicións e requisitos formais e materiais que se establecen nesta orde de convocatoria, así como coas condicións de aprobación que serviron de base para determinar a valoración técnica e a subvención que se concederá.

18. Achegar a información e documentación que se requira durante a fase de instrución do procedemento e execución do plan formativo, así como ter a disposición dos órganos de control competentes os documentos acreditativos da asistencia das persoas participantes ás accións formativas, debidamente asinados por elas e segundo os requisitos mínimos que se establezan.

19. Respectar a obrigatoriedade da gratuidade para as persoas participantes das accións formativas comprendidas no plan de formación.

20. Presentar a xustificación do cumprimento dos requisitos e condicións que determinan a concesión da subvención, así como da realización e dos custos da actividade que fundamenta a concesión.

21. Ter realizadas ou, de ser o caso, garantidas as devolucións de cantidades concedidas e pagadas en convocatorias anteriores e cuxa devolución lle fose exixida mediante reclamación previa á vía executiva ou mediante resolución de procedencia de reintegro, salvo que se aplicase a suspensión do acto. 

22. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións formativas, coa referencia común a todos eles de formación para o emprego.

23. Comunicarlle á Administración autonómica a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Estes ingresos serán incompatibles coa subvención que corresponda, polo que esta será minorada na cantidade xa percibida.

24. Non incorrer no falseamento de datos contidos na solicitude ou nos documentos e certificados presentados aos órganos competentes na tramitación das solicitudes e na concesión das subvencións.

25. Os datos da xestión das accións formativas deberán introducirse en liña a través da aplicación informática que a Dirección Xeral de Formación e Colocación poñerá á disposición dos centros. Para que este proceso en liña poida realizarse, os centros solicitantes deberán dispoñer de saída a internet a través dunha liña RDSI, ADSL ou outra de calidade equivalente ou superior.

26. A entidade beneficiaria informará ás e aos participantes en situación de desemprego das axudas e bolsas que poidan solicitar á Dirección Xeral de Formación e Colocación segundo o artigo 8 desta orde, facilitaralles os modelos de solicitude normalizada e remitirá á citada Dirección Xeral nos dez primeiros días de cada mes a correspondente documentación de solicitude xunto coa xustificación de asistencia á formación.

27. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións reguladas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, poderá dar lugar a modificación ou revogación das resolucións de concesión.

28. As entidades beneficiarias de subvención deberán acreditar, con independencia da súa contía, tanto antes de ditar resolución de concesión como de proceder ao cobramento das subvencións que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Todo isto sen prexuízo das excepcións establecidas no artigo 51 da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012.

29. En aplicación do disposto na Lei 2/2012, do 28 de marzo de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias as entidades deberán dispor de follas de reclamación á disposición de todos os seus usuarios.

Artigo 25. Incumprimento de obrigas e reintegro

1. Segundo o artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procederá o reintegro total ou parcial da subvención ou da axuda pública percibida no suposto do incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

– O incumprimento por parte do beneficiario do prazo de realización ou de xustificación das accións concedidas, suporá de forma automática a perda do dereito á percepción da axuda concedida.

– A gradación dos posibles incumprimentos determinarase de acordo cos seguintes criterios:

a) O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a subvención ou da obriga de xustificación desta dará lugar ao reintegro do 100 % da subvención concedida. Igualmente, considérase que existe incumprimento total se a realización da actividade subvencionada non alcanza o 35 % dos seus obxectivos, medidos co indicador de número de horas de formación multiplicado polo número de alumnos.

b) O incumprimento parcial dos fins para os cales se concedeu a subvención ou da obriga de xustificación desta dará lugar ao reintegro parcial da subvención concedida. Cando a execución do indicador mencionado no parágrafo anterior estea comprendido entre o 35 % e o 100 %, a subvención concedida minorarase na porcentaxe que deixou de cumprirse, sempre que os gastos fosen debidamente xustificados.

