Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42140

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

CUESTIÓN de inconstitucionalidade número 3809/2012, en relación coa disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, reformada pola Lei 10/2007, do 28 de xuño, por posible vulneración do artigo 149.1.8ª da CE.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 30 de outubro actual, acordou admitir a trámite a cuestión de inconstitucionalidade número 3809/2012, promovida pola Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso de casación autonómico número 49/2011, en relación coa disposición adicional terceira de Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, reformada pola Lei 10/2007, do 28 de xuño, por posible vulneración do artigo 149.1.8ª da CE e, de conformidade co disposto no artigo 10.1.c) da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, atribuír á Sala Segunda, á cal lle correspondeu por quenda obxectiva, o coñecemento desta cuestión.

De conformidade co establecido no artigo 37.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, quen sexa parte no recurso de casación autonómico número 49/2011 poderá comparecer ante este tribunal dentro dos quince días seguintes ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado.

Madrid, 30 de outubro de 2012

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional