A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na Orde do 18 de xullo de 2012 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2012, estableceu as normas en que se regulaba o importe, o número e a duración das axudas e onde se definían as condicións para o libramento e a dotación orzamentaria destas axudas.
Así, no artigo 3 da dita orde dispoñíase que a duración das axudas sería dun máximo de tres anos, entre o 1 de novembro de 2012 e o 31 de novembro de 2015, e establecíase unha dotación orzamentaria en consonancia con esta disposición e coas condicións de libramento da subvención.
Debido á complexidade do proceso de baremación, non foi posible resolver a concesión das axudas nos prazos inicialmente previstos, polo que a distribución orzamentaria e os prazos de libramento das axudas non se corresponden coa realidade actual.
En consecuencia,
DISPOÑO:
Artigo 1
Modifícase o artigo 3, parágrafo primeiro, que queda como segue:
«A duración das axudas será dun máximo de tres anos, que se desenvolverá entre o 1 de decembro de 2012 e o 31 de decembro de 2015, e non poderán ser obxecto de prórroga».
Artigo 2
Modifícase o parágrafo terceiro do artigo 8, que queda da seguinte maneira:
«A data límite para a sinatura dos contratos será o 30 de decembro de 2012, agás para os cidadáns non comunitarios, que poderán asinar o contrato ata o 28 de febreiro de 2013, sen que isto supoña variación do orzamento consignado nestas axudas».
Artigo 3
Modifícase do artigo 9 no punto referente á periodización da xustificación da axuda, e queda como segue:
«Para proceder ao libramento dos fondos será preciso que a universidade correspondente remita a xustificación da axuda nos termos que a seguir se indican:
– Copia cotexada dos contratos asinados no prazo dun mes contado desde a súa sinatura.
a) Na data límite do 30 de xuño de 2013, a certificación dos gastos e pagamentos realizados, acompañada de copia cotexada dos contratos de traballo, das nóminas, dos recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos/das contratados/as, correspondentes ás mensualidades de decembro de 2012 a abril de 2013, ambos os dous meses incluídos.
b) Na data límite do 20 de decembro de 2013, a certificación dos gastos e pagamentos realizados, acompañada das nóminas, dos recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos/das contratados/as, correspondentes ás mensualidades de maio de 2013 a outubro de 2013, ambos os dous meses incluídos.
c) Na data límite do 30 de xuño de 2014, a certificación dos gastos e pagamentos realizados, acompañada das nóminas, dos recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos/das contratados/as, correspondentes ás mensualidades de novembro de 2013 a abril de 2014, ambos os dous meses incluídos.
d) Na data límite do 20 de decembro de 2014, a certificación dos gastos e pagamentos realizados, acompañada das nóminas, dos recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos/das contratados/as, correspondentes ás mensualidades de maio de 2014 a outubro de 2014, ambos os dous meses incluídos.
e) Na data límite do 30 de xuño de 2015, a certificación dos gastos e pagamentos realizados, acompañada das nóminas, dos recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos/das contratados/as, correspondentes ás mensualidades de novembro de 2014 a abril de 2015, ambos os dous meses incluídos.
f) Na data límite do 20 de decembro de 2015, a certificación dos gastos e pagamentos realizados, acompañada das nóminas, dos recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos/das contratados/as, correspondentes ás mensualidades de maio de 2015 a decembro de 2015 ambos os dous meses incluídos».
Artigo 4
Modifícase a distribución por anualidades que figura no artigo 15, de tal maneira que quede da seguinte forma:
Programa |
Modalidade |
Crédito (en euros) |
|||
2012 |
2013 |
2014 |
2015 |
||
Contratos predoutorais |
Xeral (A) |
118.750 |
1.187.500 |
1.425.000 |
1.543.750 |
Campus do Mar (B) |
17.600 |
176.000 |
211.200 |
228.800 |
|
Campus Vida (C) |
17.600 |
176.000 |
211.200 |
228.800 |
|
Total |
153. 950 |
1.539.500 |
1.847.400 |
2.001.350 |
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2012
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria