Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39712

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (81/2012).

Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 81/12 por instancia de Ricardo da Silva Santos contra a empresa Gustamario, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ricardo da Silva Santos contra a empresa Gustamario, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Gustamario, S.L. a que aboe ao demandante 4.773,05 euros polos conceptos expostos no fundamento xurídico primeiro desta resolución.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, número 47570000 código 36 e número de expediente, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución a disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Gustamario, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizasen nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de setembro de 2012

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial