Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41587

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3079/2012).

Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3079/2012 desta sección, seguido por instancia de Enrique Bouzo Rocha contra o Fogasa, a empresa Taguive, S.L., Fibras de Madera, S.A., a Administración concursal Taguive, S.L. e Industrias de Tableros de Valga, S.A. (Intavalsa), sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos:

Rexeitar o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Enrique Bouzo Rocha contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Vigo, do 30 de xaneiro de 2012, nos autos nº 1202/2011, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do TSX de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co nº 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Fibras de Madera, S.A., actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban de revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de outubro de 2012

A secretaria xudicial