Capítulo V
Avaliación da formación

Artigo 26. Control e seguimento das accións formativas

1. Para verificar o cumprimento do disposto nesta orde, a Dirección Xeral de Formación e Colocación, as xefaturas territoriais da consellería ou o persoal que se contrate para o efecto aplicarán o sistema de seguimento e control que consideren conveniente. Estas actuacións poderán consistir na realización de visitas ás accións formativas aprobadas e enquisas ao alumnado e docentes, información respecto do progreso da acción e do seu grao de execución en cada momento, así como de control da elixibilidade dos custos imputados a cada acción formativa.

2. Cando nunha acción formativa se detecte a existencia de irregularidades ou deficiencias que non puidesen ser emendadas no prazo concedido para o efecto, e que incidan negativamente na súa calidade docente, procederase á súa cancelación por resolución motivada do órgano competente para a súa concesión.

Artigo 27. Avaliación da calidade das accións formativas

En cumprimento do establecido no artigo 33.5 da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, as entidades responsables de executar os plans de formación de oferta realizarán unha avaliación e control da calidade da formación que executen.

Para tal fin os beneficiarios considerarán como base das súas actuaciones unha mostra representativa que cubrirá polo menos o 5 % dos grupos aos cales se impartise a formación. Esta mostra cubrirá as accións do plan de formación, tanto as priorizadas no ámbito correspondente como as transversais, así como as modalidades de impartición presentes no plan.

Entre as actuacións que se desenvolverán poderán incluírse as seguintes:

a) Actuacións de control:

Verificación en tempo real do correcto desenvolvemento da formación en aspectos tales como: locais, profesorado, horario, adecuación ao programa, entre outros.

Comprobación documental do cumprimento por parte dos centros de formación das súas obrigas en relación co convenio de formación: existencia de subcontratación autorizada por unha soa vez, control de asistencia, gratuidade da formación, publicidade da Consellería de Traballo, verificación documental dos gastos do plan, entre outros aspectos.

Visitas de control interno ás oficinas onde se organiza ou xestiona o plan de formación respecto do cumprimiento dos trámites e comunicacións para realizar fronte ao órgano concedente.

Cualquera outra actuación complementaria das anteriores a través de requirimientos telefónicos, envío de circulares ou otros medios.

b) Actuacións de avaliación.

Poderanse realizar aquelas actuacións de avaliación que as entidades beneficiarias consideren axeitadas para garantir a eficacia, eficiencia e calidade dos seus plans de formación.

As actuacións de avaliación dependerán, en gran medida, dos obxectivos e criterios elixidos polas entidades beneficiarias.

c) Memoria de avaliación e control.

Presentarase un informe de resultados que conterá:

Descrición das actuacións realizadas no ámbito da avaliación e control.

Relación dos recursos materiais, técnicos e humanos que resultasen necesarios para o desenvolvemento destas actuacións.

Deberanse incluír no informe de resultados as principais conclusións e recomendacións obtidas das actuacións de avaliación e control realizadas.

De acordo co previsto no artigo 2 da Resolución do 27 de abril de 2009, do Servizo Público de Empreo Estatal, pola que se publican os cuestionarios de avaliación de calidade das acción formativas para o emprego, as entidades beneficiarias colaborarán co citado organismo, entre outras actividades, na distribución e posta á disposición das persoas participantes do cuestionario de avaliación de calidade das acciones formativas.

Unha vez cuberto o cuestionario polas persoas participantes, as entidades beneficiarias procederán a súa custodia e gravación.

As entidades beneficiarias deberán destinar para a avaliación e control da calidade da formación ata un 5 % da subvención concedida, pero sen que, en ningún caso, se poidan superar os seguintes límites.

Subvencións de 50.001 a 150.000 €: ata 6.000 €.

Subvencións de 150.001 a 250.000 €: ata 8.750 €.

Subvencións de 250.001 a 500.000 €: ata 15.000 €.

