Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41741

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3242/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3242/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1133/2011 Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrente: María José Portela Casal.

Avogada: Noa Outerelo Díaz.

Procurador: José Antonio Castro Bugallo.

Recorrida: Asociación Fase de Encuentro.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3242/2012 desta sección, seguido por instancia de María José Portela Casal contra a empresa Asociación Fase de Encuentro sobre resolución de contrato, ditouse con data dezaseis de outubro do ano en curso sentenza que copiada nos particulares necesarios di así:

Decidimos: desestimamos o recurso de suplicación formulado pola letrada Noa Outerelo Díaz, en nome e representación de María José Portela Casal, contra a sentenza de data vinte e seis de xaneiro de dous mil doce, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, no procedemento número 1133/2011, seguido contra a Asociación Fase de Encuentro sobre extinción de contrato, e confirmamos integramente e en todos os seus pronunciamentos a expresada resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza, e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma á Asociación Fase de Encuentro, actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na avenida de García Barbón, 39-5º, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de outubro de 2012

O secretario xudicial