Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41739

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4544/2009-VV).

Secretaría: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 4544/2009-VV.

Materia: accidente.

Recorrente: Mª Luisa Martínez Diéguez.

Recorrido/s: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servicios Varela y Pereira, S.L., Mutua Midat Cyclops.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Ourense. Demanda 92/2009.

Nas actuacións: demanda/recurso de suplicación número 4544/09-VV a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 92/2009 do Xulgado do Social número 3 de Ourense promovidos por Mª Luisa Martínez Diéguez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servicios Varela y Pereira, S.L., Mutua Midat Cyclops, sobre accidente, con data 5 de outubro de 2012, foi ditada a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos:

Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por María Luisa Martínez Diéguez contra a sentenza ditada no 9 de xuño de 2009 polo Xulgado do Social número 3 de Ourense en autos nº 92/2009 sobre invalidez permanente seguidos á súa instancia contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutual Cyclops e a empresa Servicios Varela y Pereira S.L., resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta a nosa sentenza».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nas dependencias do xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Servicios Varela y Pereira, S.L., con último domicilio coñecido na praza Jesús Ferro Couselo, 1, piso baixo 6, Ourense, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de outubro de 2012

A secretaria xudicial