Subvencións de 500.001 a 1.000.000 €: ata 25.000 €.

Subvencións de 1.000.001 a 2.500.000 €: ata 50.000 €.

Subvencións superiores a 2.500.000 €: ata 90.000 €.

Artigo 28. Rexistro dos convenios

1. As accións formativas inscribiranse, en galego, no Rexistro da Dirección Xeral de Formación e Colocación, no cal constarán as accións formativas impartidas ao abeiro de cada convenio co seu programa, a entidade beneficiaria, con especificación do número de alumnado de cada acción formativa, horas de duración, lugar de impartición e especificación, de ser o caso, das horas presenciais e en teleformación.

2. Os diplomas emitidos ao alumnado destas accións tamén serán rexistrados, e neles deberán constar os contidos establecidos no artigo 7.3 da orde.

Disposición adicional primeira

A realización das accións de formación previstas nesta orde e a conseguinte concesión de subvencións estará supeditada á existencia de crédito suficiente nos programas 12.05.323b 481.0 e 12.05.323b 471.0 que figuran nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para os anos 2012 e 2013.

Estas axudas son cofinanciables polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 80 % no programa operativo plurirrexional Adaptabilidade e emprego, número 2007ESO5UPO001, imputables o novo período de programación dos fondos estruturais 2007-2013.

Disposición adicional segunda

Poderán efectuarse resolucións complementarias no caso de que haxa incrementos das cantidades asignadas á Comunidade Autónoma que deberán provir de incorporacións, ampliacións, remanentes ou xeracións de crédito, e deberán ser obxecto de publicación no DOG. Neste caso, agás que se acuda a unha convocatoria complementaria, non poderán terse en conta outras solicitudes distintas das tidas en conta para a resolución inicial.

Disposición adicional terceira

En todo o non previsto nesta orde, será de aplicación o establecido na Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta, no Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, no que sexa de aplicación, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve, e quedan as/os beneficiarias/os das axudas reguladas nesta orde suxeitos ao réxime disciplinario previsto nas citadas disposicións.

Disposición adicional cuarta

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar na persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación para a autorización, disposición, recoñecemento de obrigas, propostas de pagamento das subvencións reguladas nesta orde e resolver os procedementos de reintegros das subvencións indebidamente percibidas polas entidades beneficiarias, respecto das resolucións concesorias, das cales deivan, ditadas por delegación da persoa titular da consellería.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta disposición.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 setembro de 2012

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III
Accións formativas priorizadas-plans de formación específicos (artigo 16.2)

Familia

Área 

Acción formativa

Código

Descrición

Código

Descrición

Código

Descrición

AFD

Actividades físicas e deportivas

P

Prevención e recuperación

MF0270_2

Prevención de accidentes en instalacións acuáticas

AFD

Actividades físicas e deportivas

P

Prevención e recuperación

MF0271_2

Rescate de accidentados en instalacións acuáticas

AFD

Actividades físicas e deportivas

P

Prevención e recuperación

MF0269_2

Natación

AFD

Actividades físicas e deportivas

P

Prevención e recuperación

MF0272_2

Primeros auxilios

AFD

Actividades físicas e deportivas

P

Prevención e recuperación

MF1082_2

Prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais

AFD

Actividades físicas e deportivas

P

Prevención e recuperación

MF1083_2

Rescate de accidentados en espazos acuáticos naturais

AFD

Actividades físicas e deportivas

P

Prevención e recuperación

MP0186

Módulo de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas

AFD

Actividades físicas e deportivas

P

Prevención e recuperación

MP0187

Módulo de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en espazos acuáticos naturais

IMA

Instalación e mantemento

R

Frío e climatización

MF0114_2

Montaxe de instalacións frigoríficas

IMA

Instalación e mantemento

R

Frío e climatización

MF0115_2

Mantemento de instalacións frigoríficas

IMA

Instalación e mantemento

R

Frío e climatización

MF1158_2

Montaxe de instalacións de climatización e ventilación-extracción

IMA

Instalación e mantemento

R

Frío e climatización

MF1159_2

Mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción

IMA

Instalación e mantemento

R

Frío e climatización

MP0091

Módulo de prácticas profesionais non laborais de montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas

