Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41743

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (1320/2008).

Francisca María Martín Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, mediante este anuncio:

Neste procedemento ordinario 1320/2008, seguido por instancia do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia fronte a Obras y Viales Salnés, S.L. ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 19 de xullo de 2012

Vistos por Cristina Delgado Moro, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo e o seu partido xudicial, estes autos de xuízo ordinario número 1320/2008 sobre protección dos dereitos fundamentais de honra e intimidade persoal, promovidos por instancia do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, representado polo procurador Sr. Álvarez Pazos e asistido pola letrada Sra. Álvarez Canella, contra a mercantil Obras y Viales Salnés, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Decido que, estimando integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Álvarez Pazos, actuando en nome e representación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, debo condenar e condeno a mercantil Obras y Viales Salnés, S.L. a pagar ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a cantidade de 131.042,50 euros máis os xuros legais da devandita cantidade desde a data da demanda, con expresa condena en custas da parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndoselles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación que se interporá ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da notificación e do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, sede en Vigo.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia acórdoo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Obras y Viales Salnés, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 3 de outubro de 2012

A secretaria xudicial