IMA

Instalación e mantemento

R

Frío e climatización

MP0092

Módulo de prácticas profesionais non laborais de montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción

ELE

Electricidade e electrónica

E

Instalacións eléctricas

MF0820_2

Instalacións eléctricas en edificios de vivendas

ELE

Electricidade e electrónica

E

Instalacións eléctricas

MF0821_2

Instalacións eléctricas en edificios de oficinas, comercios e industrias

ELE

Electricidade e electrónica

E

Instalacións eléctricas

MF0822_2

Instalacións eléctricas automatizadas e instalacións de automatismos

ELE

Electricidade e electrónica

E

Instalacións eléctricas

MF0823_2

Montaxe e mantemento de redes eléctricas aéreas de baixa tensión

ELE

Electricidade e electrónica

E

Instalacións eléctricas

MF0824_2

Montaxe e mantemento de redes eléctricas subterráneas de baixa tensión

ELE

Electricidade e electrónica

E

Instalacións eléctricas

MF0825_2

Montaxe e mantemento de máquinas eléctricas

ELE

Electricidade e electrónica

E

Instalacións eléctricas

MP0183

Módulo de prácticas profesionais non laborais de montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

B

Actividades culturais e recreativas

MF1866_2

Actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

B

Actividades culturais e recreativas

MF1867_2

Procesos grupais e educativos no tempo libre infantil e xuvenil

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

B

Actividades culturais e recreativas

MF1868_2

Técnicas e recursos de animación en actividades de tempo libre

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

B

Actividades culturais e recreativas

MF1869_3

Planificación, organización, xestión e avaliación de proxectos educativos de tempo libre infantil e xuvenil

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

B

Actividades culturais e recreativas

MF1870_3

Coordinación e dinamización do equipo de monitores de tempo libre

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

B

Actividades culturais e recreativas

MP0270

Módulo de prácticas profesionais non laborais de dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

B

Actividades culturais e recreativas

MP0410

Módulo de prácticas profesionais non laborais de dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1874_3

Organización e xestión de servizos de información de interese para a xuventude

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1875_3

Organización e xestión de dinamización da información para mozos

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1023_3

Fomento e apoio asociativo

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1876_3

Organización de accións socioeducativas dirixidas a mozos no marco da educación non formal

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MP0245

Módulo de prácticas profesionais non laborais de información xuvenil

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1442_3

Programación didáctica de accións formativas para o emprego

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1443_3

Selección, elaboración, adaptación e utilización de materiais, medios e recursos didácticos en formación profesional para o emprego

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1444_3

Impartición e titorización de accións formativas para o emprego

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1445_3

Avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe en formación profesional para o emprego

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MF1446_3

Orientación laboral e promoción da calidade na formación profesional para o emprego

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

MP0353

Módulo de prácticas profesionais non laborais de docencia na formación para o emprego

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MF0249_2

Hixiene e atención sanitaria domiciliaria

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MF0250_2

Atención e apoio psicosocial domiciliario

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MF0251_2

Apoio domiciliario e alimentación familiar

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MF1016_2

Apoio na organización de intervencións no ámbito institucional

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MF1017_2

Intervención na atención hixiénico-alimentaria en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MF1018_2

Intervención na atención sociosanitaria en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MF1019_2

Apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MP0028

Módulo de prácticas profesionais non laborais de atención sociosanitaria a persoas no domicilio

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

MP0029

Módulo de prácticas profesionais non laborais de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións

AGA

Agraria

R

Forestal

MF1295_1

Operacións auxiliares no control de axentes causantes de pragas e enfermidades ás plantas forestais

AGA

Agraria

R

Forestal

MF1126_2

Tratamentos silvícolas

AGA

Agraria

R

Forestal

MF0729_3

Xestión de tratamentos silvícolas

SEA

Seguridade e medio ambiente

G

Xestión ambiental

MF0078_2

Preparación de produtos biocidas e fitosanitarios

SEA

Seguridade e medio ambiente

G

Xestión ambiental

MF0079_2

Aplicación de medios e produtos para o control de pragas

SEA

Seguridade e medio ambiente

G

Xestión ambiental

MF0075_2

Seguridade e saúde

SEA

Seguridade e medio ambiente

G

Xestión ambiental

MP0322

Módulo de prácticas profesionais non laborais de servizos para o control de pragas

SAN

Sanidade

T

Transporte sanitario

MF0069_1

Operacións de mantemento preventivo do vehículo e control da súa dotación material

SAN

Sanidade

T

Transporte sanitario

MF0070_2

Técnicas de soporte vital básico e de apoio ao soporte vital avanzado

SAN

Sanidade

T

Transporte sanitario

MF0071_2

Técnicas de inmobilización, mobilización e traslado do paciente

SAN

Sanidade

T

Transporte sanitario

MF0072_2

Técnicas de apoio psicolóxico e social en situacións de crise

SAN

Sanidade

T

Transporte sanitario

MF0360_2

Loxística sanitaria en situacións de atención a múltiples vítimas e catástrofes

SAN

Sanidade

T

Transporte sanitario

MF0361_2

Atención sanitaria inicial a múltiples vítimas

SAN

Sanidade

T

Transporte sanitario

MF0362_2

Emerxencias sanitarias e dispositivos de risco previsible

SAN

Sanidade

T

Transporte sanitario

MP0140

Módulo de prácticas profesionais non laborais de transporte sanitario

SAN

Sanidade

T

Transporte sanitario

MP0139

Módulo de prácticas profesionais non laborais de atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes

MAP

Marítimo-pesqueira

N

Pesca e navegación

MF0013_2

Montaxe de artes e aparellos de pesca

MAP

Marítimo-pesqueira

N

Pesca e navegación

MF0014_2

Mantemento de artes e aparellos

MAP

Marítimo-pesqueira

N

Pesca e navegación

MP0085

Módulo de prácticas profesionais non laborais de confección e montaxe de artes e aparellos

FME

Fabricación mecánica

C

Construcións metálicas

MF1142_2

Trazado e mecanizado de tubaxe

FME

Fabricación mecánica

C

Construcións metálicas

MF1143_2

Conformado e armado de tubaxe

FME

Fabricación mecánica

C

Construcións metálicas

MF1144_2

Montaxe de tubaxe

FME

Fabricación mecánica

C

Construcións metálicas

MP0107

Módulo de prácticas profesionais non laborais de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial

HOT

Hostalaría e turismo

R

Restauración

MF0257_1

Servizo básico de restaurante-bar

HOT

Hostalaría e turismo

R

Restauración

MF0258_1

Aprovisionamento, bebidas e comidas rápidas

HOT

Hostalaría e turismo

R

Restauración

MP0015

Módulo de prácticas profesionais non laborais de operacións básicas de restaurante e bar

ADG

Administración e xestión

D

Administración e auditoría

MF0233_2

Ofimática

Accións formativas priorizadas intersectoriais (artigo 16.1)

Familia

Área

Acción formativa

Código

Descrición

Código

Descrición

Código

Descrición

ADG

Administración e xestión

D

Administración e auditoría

1.1.1

Accións formativas relacionadas coa administración, xestión económica e de proxectos e normativa

ADG

Administración e xestión

D

Administración e auditoría

1.1.2

Accións formativas relacionadas coa dirección e os RR.HH

ADG

Administración e xestión

D

Administración e auditoría

1.1.3

Accións formativas relacionadas coa estratexia e organización empresarial

AGA

Agraria

J

Xardinaría

3.1

Accións formativas conducentes á obtención de calquera tipo de carné, habilitación ou capacitación profesional

AGA

Agraria

N

Gandeiría

3.2

Accións formativas conducentes á obtención de calquera tipo de carné, habilitación ou capacitación profesional

AGA

Agraria

R

Forestal

3.3

Accións formativas conducentes á obtención de calquera tipo de carné, habilitación ou capacitación profesional

AGA

Agraria

U

Agricultura

3.4

Accións formativas conducentes á obtención de calquera tipo de carné, habilitación ou capacitación profesional

COM

Comercio e márketing

L

Loxística comercial e distribución do transporte

6.1

Accións formativas relacionadas coa produción, loxística e distribución

COM

Comercio e márketing

M

Márketing e relacións públicas

6.2.1

Accións formativas relacionadas co márketing

COM

Comercio e márketing

M

Márketing e relacións públicas

6.2.2

Accións formativas relacionadas coa internacionalización

COM

Comercio e márketing

T

Compravenda

6.3.1

Accións formativas relacionadas coas vendas

HOT

Hostelaría e turismo

A

Aloxamento

11.1

Accións formativas relacionadas co aloxamento

HOT

Hostelaría e turismo

R

Restauración

11.3

Accións formativas relacionadas coa restauración

HOT

Hostelaría e turismo

T

Turismo

11.4

Accións formativas relacionadas co turismo

IFC

Informática e comunicacións

M

Comunicacións

13.2

Novas tecnoloxías da información e comunicación

IFC

Informática e comunicacións

T

Sistemas e telemática

13.3

Accións formativas relacionadas coa informática

MAP

Marítimo-pesqueira

N

Pesca e navegación

19.2

Accións formativas conducentes á obtención de calquera tipo de carné, habilitación ou capacitación profesional

MAP

Marítimo-pesqueira

U

Acuicultura

19.3

Accións formativas conducentes á obtención de calquera tipo de carné, habilitación ou capacitación profesional

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

E

Formación e educación

23.2

Atención á infancia

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.1

Apoio na recepción e acollida en institucións de persoas

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.2

Apoio na organización de actividades para persoas dependentes en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.3

Intervención na atención hixiénico-alimentaria en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.4

Intervención na atención socio-sanitaria en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.5

Animación social de persoas dependentes en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.6

Mantemento e mellora das actividades diarias de persoas dependentes en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.7

Técnicas de comunicación con persoas dependentes en institucións

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.8

Características e necesidades de atención hixiénico-sanitaria das persoas dependentes

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.9

Administración de alimentos e tratamentos a persoas dependentes no domicilio

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.10

Mellora das capacidades físicas e primeiros auxilios para as persoas dependentes no domicilio

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.11

Mantemento e rehabilitación psicosocial das persoas dependentes no domicilio

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.12

Apoio ás xestiónss cotiás das persoas dependentes

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.13

Interrelación, comunicación e observación coa persoa dependente e o seu contorno

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.14

Xestión, aprovisionamento e cociña na unidade familiar de persoas dependentes

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.15

Mantemento, limpeza e organización do domicilio de persoas dependentes

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

S

Asistencia social

23.3.16

Servizos a domicilio

SSC

Servizos socioculturais e á comunidade

G

Atención social

23.3.17

Axudas a persoas con dificultades de inserción

TMV

Transporte e mantemento de vehículos

I

Condución de vehículos por estrada

25.3.1

Accións formativas conducentes á obtención de calquera tipo de carné, habilitación ou capacitación profesional.

TMV

Transporte e mantemento de vehículos

I

Condución de vehículos por estrada

25.3.2

Accións formativas relacionadas coa obtención de permisos de conducción

FCO

Formación complementaria

S

Seguridade e saúde laboral

27.1

Accións formativas relacionadas coa prevención de riscos laborales, en especial se conduce á obtención de tarxetas profesionais

FCO

Formación complementaria

27.2

Accións formativas relacionadas cos idiomas

missing image file